FIADEIRO VIRTUAL DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA EOI DE FERROL


Benvidos e benvidas a “Redes”
Co novo curso escolar comenza a andar un novo proxecto do ENDL da EOI de Ferrol. Esta nova experiencia leva o nome de “Redes”: desta volta no noso “Fiadeiro virtual” teceremos unhas redes que nos unirán directamente con Europa porque como xa quedou demostrado o galego é unha lingua sen fronteiras, por exemplo o ano pasado no proxecto “As fiadas”.
Estableceremos redes culturais, tecnolóxicas e mesmo “olímpicas”. As culturais e tecnolóxicas serán con Escocia, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa e Turquía. Así faremos a estes países, os socios do Proxecto europeo no que a Escola está participando, coñecedores da nosa cultura e da nosa lingua. A rede olímpica será coas outras EOI’s de Galicia.
Contamos coa participación de toda a comunidade educativa: contamos con todos e todas vós para establecer estas novas redes, tamén arredor nosa.
Visitade o blogue e vos manteremos informados/as.
Comentarios (0) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 16-11-2009 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Qué sabes destes países europeos?
A EOI de Ferrol participa como centro coordinador nun proxecto europeo chamado INTERCULTURAL PATCHWORK. Os países cos que traballaremos son: Escocia, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa e Turquía. Preténdese romper estereotipos e demostrar que a pesar das nosas diferenzas seguimos a ter todos os mesmos obxectivos básicos na vida.
Pero qué coñecemos destes países? Convidámosvos a que comentedes esta pregunta no blogue, a ver qué sae!
Comentarios (2) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 16-11-2009 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Proxecto linguístico de centro e fiadeiro
Preme nos arquivos para descargalos á túa computadora.

.Proxecto lingüístico de centro

.O Fiadeiro

Tamén podes ver esta presentación acerca das Fiadas

Comentarios (0) - Categoría: A COMARCA DE FERROL - Publicado o 31-03-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FIADA DE DECEMBRO: GASTRONOMÍA
Antes do Nadal celebrouse a segunda fiada adicada á gastronomía. Nesta ocasión conversamos con alumnos de galego da Universidade de París e o Instituto Cervantes desa mesma cidade. Explicáronos algúns pratos típicos que se preparan nestas datas.

Viñeron á escola tres alumnos do IES Fragas do Eume que prepararon tres pratos típicos galegos. Explicaron a todos os asistentes en qué consistían e qué levaban.
Moitas grazas aos tres por achegarvos e preparar eses pratos.

De novo, a sala de audiovisuais estaba ateigada de alumnos e profesores que se achegaron para participar nesta xuntanza e falar galego.
Comentarios (1) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 19-01-2009 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Fiada dos Xogos Populares por Miguel Justo Fernández, alumno da EOI
O pasado 25 de novembro celebramos a primeira fiada deste ano. Para iso contamos coa participación dun grupo de alumnos de galego en Heidelberg, Alemaña, con quen contactamos via videoconferencia.

Tamén participou Antón Cortizas, escritor e asesor do Cefore de Ferrol. El nos explicou algúns xogos populares, que era o tema da fiada.

Ninguén mellor que un alumno que asistiu á fiada para explicar a experiencia:

“Lembrade que a Actividade Fiadas, da que xa vos falei, é mañá ás catro na Aula de Audiovisuáis”, dixo a profe.
Días antes faláranos sobre que se ía facer unha videoconferencia coa Universidade de Heildelberg, onde participarían estudantes do idioma galego, que cursan o idioma nesa universidade. O tema desta fiada, díxonos, vai ser: Os Xogos Populares
“Pensades vir algún?"
Non levantamos a man ninguén. A maioría de nós ten pouco tempo libre, cos estudos e cos traballos, andamos moi atarefados, e non se pode un permitir unha escapada para isto, aínda que apetecería.

“De todas as maneiras, vouvos dar uns enderezos electrónicos, onde poderedes ver información para a fiada de maña”

Ó día seguinte, na miña, casa intentei entrar nos sitios web que nos facilitou, pero só conseguín entrar no último deles, que pertence a unha EOI de Salamanca. Supoño que os outros enderezos os copiei mal.
Lin un pouco sobre dous xogos, un deles sobre o Xogo das Gomas.
Ocorréuseme sobre a marcha ir á Fiada, aínda que ía chegar un pouco tarde, por non poder ir á hora de comezo.
Levaba en mente, non sei o porqué, que ía ir moi pouca xente, e sendo así, podería falar eu do Xogo das Gomas. Se houbese moita xente non participaría, sempre impón un pouco falar diante de moita xente.
Para a miña sorpresa a sala de audiovisuais estaba ateigada de xente, había aínda algunhas persoa no corredor, por non caberen dentro.
Abrinme paso como puiden, procurando non molestar moito ás persoas que estaban alí, e funme poñer nun recuncho onde había un oco. (...)
Falaba o coñecidísimo autor de libros galegos Antón Cortizas. A súa exposición do tema foi do maior interese. Entre outros xogos, comentou a billarda, os birlos, o “tirabalas”.... Na pantalla podiamos ver tres rapaces, estudantes de galego en
Heildelberg, que seguían con atención as explicacións de Antón e, de cando en cando, pedían aclaracións sobre algo que lles chamaba a atención.
(...)
Mencionou tamén que os xogos populares están a desaparecer por diversas razóns, a falta de espazos onde praticalos, a falta de tempo de lecer, e a substitución por outros trebellos que, inda que non mencionou cales, me fixo pensar nos electrónicos, videoconsolas, ordenadores, etc.
Estendeuse falando da billarda, e pediron a palabra os rapaces de Alemaña, para comentar que xa existe aló unha Selección Alemana de Billarda. Quedamos abraiados, pero axiña nos aclarou, que son eles mesmos.
Algún dos profesores da EOI de Ferrol interesouse polos motivos para estudiaren eles o galego. Un deles respondeu que aínda que seus pais son galegos, nunca lle falaron nesa lingua, e cando viña de vacacións a Galicia escoitáballo falar á súa avoa, e aos seus veciños. A súa intención é poder expresarse en galego, e a verdade é que xa o fai moi ben.
En total son cinco os estudantes de galego na Universidade de Heildelberg. Amais dos tres que participaron na videoconferencia hai, segundo nos dixeron, dúas rapazas. Unha delas, non sei se rumanesa, non lembro ben, está facendo unha tese en xaponés, que o fala con soltura, amais doutras cinco ou seis linguas que foi mencionando o que falaba, e que rematou por dicir que “fala mil idiomas”.
(...)
Díxenlles tamén, o mellor que puiden, que os retabamos, os alumnos da EOI de Ferrol, a unha partida de billarda. Non se concretou data, pero aínda estamos a tempo. Parece ser que vai haber unha excursión a Alemaña, organizada pola nosa escola, e pódese organizar o encontro.
(...)

Todas as persoas que acudimos a esta actividade saímos contentos, penso que foi unha maneira de practicar idiomas, e que tamén foi, como debe ser, divertida.

Convídovos a que asistades a todas as edicións de Fiadas, e tamén vos digo que non vos quededes calados, ¡¡Participade!!
(...)

Saúdos cordiais

Miguel Justo Fernández
Comentarios (0) - Categoría: EXPERIENCIAS DO ALUMNADO - Publicado o 15-01-2009 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AS FIADAS DO CURSO 2008/2009 E O PREMIO Á INNOVACIÓN 2008
O pasado 25 de novembro se celebrou a primeira fiada deste curso 2008/2009.
Con ela dábamos paso a unha nova etapa de fiadeiros, nas que seguiremos creando espazos para falar galego na nosa escola.

Este ano as fiadas teñen convidados moi especiais: alumnado de galego de centros de ensino fóra de España. Contactamos con eles por videoconferencia e fiamos...e fiamos moito!

A esta nova etapa dos fiadeiros foille otorgado, por segunda vez, o Premio á Innovación 2008

Así que, de novo, parabéns a toda a comunidade escolar e a todos os que estades implicados nesta experiencia, tanto os que estades preto de nós como os que estades lonxe!
Comentarios (0) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 19-12-2008 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Viaxe a Suecia de Lan, alumno de 4º de Inglés
Jose M. Couce Ruiz, alumno de 4º de inglés, fainos chegar unhas fotos e un texto acerca da Irmandade Galega de Suecia. Nunha visita ao país tivo a oportunidade de coñecer a Pepita, a nosa interlocutora na videoconferencia de xaneiro. Aí vai o que Lan nos achegou:
"A Irmandade Galega fúndase no final dos anos 90 por unha iniciativa dun grupo de estudantes galegos residentes naquel tempo en Gotemburgo. A intención era crear un centro onde puideran realizar actividades culturais e unha rede a través da cal mantiveran o contacto para, a pesares de que nun futuro estiveran distantes un dos outros, continuar na medida do posible coas actividades da asociación. Arréndase un loal no centro da cidade que nos primeiros anos funciona como sede social e cultural, nun claro intento de propagar a cultura galega en Gotemburgo. Actualmente se desenrola unha grande actividade neste local, por causa do espallamento dos seus socios polo mundo, manténdose aberto por empeño persoaldo seu presidente Manuel Quiroga, que reside actualmente na cidade. Mantense, sen embargo, a idea orixinal de contacto e propagración da cultura galega. "
Gracias, Lan!
Comentarios (0) - Categoría: EXPERIENCIAS DO ALUMNADO - Publicado o 14-05-2008 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fiadeiro de abril: A Literatura Popular. Con: Mona Imai
O 29 de abril conmemoramos o Día do Libro na Biblioteca da escola. Mona Imai, tradutora de xaponés ao galego, presentou a súa tradución do Nobel Yasunari Kawabata A Casa das Belas Adormentadas (Ed. Rinoceronte) Explicounos como se achegara ao proceso de tradución e falou dos seus próximos proxectos.
Na fiada falamos dos libros de cabeceira, das traducións ao galego e das dificultades da poboación para ler en galego. Mona Imai recomendounos Kitchen de Banana Yoshimoto, que próximamente sairá en galego traducido por ela. En canto saia, intentaremos que estea á vosa disposición na biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 29-04-2008 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fiadeiro de marzo: A Normalización da Lingua. Invitada: Beatriz Bascoy
A Galería Sargadelos acolleu o cuarto fiadeiro da EOI de Ferrol. A xuntanza tivo lugar o 31 de marzo ás 19:00, e contamos cunha fiadora especial: Beatriz Bascoy, Técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.
A Beatriz, á dirección da Galería Sargadelos de Ferrol e a todos os asistentes agradecemos a súa colaboración neste fiadeiro. E por suposto temos que agradecer especialmente a Anabel Fernández, do departamento de inglés da nosa escola, que moderara tan ben a charla.
Comentarios (0) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 04-04-2008 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fiadeiro de febreiro: A Historia da Comarca de Ferrolterra. Invitado: Guillermo Llorca
O local social do Ateneo Ferrolán aloxou o noso terceiro fiadeiro do curso. O acto tivo lugar o 27 de febreiro ás 19:30 horas. Desta volta, tivemos a sorte de escoitar a don Guillermo Llorca Freire, quen falou de antigos oficios e costumes en Ferrolterra. Ao finalizar a charla os asistentes, entre os que se atopaban moitas persoas da comunidade escolar e socios do Ateneo, tiveron a oportunidade de fiar brevemente co profesor Guillermo Llorca. Agradecemoslles a todos a súa presenza e a Mauricio Castro, profesor de portugués da nosa EOI, por moderar este encontro.
Comentarios (0) - Categoría: FIADEIROS - Publicado o 11-03-2008 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3]
A nosa tradición débese á transmisión oral; pasou de xeración en xeración a través dos vellos que nas noites de invernía llas contaban ós novos ó carón da lareira e a través das mulleres, que cando se xuntaban nas fiadas pasaban o tempo compartindo os “contos” que antes tiñan escoitado. Elas foron os fili esquecidos do noso pobo nos que nunca se pensará para o “Día das Letras Galegas”, posto que eran iletradas, pero a quen lles debemos ter recibido en herdanza aquilo que nos fai diferentes.
O meu perfil
fiadeirovirtual@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal