|
|
|
|
| Viaxe a Suecia de Lan, alumno de 4º de Inglés |
|
Jose M. Couce Ruiz, alumno de 4º de inglés, fainos chegar unhas fotos e un texto acerca da Irmandade Galega de Suecia. Nunha visita ao país tivo a oportunidade de coñecer a Pepita, a nosa interlocutora na videoconferencia de xaneiro. Aí vai o que Lan nos achegou:
"A Irmandade Galega fúndase no final dos anos 90 por unha iniciativa dun grupo de estudantes galegos residentes naquel tempo en Gotemburgo. A intención era crear un centro onde puideran realizar actividades culturais e unha rede a través da cal mantiveran o contacto para, a pesares de que nun futuro estiveran distantes un dos outros, continuar na medida do posible coas actividades da asociación. Arréndase un loal no centro da cidade que nos primeiros anos funciona como sede social e cultural, nun claro intento de propagar a cultura galega en Gotemburgo. Actualmente se desenrola unha grande actividade neste local, por causa do espallamento dos seus socios polo mundo, manténdose aberto por empeño persoaldo seu presidente Manuel Quiroga, que reside actualmente na cidade. Mantense, sen embargo, a idea orixinal de contacto e propagración da cultura galega. "
Gracias, Lan! |
|
|
|
|
| Fiadeiro de abril: A Literatura Popular. Con: Mona Imai |
|
O 29 de abril conmemoramos o Día do Libro na Biblioteca da escola. Mona Imai, tradutora de xaponés ao galego, presentou a súa tradución do Nobel Yasunari Kawabata A Casa das Belas Adormentadas (Ed. Rinoceronte) Explicounos como se achegara ao proceso de tradución e falou dos seus próximos proxectos.
Na fiada falamos dos libros de cabeceira, das traducións ao galego e das dificultades da poboación para ler en galego. Mona Imai recomendounos Kitchen de Banana Yoshimoto, que próximamente sairá en galego traducido por ela. En canto saia, intentaremos que estea á vosa disposición na biblioteca. |
|
|
|
|
| Fiadeiro de marzo: A Normalización da Lingua. Invitada: Beatriz Bascoy |
|
A Galería Sargadelos acolleu o cuarto fiadeiro da EOI de Ferrol. A xuntanza tivo lugar o 31 de marzo ás 19:00, e contamos cunha fiadora especial: Beatriz Bascoy, Técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.
A Beatriz, á dirección da Galería Sargadelos de Ferrol e a todos os asistentes agradecemos a súa colaboración neste fiadeiro. E por suposto temos que agradecer especialmente a Anabel Fernández, do departamento de inglés da nosa escola, que moderara tan ben a charla.
|
|
|
|
|
| Fiadeiro de febreiro: A Historia da Comarca de Ferrolterra. Invitado: Guillermo Llorca |
|
| O local social do Ateneo Ferrolán aloxou o noso terceiro fiadeiro do curso. O acto tivo lugar o 27 de febreiro ás 19:30 horas. Desta volta, tivemos a sorte de escoitar a don Guillermo Llorca Freire, quen falou de antigos oficios e costumes en Ferrolterra. Ao finalizar a charla os asistentes, entre os que se atopaban moitas persoas da comunidade escolar e socios do Ateneo, tiveron a oportunidade de fiar brevemente co profesor Guillermo Llorca. Agradecemoslles a todos a súa presenza e a Mauricio Castro, profesor de portugués da nosa EOI, por moderar este encontro. |
|
|
|
|
| O FIADEIRO DE XANEIRO AÍNDA DA QUE FALAR |
|
Falouse moito de Carlos Casares e a súa relación con Suecia. Para máis información, preme aquí:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Casares
Ademáis un "fiador" mencionou o relato Catro Lapis no que Casares conta unha curiosa historia relacionada con Olof Palme. Podédela atopar no recompilatorio Á Marxe 1996: Obra xornalística V que edita Galaxia, na páxina 47. |
|
|
|
|
| Fiadeiro de xaneiro: A Emigración. Videoconferencia con Suecia |
|
O 29 de xaneiro celebramos o segundo fiadeiro coa temática da emigración. Tivemos a sorte de poder contactar, mediante videoconferencia, con Pepita, unha galega residente en Suecia.
O alumnado e profesorado da escola que acudiron ao fiadeiro tiveron a oportunidade de escoitar as experiencias da nosa amiga en Suecia e tamén de facerlle preguntas. Puidemos comprobar que o galego de Pepita é excelente, manéxase na nosa lingua cunha fluidez envidiable. E aínda conserva o acento!
Para o fiadeiro posterior quedamos moitos dos que disfrutaron da videoconferencia. María José, a nosa Vice, moderouno estupendamente. Grazas a todas e a todos por achegar as vosas voces ao fiadeiro da escola! |
|
|
|
|
| Fiadeiro de novembro: A Emigración. |
|
O 29 de novembro de 2007 ás 18:00 horas xuntámonos na biblioteca da escola para falarmos da emigración. Asistimos rupo de 23 persoas. O obxectivo de reunirnos persoal non docente, profesorado e alumnado para falar en galego foi cumprido.
Grazas ao excelente labor da moderadora, a profesora de italiano María Rodríguez, todos os participantes tiveron a oportunidade de expresarse no fiadeiro. Con todo, os 50 minutos que durou o fiadeiro souberon a pouco para moitos de nós, e . posiblemente fará falla media hora máis para o debate.
O tema da emigración, impulsado nos dous últimos anos polo proxecto europeo Opening Doors da nosa escola aínda da moito que fiar. Seguiremos con el en xaneiro, cando tamén faremos unha videoconferencia con Suecia, de novo grazas a colaboración de Anabel Fernández e Marta Ferreiro, coordinadoras do proxecto.
|
|
|
|
|
| PREMIO Á INNOVACIÓN LINGÜÍSTICA |
|
| Parabéns á toda comunidade escolar da EOI de Ferrol polo Premio a Proxectos en Innovación Lingüística! |
|
|
|
|
| PALABRAS REFERIDAS Á XENTE |
|
Pensando nas palabras que usamos no Val de Lemos para referirse á xente, lembro estas:
preguiceiro e nugallán
miñaxoia
fervelleafaba (cú de mal asento)
zalapastras
usádelas tamén por Ferrol?
|
|
|
|
|
| A lenda de Chamorro |
|
A capela da Virxe de Chamorro, tamén coñecida como Nosa Señora de Nordés, está situada nun outeiro, aos seus pés está o val de Serantes e desde ese lugar vése unha fermosa paisaxe, unha ampla ollada á cidade de Ferrol e da ría.
Conta a lenda que o topónimo Chamorro provén das palabras “Xa morro”, pronunciadas por un pescador que estaba a piques de morrer e foi salvado pola Virxe.
Rosa Martínez Dios (3º de galego)
|
|
|
|
|
|
|
|