|
|
|
|
|
|
|
| Alternavigo 09 |
|
Bueno festeri@s, aqui queda unha boa pocion para os mais rockerillos que non acudan a expedición o Descenso do Sella a Asturias, sobre todo po 8 de agosto, inda que xa temos as festas de Caroi e de Covelo para esa data, cuestión de gustos e de economía xa que a entrada pa un só día serian 35 EURAZOS e se só vas por un grupo, vaite pa festa e dalle vida o pobo, como diria o alcalde de Ortigueira
PREZOS:
· Ata o 15/07:
Entrada 1 día: 20€ (+gastos xestión)
Abono 2 días: 30€(+gastos xestión)
· Dende o 16/07 al 01/08:Entrada 1 día: 25€(+gastos xestión)
Abono 2 días: 35€(+gastos xestión)
· Dende o 02/08 al 06/08:
Entrada 1 día: 30€(+gastos xestión)
Abono 2 días: 45€(+gastos xestión)
· En Taquilla os días do festival:
Entrada 1 día: 35 €
Abono 2 días: 60 €
+ INFO NA WEB |
|
|
|
|
| FestiXeve 09 |
|
Outro dos poucos festivais deste tipo que nos quedan preto, unha boa opción para ese fin de sema, pa repetila festa coa Tuna Rastafari |
|
|
|
|
| Camisolas |
|
O cupo mínimo de 20 camisolas esta cuberto e o prazo acaba o día 15 deste mes (maña, se les esto o martes)
A comisión ven de decidir amplialo prazo da encarga das camisolas ata o vindeiro domingo día 19, aproveitando a expedición á Santa Mariña e dando a aportunidade a tod@s aquel@s que non tiveron ocasión de ver a comisión ou que se "demoraron(isto vai con retranca) na encarga.
Pasada esta data a comisión non recollera ninghun encargo mais, inda que non se realizara a encarga das camisolas, e non se teran en conta relacións de amizade, parentesco etc, do mesmo xeito que non se pediran os cartos, nin andarase tras ninguen
E ESPABILADE OSTIA, QUE XA ESTAMOS ATA OS COLLÓNS !!!!! |
|
|
|
|
| Cultura Quente 2009 |
|
Outra tempada máis e outro Cultura Quente na Carballeira de Caldas de Reis, unha boa opción, para todos aqueles que non acudan o festival de Ortigueira, entre outras.
+INFO NA WEB |
|
|
|
|
| Ortigueira 2009 |
|
Aquí vos queda o programa do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, e haber se este ano recibimos fotos dalgún festeir@ que acuda a cita.
Sorte e que Deus vos pille confesados
Xoves 9 de xullo
Praza de Isabel II - ás 20 horas
Sesión inaugural. Intervirán a Escola de Gaitas de Ortigueira, o gaiteiro Pablo Devigo, a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol e a escocesa Johnstone Pipe Band.
Escenario Estrella Galicia
Proxecto Runas'09
Pablo Seoane Grupo
Tiruleque
Qui Hi Ha?
Venres 10 de xullo
Praza de Isabel II - ás 20 horas
Fred Morrison
Escenario Estrella Galicia
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
Susana Seivane (Galicia)
Michael McGoldrick band (Irlanda)
Judith (Castela A Mancha)
E tamén...
Rúas de Ortigueira - a partir das 11.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas Tarabelos
Rúas da vila e Praza de Isabel II - a partir das 13.00 horas
Desfile e miniconcerto da Johnstone Pipe Band
Rúas de Ortigueira - a partir das 17.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas Tarabelos
Rúas de Ortigueira e Praza de Isabel II - a partir das 18.30 horas
Desfile da Banda de gaitas da Casa de Galicia de L'Hospitalet
Sábado 11 de xullo
Escenario Estrella Galicia
Banda de gaitas Casa de Galicia de L'Hospitalet
Xosé Manuel Budiño (Galicia)
La Bottine Souriante (Quebec)
Wolfstone (Escocia)
Korrontzi (Euskadi)
E tamén...
Rúas de Ortigueira - a partir das 11.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas San Xiao do Trebo e Os Estoupa caldeiros
Rúas da vila e Praza de Isabel II - a partir das 13.00 horas
Desfile e miniconcerto de La Reina del Truébano
Rúas de Ortigueira - a partir das 17.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas San Xiao do Trebo e Os Estoupa caldeiros
Teatro de Beneficencia - ás 16.00 horas
Programa en directo Lume na Palleira da Radio Galega
Rúas de Ortigueira e Campo de San Roque - a partir das 19.30 horas
Desfile da Banda Xarabal e a Johnstone Pipe Band, que actuarán co Grupo Dorna Tradicional de baile
Domingo 12 de xullo
Porto deportivo e principais rúas de Ortigueira - a partir das 12.00 horas
Desfile de Bandas
Escola de Gaitas de Ortigueira
Johnston Pipe Band(Escocia)
Banda de gaitas La Reina del Truébano (Asturias)
Banda de gaitas da Casa de Galicia de L'Hospitalet
Banda de Gaitas Xarabal (Pontevedra)
Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense
Banda de gaitas de Ladrido (Ortigueira)
Escenario Estrella Galicia
Banda de gaitas Xarabal + Johnstone Pipe Band
Battlefield band (Escocia)
Arán (Galicia)
Sog (León)
E tamén...
Teatro de Beneficencia - ás 15.00 horas
Programa en directo Lume na Palleira da Radio Galega
Propostas diarias
Paseo marítimo - mañás, tardes e noites
Feira de artesanía
Rúas de Ortigueira- mañás, tardes e noites
Actuacións de artistas de rúa
Exposicións
Claustro do Concello - mañás e tardes
Exposición fotográfica "30 anos de Festival"
Obradoiros
IES de Ortigueira - xoves ás 18.00 horas, venres e sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 horas
Obradoiro de fabricación de palletas, con Javier Pena Louzao (Bossa)
IES de Ortigueira - venres e sábado de 10.00 a 13.30 e de 16 a 18.30 horas
Curso avanzado de interpretación de gaita, con Pablo Devigo
IES de Ortigueira - venres e sábado de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.00 horas
Obradoiro de baile (iniciación) coa Asociación Gamelas e Anduriñas
IES de Ortigueira - venres e sábado de 17.00 a 18.30 horas
Obradoiro de baile (perfeccionamento) coa Asociación Gamelas e Anduriñas
IES de Ortigueira - sábado e domingo de 17.00 a 18.30 horas
Obradoiro de canto e pandeireta (iniciación), con Mercedes Peón
IES de Ortigueira - sábado e domingo de 18.30 a 20.00 horas
Obradoiro de canto e pandeireta (perfeccionamento), con Mercedes Peón
+INFO NA WEB |
|
|
|
|
| As cousas claras |
|
Ante a pasividade e pasotismo dos festeir@s a comisión establece como prazo máximo o vindeiro día 15 deste mes para aboar o prezo das camisolas.
Chegada esa data e sempre que se superen as 20 unidades procederase a súa encarga e non se aceptaran novas encargas, de non chegares as 20 camisolas suspenderanse a súa produción
Aquela persoa que non encargue a camisola no prazo indicado, terá que facelo pola súa conta (encargo e recollida) co conseguinte incremento no prezo final.
(Nisto imos ser moi tallantes)
Vémonos obrigados a tomar esta decisión xa que baixo o noso punto de vista a comisión pono o mais fácil posible, investindo tempo e esforzos (non é broma) pero non imos estar rogando os cartos nin agardando pola xente.
A Comisión
(un pouco farta) |
|
|
|
|
|
|