OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Si colaboramos, funciona

A semana pasada fixemos un xogo que consistía en facer unha tea de araña entre todos os/as nenos/as. Cando o fío chegaba as nosas mans, tiñamos que presentarnos e dicir que é o que máis nos gusta. Sen soltar o fío, pasámosllo a outro/a compañeiro/a. Se todos/as colaboramos e non soltamos o fío de lá, a tea queda construída e sostense. O xogo saíu xenial e todos/as aportamos o noso gran. Seguide así Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comenzamos cas regletas
Xa na primera semana de curso, comenzamos a traballar cas regletas. Para algúns nenos/as é algo familiar co que se ve traballaron en infantil.
Comenzamos cas escaleiras ascendentes e descendentes e debuxandoas na libreta cuadriculada, polo que aproveitamos para traballar a estruturación espacial tamén. Aí quedan un par de fotos.
Seguiremos a traballar con este material tan útil.
Un saúdo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2016 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comenzamos unha nova etapa. Benvidos/as nen@s de primeiro.
Hoxe foi o primeiro día de cole para todos/as, pero para algúns foi o primeiro día nun cole novo, nunha etapa nova e con compañeros/as e mestres novos/as.
Seguro que os papás e as mamás vos preguntaredes que fixeron os/as vosos/as fillos/as neste día. Pois cantamos unha canción para coñecernos, fixemos os carnet de encargados, contamos un conto e fixemos un debuxo, ordenamos o material e libros, e o mellor de todo... tivemos unha hora enteira de recreo.
Ata mañá Ferriños
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2016 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal