OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

árbore, arbusto, herba
Na última unidade de Ciencias da Natureza, estivemos a estudiar as plantas. Un dos primeiros contidos foi aprender a diferenciar entre árbore, arbusto e herba, e que mellor maneira que ollandoas na nosa contorna.
Despois de explicar as diferenzas en clase, saímos ao patio e por equipos identificámolas, atando un lazo dunha determinada cor segundo o tipo de planta que fose.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2017 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso: crea o teu/túa superheróe/superheroína
Polo Entroido, ademáis dos disfraces elaborados pola temática do mar, houbo unhas mandas durante a semana que ían encamiñadas a imaxinar e elaborar o superheroe ou superheroina que cada quen quixera, aquel que levamos dentro, escollendo os poderes e indumentaria que cada neno/a tivera na mente.
Posteriormente, premiouse un/unha por aula. En 1º gañou Xana, ca súa personaxe de superheroina chamada Xanet, que tiña o poder de cambiar de cor.
Noraboa Xana.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2017 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
tipos de palabras
En lingua estamos comprobando que hai diferentes tipos de palabras, pero esto é algo abstracto para nenos/as desta idade, así que nesta ocasión valémonos dos pictogramas para formar oracións e comprobar a súa orde da oración e concordancia entre elas. Comprobamos hai palabras que representan accións (verbos), outras que nomean animais, persoas, lugares ou cousas (nomes), etc.
Ao mesmo tempo dámonos conta de separar as palabras correctamente, xa que cada pictograma é unha palabra.
Como podedes ver na fotografía, cada tipo de palabra ten unha cor diferente, o que lles vai a axudar a asimilar todo esto do que falamos.
Todas estas oracións as copiamos no noso caderno de dobre pauta e logo traballaremos con elas e construiremos outras novas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2017 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Propiedade conmutativa da suma

Cada día estamos a aprender máis cousas, pero realmente moitas delas, xa as sabiamos, solo que non nos déramos conta, so nos faltaba caer na conta (nunca mellor dito)e poñerlle unha palabriña a iso.
Cas regletas e coas fichas do dominó, démonos conta que 3+2 é igual que 2+3, so lle temos que dar a volta á ficha ou cambiar a orde na que poñemos as pezas das regletas, o resultado é o mesmo. A isto chámaselle "propiedade conmutativa da suma".
Alaaaaa!! que fácil!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2017 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Pai
Este ano fixémoslle en plástica, coa profe Teté e con Anna, este agasallo para agradecerlle aos nosos papás todo o que fan por nós.
PEIXIÑOS DE CORES.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2017 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal