OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

o quilo e o litro

En mates seguimos a traballar cas unidades de medida universais. Esta vez tocoulle ao quilogramo e gramo que miden o peso das cousas e para comprobalo pesámonos todos/as os nenos/as da clase.
Pero máis divertido foi cando chegou o turno do litro. Levamos a aula botellas de medio litro, de 1 litro, de litro e medio e de 5 litros e fomos comprobando por equipos cantas botellas de medio litro fixeron falta para encher unha de 1 litro e cantas para unha de litro e medio. Cantas botellas de litro para encher unha de 5 litros e cantas de litro e medio.
Mollamos as mesas un pouco, pero pasámolo xenial.E hasta fixemos a conversión a mililitros de todas as diferentes botellas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2016 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal