OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os Roedores
O pasado día 8 fomos ao Auditorio de Valga a ver unha obra de teatro titulada "Os Roedores" que ía dun hamster que escapaba da súa xaula para ver o mundo. Atopouse cunha rata que se chamaba Munda que lle ensinou os peligros da rúa e...
Posteriormente limos o conto, fixemos debuxos e comentamos a obra.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2017 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
cumples de marzo

Neste mes de marzo houbo 4 cumples. Como non puiden acceder ao blog antes, poño os 4 cumples do mes xuntos. Parabéns aos catro ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2017 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO
Despois duns pequenos problemas co acceso ao blog, por fin podo volver colgar novas das actividades, tarefas, festivais,... que estamos a facer. Tócalle xa o turno ao Entroido.
Neste curso a temática escollida foi "O Mar". Ademáis da elaboración dos disfraces, houbo ensaios cos bailes, creación dunha canción e baile por parte do mestre de música e os maniquís, que podedes ver na páxina do cole e dos que deixo enlace para que poidades ver.
Os/as nenos/as de 1º fomos disfrazados de buzos, 2º de cabaliños de mar, 3º de peixes, 4º de náufragos, 5º de piratas e 6º de peixeiros e peixeiras.
Os bailes estiveron xenial, a pesar de que os peques tiveron a inconvinte de que o disfraz se desmontou case todo, e aínda así fixérono moi ben.
Un saúdo Ferriños.
video maniquí o mar
video maniquí superheroe
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2017 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal