OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unidades e decenas
Comenzamos a traballar e representar os números entre o 10 e o 20. Para elo hai que entender o concepto de decena e por iso estamos a traballar co ábaco e unidades e decenas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-12-2016 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrimos os alimentos
Nesta unidade de Ciencias da Natureza, estamos descubrindo os alimentos e a importancia dunha dieta equilibrada. Entre outras actividades, recortamos alimentos de folletos publicitarios dos supermercados e clasificámolos segundo fosen de orixe vexetal, animal e mineral.
Tamén fixemos a roda dos alimentos para comprobar os grupos alimenticios e a cantidade que hai que comer de cada un.
Está pendente facer unha pirámide alimenticia e un menú saudable. Seguimos traballando.
Un saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2016 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal
Onte fixemos a postal para desexarlles as nosas familias unhas Felices Festas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
O corpo humano
Na primeira unidade didáctica de Ciencias Naturais estivemos vendo o corpo humano, principalmente, os sentidos e órganos relacionados, as articulacións, partes principais do corpo, funcións vitais, diferenzas entre nenos e nenas, partes da cara, sentimentos,... Para elo, ademáis das actividades do libro de texto fixemos outras para por en práctica e coñecer mellor o noso corpo. Para o sentido do gusto, probamos diferentes sabores: sal, azucre, cacao, café,... Fixémolo cos ollos pechados para concentrarnos máis neles. Tamén tivemos que atopar un obxecto que emitía son, previamente agochado, para localizar a fonte sonora. Metendo a man nunha bolsa opaca, tivemos que tocar diferentes obxectos e adiviñar que eran para sen chegar a velos e describir como eran: suaves, ásperos, groso, delgado, duro, flexible,...
Tamén observamos un esquelete de tamaño real para ver como son os ósos, sobre todo, nas articulacións.
Outra actividade foi a de montar este boneco artellado, o cal foi máis complicado do que nun principio parecía.
Tamén ollamos un vídeo da serie Érase una vez la vida.
Aprendemos un montón.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2016 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns a Alma

Hoxe, a peque da clase, cumpríu 6 anos. Ao igual que no aniversario de Johana, fixemos unhas rimas adicadas a Alma para adicarllas especialmente a ela nunha postal na que todos firmamos e decoramos.
Que teñas un bo día Alma.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2016 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
premios do venres
Como xa saberedes, os venres é o día no que toca premio. Ben pode ser, ver unha peli, sair ao patio a xogo libre, xogar na aula, etc. Nesta ocasión estivemos xogando a oca. Así ao tempo que xogan, socialízanse, acostúmbranse a respectar normas de xogo, contar, expresarse,...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2016 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Estupendas aportacións
Nesta ocasión foi unha mamá dunha alumna da clase a que fixo unha aportación que me pareceu moi interesante.
Xana ensinounos o reloxo de area que a súa mamá lle mercou, o cal lle marca o tempo para realizar unha tarefa.
Moitas veces ocorre, que os/as papás/mamás nos desconcertamos co tempo que botan os/as nosos/as fillos/as en facer unha tarefa calquera como pode ser vestirse, lavar os dentes, facer tarefas do cole, etc. Eles, os/as peques, non teñen unha percepción do tempo como a nosa e non se decatan do que poden estar a tardar en realizar algo, e de momento tampouco manexan as horas nun reloxo, así que esta mamá optou por mercarlle un pequeno reloxo de area. Ten de tempo para facer esa actividade o tempo que tarda en baixar a area. Así o/a neno/a saberá cando a ten que rematar ou si se está entretendo e non rematou aquelo que tiña que facer. Podemos incentivalos dándolle un reforzo que o faga sentir ben, recoñecendo que foi capaz de facelo. Seguro que se sentirá maior, responsable e capaz.
Un saúdo e grazas por estas aportacións.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2016 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal