OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Inauguración da biblioteca.

Co gallo do Día das Bibliotecas, que foi pasado 26 de outubro, inauguramos a biblioteca do cole, pero como esa semana non puidemos facelo xa que tivemos o festival do Magosto e Samaín,celebrámolo o venres 6 de novembro.
Os nenos/as de 3º tiñan preparada unha obra de teatro: Cincenta. Estivo moi ben, e preparárona eles solos.
Logo houbo entrega dos carnets da biblioteca aos novos lectores do cole: os/as nenos/as de primeiro. Para os de terceiro, entregáronselle os pasaportes da biblioteca, nos que poderán ir rexistrando os libros lidos e hasta adxudicarlles unha puntuación.
Tamén se repartiron as mochilas viaxeiras e os libros electrónicos.
E para rematar entregáronse os diplomas do Torneo de Xadrez do curso pasado.
Poderedes ver fotos de todo na fotoblogoteca.
Un saúdo dos ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2015 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal