OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bingo das sumas.
Aquí vai unha actividade que gustou moito aos nenos e nenas e que podedes facer en casa para practicar as sumas dun xeito máis divertido. So fan falta un par de dados e un folio no que podedes trazar unha cuadrícula como a que vedes na foto. O xogo consiste en encher todas as celdas. Tíranse 2 dados, súmase e cúbrese na celda correspondente. Por exemplo, si lle sae un 2 máis un 3, teñen que cubrir unha celda na columna do 5, coa fórmula 2+3.
Pois xa sabedes, a pasalo ben.
Un saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2017 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rematamos a calendario.
Unha vez rematados todos os meses, encadernámolos e logo pegamos as nosas fotos nas datas dos nosos aniversarios. Fixámonos en que día da semana caían e fomos repasando o máis significativo de cada mes, como o Nadal en decembro, que en setembro comeza o curso escolar e en xuño remata e comeza o verán, etc.
Ademáis noutro calendario tamaño A3, con todos os meses á vista, coloreámolos en función da estación á que pertenzan.
Velaí tendes unha mostrar de como foi quedando.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2017 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns Xiana

Hoxe celebramos o aniversario de Xiana, aínda que nos quedou pendiente facer as rimas e a tarxeta, pero o luns non falla. Moitos bicos Xiana.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2017 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
NADAL
O pasado martes, 20 de decembro, tivemos a entrega de diplomas ás mellores postais de Nadal, así como do concurso de carteis dos baños. Da nosa clase houbo 3 gañadores: Xiana, María e Ángel. Tamén houbo algunhas actuacións e logo como premio final, tivemos tempo libre para xogar no patio. Pasámolo moi ben.
Ese día, houbo unha sorpresa engadida. O carteiro de Valga, tróuxonos en persoa, unha carta das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, na que dicía que ao día seguinte ían estar no Auditorio e alí poderiamos entregarlles as nosas cartas, e así foi.
Ao día seguinte fomos ao Auditorio a ver o grupo de música infantil Migallas. Estivo moi, moi ben. Cantámonos e rímonos moito.
Ao rematar merendamos mazás e logo viñeron os Reis Magos e déronnos caramelos. Antes puidemos deixar no buzón Real, as nosas cartas.
De volta xa no cole, recollemos as notas e por fin... vacacións de Nadal.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2017 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Compartimos os xoguetes que os Reis Magos nos trouxeron.
Mañá venres, día 13 de xaneiro, os/as nenos/as poderán traer un xoguete dos que os Reis Magos ou Papá Noel lles regalasen neste Nadal. Xogarán con eles a última hora. Non poderán traer consolas, tablet, móbiles ou xoguetes electrónicos de este tipo. Tampouco poden ser xoguetes de exterior ou aire libre tipo bicicleta, patíns, patinetes, balóns, etc. Xa falamos hoxe en clase que teñen que ser coidadosos e respectuosos cos xoguetes dos compañeiros/as, pero lembrádello vos na casa, xa que son xoguetes novos aos que, de momento, aínda lle teñen moito cariño.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-01-2017 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal