OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comenzamos unha nova etapa. Benvidos/as nen@s de primeiro.
Hoxe foi o primeiro día de cole para todos/as, pero para algúns foi o primeiro día nun cole novo, nunha etapa nova e con compañeros/as e mestres novos/as.
Seguro que os papás e as mamás vos preguntaredes que fixeron os/as vosos/as fillos/as neste día. Pois cantamos unha canción para coñecernos, fixemos os carnet de encargados, contamos un conto e fixemos un debuxo, ordenamos o material e libros, e o mellor de todo... tivemos unha hora enteira de recreo.
Ata mañá Ferriños
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-09-2016 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
o quilo e o litro

En mates seguimos a traballar cas unidades de medida universais. Esta vez tocoulle ao quilogramo e gramo que miden o peso das cousas e para comprobalo pesámonos todos/as os nenos/as da clase.
Pero máis divertido foi cando chegou o turno do litro. Levamos a aula botellas de medio litro, de 1 litro, de litro e medio e de 5 litros e fomos comprobando por equipos cantas botellas de medio litro fixeron falta para encher unha de 1 litro e cantas para unha de litro e medio. Cantas botellas de litro para encher unha de 5 litros e cantas de litro e medio.
Mollamos as mesas un pouco, pero pasámolo xenial.E hasta fixemos a conversión a mililitros de todas as diferentes botellas.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2016 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Nesta Pascua non te aburras, aquí tes un bo libro
Azul é unha formiga de cor azul, pero como as formigas ven en blanco e negro, non sabía que era azul. Un día ao saír do formigueiro....
Se preferides están as coleccións que tamén funcionan moito como:
-Brujita Witchy Witch. Editorial Bruño.
-Pablo Diablo. Barco de vapor. Colección azul.
-El Capitán Calzoncillos.
Ou si vos atrevedes hai coleccións con máis letra, pero moi interesantes tamén.
-Gerónimo Stilton.
-Ágata Mistery.
-Makia Vela.
-Kika Superbruja.
-La cocina de los monstruos.
Web na que podedes ver crítica e vídeo sobre Azul
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2016 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Lecturas recomendadas para este Nadal
Boas Ferrinos!
Que tal este comenzo de vacacións? Para que non vos aburrades, ou para darlle unha idea a Papá Noel dun bo agasallo, aquí vos deixo as portadas duns libros que vos poden gustar.
Un bicazo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-12-2015 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
A mochila viaxeira ataca de novo en 2º
Ao igual que pasado curso, estamos a levar xa a Mochila Viaxeira que se repartiron na inauguración da biblioteca do cole. Como era de esperar, aos ferriños estaos motivando moito o contido da mochila e esto é o que están aportando á escola desde as casas.
Mateo fixo un precioso peixe de madeira no que podemos colgar as chaves para non perdelas.
Olladeas ben, os preciosas e moi elaboradas.
Na fotoblogoteca, en mochila viaxeira, tendes máis fotografías.
Un saúdo e moitas grazas as familias pola vosa colaboración.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-12-2015 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da biblioteca.

Co gallo do Día das Bibliotecas, que foi pasado 26 de outubro, inauguramos a biblioteca do cole, pero como esa semana non puidemos facelo xa que tivemos o festival do Magosto e Samaín,celebrámolo o venres 6 de novembro.
Os nenos/as de 3º tiñan preparada unha obra de teatro: Cincenta. Estivo moi ben, e preparárona eles solos.
Logo houbo entrega dos carnets da biblioteca aos novos lectores do cole: os/as nenos/as de primeiro. Para os de terceiro, entregáronselle os pasaportes da biblioteca, nos que poderán ir rexistrando os libros lidos e hasta adxudicarlles unha puntuación.
Tamén se repartiron as mochilas viaxeiras e os libros electrónicos.
E para rematar entregáronse os diplomas do Torneo de Xadrez do curso pasado.
Poderedes ver fotos de todo na fotoblogoteca.
Un saúdo dos ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2015 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Siempre hay una primera vez, ¿pero cuándo?
Este é o título dun artigo da Voz de Galicia sobre a idade a que poden quedar os nenos solos en casa, vestirse solos, facer a cama, ter o primer mobil,...
Deixo enlace de dito artigo.
Enlace artigo Voz de Galicia
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2015 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
lecturas recomendadas
Aquí vos vai unhas recomendacións de contos que de seguro lles gustará os/as pequenos/as:
Corre corre, cabaciña. OQO
Lobo feroz. OQO
Paco papán. OQO
Cocorico. OQO
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Kalandraka.
O coelliño branco. Kalandraka.
A cebra Camila. Kalandraka.
Chocolata. OQO

Déixovos abaixo tres enlaces de cancións sobre os tres primeiros contos, preciosas e animadas todas.
A ler ferriños.
Lobo feroz
Corre corre, cabaciña
Paco papán
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2015 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal