OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Seguimos a traballar a numeración cas regletas e dominó
Como podedes ver, seguimos a traballar os números, a súa composición, descomposición e sumas, coa axuda das regletas e dominó. Tendes máis fotos na fotoblogoteca para que vos fagades unha idea. Un saúdo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2016 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguramos a biblioteca
Con motivo do Día das Bibliotecas, hoxe inauguramos a biblioteca do cole, aínda que en realidade, xa se estaba a utilizar. Pero celebramos igualmente esta inauguración e entregouselles os carnet de biblioteca aos novos/as alumnos/as do centro.
Tamén vimos un curto moi bonito e repartíronse as mochilas viaxeiras e libros electrónicos.
Un saúdo e o pasedes moi ben ollando o contido destas mochilas.
Deixo enlace ao video para que o poidades ollar nas casas cas/os vosas/os fillas/os.
Máis fotos na fotoblogoteca.
video animación á lectura
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2016 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Dados e dominó ensinannos a sumar
Como vedes, cas pezas do dominó e cos dados facemos sumas e buscamos os amigos dos números. Como vedes na foto, os amigos do 3 son o 2 + o 1.
Podedes probar na casa a xogar ao parchís ou a oca,que tamén lles axudará co cálculo mental.
Un saúdo Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2016 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
5 consellos de disciplina positiva.
Deixo enlace dun artigo interesante. Un saúdo.
Enlace. 5 consellos de disciplina positiva
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2016 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Calendario curso 2016/17
Esta nova tarefa que estamos a facer consiste na elaboración do noso propio calendario do curso actual. De momento so fixemos o mes de outubro, pero xa están a aprender os días da semana, dentro destes cales forman a fin de semana. Diferenciar entre día, semana, mes e ano e a duración dos mesmos. Así mesmo estamos vendo a estación do outono e seguiremos vendo o resto das estacións e os meses que corresponden a cada unha.
Sempre atentos a novas inquedanzas que poidan xurdir e que motive a aprendizaxe de novos conceptos.
Iremos colgando na fotoblogoteca máis fotos desta actividade.
Bicos Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-10-2016 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
A maleta
Mediante esta actividade preténdese que os/as nenos/as se coñezan e den a coñecer aquelo que lles gusta, os seus intereses e incluso algo da súa vida, familia e experiencias.
Trátase de que os cativos traian a aula un obxecto que sexa significativo para eles i expliquen que é e por que escolleu traelo.
A actividade está a funcionar moi ben e hasta estamos aprendendo moito sobre xeografía, xa que están chegando obxecto de diferentes países que estamos a localizar no mapa. Seguro que xurdirán cousas novas que aprender. Iremos colgando máis fotos na fotoblogoteca na carpeta A Maleta.
Un saúdo Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-10-2016 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Aprendemos as letras con xogos de toda a vida
Seguro que moit@s papás e mamás destes Ferriños xogaron de rapaces a este xogo, o tutti frutti. Escribe un animal, prenda de vestir, comida... Que empece pola letra... Pois a este xogo, estamos a xogar algunhas veces e así, xogando, imos identificando os sons das letras nas palabras. Gustoulles, pásano ben e aprenden.
Un saúdo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2016 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Que tarefas do fogar pode facer un neno segundo a súa idade
Deixo enlace a un artigo que me pareceu interesante. Un saúdo.
Enlace ao artigo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2016 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Si colaboramos, funciona

A semana pasada fixemos un xogo que consistía en facer unha tea de araña entre todos os/as nenos/as. Cando o fío chegaba as nosas mans, tiñamos que presentarnos e dicir que é o que máis nos gusta. Sen soltar o fío, pasámosllo a outro/a compañeiro/a. Se todos/as colaboramos e non soltamos o fío de lá, a tea queda construída e sostense. O xogo saíu xenial e todos/as aportamos o noso gran. Seguide así Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comenzamos cas regletas
Xa na primera semana de curso, comenzamos a traballar cas regletas. Para algúns nenos/as é algo familiar co que se ve traballaron en infantil.
Comenzamos cas escaleiras ascendentes e descendentes e debuxandoas na libreta cuadriculada, polo que aproveitamos para traballar a estruturación espacial tamén. Aí quedan un par de fotos.
Seguiremos a traballar con este material tan útil.
Un saúdo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-09-2016 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal