OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bo Nadal
Onte fixemos a postal para desexarlles as nosas familias unhas Felices Festas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
O corpo humano
Na primeira unidade didáctica de Ciencias Naturais estivemos vendo o corpo humano, principalmente, os sentidos e órganos relacionados, as articulacións, partes principais do corpo, funcións vitais, diferenzas entre nenos e nenas, partes da cara, sentimentos,... Para elo, ademáis das actividades do libro de texto fixemos outras para por en práctica e coñecer mellor o noso corpo. Para o sentido do gusto, probamos diferentes sabores: sal, azucre, cacao, café,... Fixémolo cos ollos pechados para concentrarnos máis neles. Tamén tivemos que atopar un obxecto que emitía son, previamente agochado, para localizar a fonte sonora. Metendo a man nunha bolsa opaca, tivemos que tocar diferentes obxectos e adiviñar que eran para sen chegar a velos e describir como eran: suaves, ásperos, groso, delgado, duro, flexible,...
Tamén observamos un esquelete de tamaño real para ver como son os ósos, sobre todo, nas articulacións.
Outra actividade foi a de montar este boneco artellado, o cal foi máis complicado do que nun principio parecía.
Tamén ollamos un vídeo da serie Érase una vez la vida.
Aprendemos un montón.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2016 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns a Alma

Hoxe, a peque da clase, cumpríu 6 anos. Ao igual que no aniversario de Johana, fixemos unhas rimas adicadas a Alma para adicarllas especialmente a ela nunha postal na que todos firmamos e decoramos.
Que teñas un bo día Alma.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2016 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
premios do venres
Como xa saberedes, os venres é o día no que toca premio. Ben pode ser, ver unha peli, sair ao patio a xogo libre, xogar na aula, etc. Nesta ocasión estivemos xogando a oca. Así ao tempo que xogan, socialízanse, acostúmbranse a respectar normas de xogo, contar, expresarse,...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2016 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
Estupendas aportacións
Nesta ocasión foi unha mamá dunha alumna da clase a que fixo unha aportación que me pareceu moi interesante.
Xana ensinounos o reloxo de area que a súa mamá lle mercou, o cal lle marca o tempo para realizar unha tarefa.
Moitas veces ocorre, que os/as papás/mamás nos desconcertamos co tempo que botan os/as nosos/as fillos/as en facer unha tarefa calquera como pode ser vestirse, lavar os dentes, facer tarefas do cole, etc. Eles, os/as peques, non teñen unha percepción do tempo como a nosa e non se decatan do que poden estar a tardar en realizar algo, e de momento tampouco manexan as horas nun reloxo, así que esta mamá optou por mercarlle un pequeno reloxo de area. Ten de tempo para facer esa actividade o tempo que tarda en baixar a area. Así o/a neno/a saberá cando a ten que rematar ou si se está entretendo e non rematou aquelo que tiña que facer. Podemos incentivalos dándolle un reforzo que o faga sentir ben, recoñecendo que foi capaz de facelo. Seguro que se sentirá maior, responsable e capaz.
Un saúdo e grazas por estas aportacións.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2016 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Johana cumple 6 anos.
Hoxe é o aniversario de Johana, e para felicitala fixemos entre todos unhas rimas adicadas a Johana, que escribimos nunha tarxeta. Despois decoramola e firmamos tod@s @s de clase, así terá un recordo para sempre.
Parabéns Johana.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2016 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Outono
Levamos xa un mes e medio traballando esta estación. Saimos a sacar fotos polo bosquete e xardíns, para fixarnos como estaban as árbores, follas e demáis paisaxe. Na fotoblogoteca poderedes ir vendo as fotos e os/as nen@s poderán escribir comentarios sobre por que escolleron sacar esa foto e que estaban apreciando nese momento.
Tamén fixemos os meses do outono fixándonos no día é mes no que comeza o outono e festividades que hai nesta estación como o Samaín ou o Magosto.
Unha aportación desde as casas foron as composicións con produtos de outono (castañas, noces, follas secas,...) que podedes ver na foto deste artigo. Moitas grazas os/as papás e mamás pola vosa participación.
Algunhas outras actividades foron facer debuxos sobre o outono, aprendemos unha canción sobre esta estación e redactar entre todo@s unha nova sobre o comezo do outono.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2016 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Non esquemos o noso calendario escolar
Xa temos feitos os meses de decembro 2016 e xaneiro e febreiro do 2017.
Agora ademáis dos días da semana, están vendo aqueles días que son festivos ou de periodo de vacacións. Quedaron moi ilusionados ao pintar tantos días vermellos para as vacacións de Nadal.
Tamén estivemos vendo xa que día vai empezar o inverno, o 21 de decembro.
Moitos bicos Ferriños.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2016 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
sumas co dominó
E seguimos a sacarlle utilidade as fichas do dominó, esta vez, sumando como podedes comprobar na foto que acompaña este artigo. Unha maneira máis amena e visual de sumar. A verdade é que todos/as os/as nenos/as suman así máis rápido que vendo só os números.
Nesta fin de semana, levan unhas fichas feitas polos eles mesmos e plastificadas, para poder sumar un pouquiño na casa deste xeito tan divertido.
Un saúdo e espero que vos esté a gustar.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2016 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e Samain 2016

Hoxe, 4 de novembro, celebramos o
Magosto e Samain. Primeiro votamos as cabazas e debuxos terroríficos. Traballamos un pouco en clase e as 11 saimos ao recreo.
Logo chegou o mellor, o festival que comenzou con 2 actuacións e a continuación a entrega de premios. Do curso de primeiro a gañadora ao debuxo máis terrorífico foi Antía.
Ao rematar, formamos grupos e fomos ao patio a xogar a xogos tradicionais. Os/as nen@s de sexto foron os monitores dos xogos.
Por último, repartironse as castañas, comemolas e xogamos un pouco máis polo patio.
Estivo moi ben. Boa fin de semana.
Máis fotos na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2016 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal