OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SEMENTEIRA
O 5 de abril as/os alumnas/os de 1º de Primaria, fomos sementar trigo a unha leira próxima ao cole. Foi unha actividade moi entretida e da que aprendemos moito sobre unha parte do ciclo do trigo.
Actualmente os/as nenos/as están cada vez máis desvinculados do mundo do agro, todo se merca nos supermercados.
A través desta actividade, de mans dos máis maiores do noso concello, puidemos ver e recuperar como se sementaba o trigo de xeito tradicional, sen apenas máis ferramentas que unha legoña, uns caldeiros e pouco máis.
Despois de observar como o facían os maiores, os/as máis cativos, tamén puideron espallar as sementes de trigo e incluso empregamos as legoñas para botarlles terra por riba. O malo foi que pesaban moito, xa que eran demasiado grandes para os seus pequenos brazos e mans. Pero pasárono xenial.
Logo merendamos alí, chourizos, pan, queixo, empanadas, sardiñas en conserva,...
Deixo máis fotos na fotoblogoteca. Espero que vos guste.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2017 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal