OS FERRIÑOS DE CORDEIRO


Trátase dun blogue dunha aula de primaria, na que publicaremos tarefas que os nenos e nenas vaian facendo diariamente.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Apadriñamos plantas
No CEP Plurilíngüe Xesús Ferro Couselo, estamos a levar a cabo un proxecto de estudo e coidado das plantas do centro.
Cada curso apadrina 5 plantas que estuda, coñece, identifica no patio, coida, etc. A primeiro tocáronnos as seguintes plantas: mimosa, hedra arbórea, figueira, laranxeira doce e mandarino.
O primeiro paso foi identificalas no noso pequeno bosquete coa axuda da mestra Cruz. Para cada planta, fíxose unha ficha na que puxemos o nome científico da planta, o nome en galego, en castelán e en inglés. E tamén as principais aplicacións. Grazas a doazón desinterada dunhas estacas, por parte duns pais, puidemos clavar estas fichas a carón de cada planta.
Logo buscamos información en internet e cubrimos unhas fichas.
Outra actividade, a máis divertida de todas, foi probar froitos que estas plantas nos dan. Así, coas laranxas que o lanranxeira nos dá, fixemos zume e tomámolo. E coas mandarinas e un pouco de chocolate, fixemos unha fondue moi sabrosa. Non sobrou nada. Estivo xenial. Podedes ver fotos destas actividades na fotoblogoteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2017 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal