FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dende a Federación Provincial de Mulleres Rurais un ano máis continuamos co Programa de atención a familias monomarentais e monoparentais con fillas e fillos menores a cargo, que é unha prolongación da actividade que xa comenzamos no 2003. Dende esta entidade consideramos importante a súa continuidade, dadas as numerosas demandas que se nos presentan.
Con este Proxecto de atención a familias monomarentais e monoparentais con fillas e fillos menores a cargo preténdese favorecer á incorporación da/o responsable da unidade familiar ó mundo laboral, social ou á formación cultural ou para o emprego. Este programa ofrece un SERVIZO DE ATENCIÓN Á INFANCIA que consiste fundamentalmente, no coidado das/os menores daqueles/as nais ou pais que o necesiten cando teñan que acudir: a un curso formativo (emprego, cultural ou tecnolóxico), a un acto cultural, a unha entrevista de traballo, a un emprego, realizar tarefas administrativas, atender a un enfermo/a...
Este programa vai dirixido á atención das familias monoparentais e monomarentais con fillos/as menores ao cargo do medio rural ourensá, e de xeito específico as seguintes comarcas onde a nosa entidade concentra a meirande parte das súa infraestructura e tecido asociativo: Monterrei, Alta e Baixa Limia, Conso-Frieiras, O Ribeiro, O Carballiño e O Barco de Valdeorras

Comentarios (3) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-09-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
PLAN DE INCLUSIÓN 2009
A Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza un Curso Teórico – Práctico de Capacitación Profesional no Sector da Limpeza de 131 horas de duración. Esta actividade enmárcase no II Plan de Inclusión Social de Galicia e está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar. O seu obxectivo principal é favorecer a inserción sociolaboral das persoas que se atopan en situación de desemprego e de discriminación ou vulnerabilidade debido a factores económicos, sociais ou persoais.

O curso celebrarase entre o 1 de outubro e o 31 de novembro na Casa da Música do Concello de Verín e nel participarán 15 persoas da Comarca de Monterrei, as cales adquirirán coñecementos específicos sobre ferramentas, produtos, técnicas e protocolos de limpeza, eliminación de lixo e residuos e prevención de riscos laborais. Así mesmo no seo desta formación as alumnas e alumnos recibirán formación específica sobre a Igualdade de Oportunidades e orientación laboral de cara a mellorar a súas oportunidades de empregabilidade.

Unha vez superada a parte teórica as persoas asistentes ao curso realizarán prácticas preprofesionais grazas a un convenio asinado entre FEMURO E SERALIA, empresa do sector responsable da limpeza de parte dos edificios públicos da Comarca.

A Federación ofertará paralelamente a esta acción formativa un Servizo de Conciliación da Vida Laboral e Familiar para que as/os participantes no curso que son coidadoras/es e teñen menores ao cargo poidan formarse igualmente.


Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 24-09-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
OUTONO CULTURAL, FEMURO 2009

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 16-09-2009 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
OUTONO CULTURAL, CONCURSO FOTOGRÁFICO FEMURO 2009 Bases

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 16-09-2009 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
OUTONO CULTURAL, FEMURO 2009

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 16-09-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADES NA AULA RED CONECTA DE VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 16-09-2009 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO MONITOR/A SOCIOCULTURAL EN VERÍN

Comentarios (2) - Categoría: FORMACION - Publicado o 11-09-2009 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
AS MULLERES DA SERRA DE ALBARRACÍN RECORDAN O VI FORO DA IGUALDADE NA SÚA REVISTA ANUAL

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 08-09-2009 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas