FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CLUB DE LECTURA
PRÓXIMO LIBRO "COMETAS EN EL CIELO"

Seguimos co noso club de lectura. A reunión para comentar o primeiro libro proposto “O NENO CON PIXAMA A RAIAS” foi moi fructífera. Falamos do libro, da óptica coa que ve o protagonista, Bruno, de 9 anos a realidade dun campo de concentración. Auchviz,; falamos do terror do nazismo, relacionamos a historia do libro con vivencias persois, en fin, falamos, falamos, falamos, compartimos, intercambiamos opinións e experiencias. É do que se trata, en definitiva.
Aínda estades a tempo de unirvos á nosa aventura de ler. O seguinte libro é “COMETAS EN EL CIELO” de Khaled Hosseini, editorial salamandra.

COMETAS EN EL CIELO. Breve reseña.

É unha historia de amizade-traizón entre dous nenos afganos. Amir e Hassan pertencen a clases sociais ben diferentes pero úneos unha profunda amizade. A amizade rómpese cando Amir se aproveita da fidelidade sen límites do seu amigo e traizóao.
Amir lembrará durante toda a súa vida os días nos que perdeu un dos tesouros máis prezados: A AMIZADE, “por ti faríao mil veces máis” – dixo Hassan ao seu amigo Amir.
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 17-08-2009 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
RISOTERAPIA
A Federación Provincial de MM.RR. de Ourense (FEMURO) desenvolveu durante o que vai de ano obradoiros de risoterapia, así como de autoestima, ás asociacións federadas que o solicitaron. No seo da actividade participaron máis de 500 mulleres, que ao longo de sete semanas puideron practicar e disfrutar a fisioloxía da risa e os beneficios da risoterapia mediante dinámicas grupais, xogos, técnicas da dramatización, música e danza, exercicios de respiración e relaxación.
O obxectivo desta actividade foi:
Valorar o potencial da risa e o humor como símbolo de intelixencia, manifestación de boa saúde e equilibrio emocional.

Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 02-08-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas