FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reseña en BARRIOS

Artigo do periódico Barrios sobre o Conecta Xoven
Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 17-07-2012 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONECTA XOVEN
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), organizou un Acto de Entrega de Diplomas o Venres 29 de Xuño as 20:00 horas na sede de FEMURO en Verín para Clausurar a 7ª Etapa do Conecta Xoven, onde xóvenes profesoras e a adult@s formad@s recibiron un diploma pola súa participación en dito proxecto.

O Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accións formativas orientadas a alfabetización dixital, na cal participaron 13 xóvenes voluntarios/as de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, derivados/as do IES Xesús Taboada Chivite e do I.E.S Castro de Baronceli e 25 persoas adultas que se formaron nas novas tecnoloxías, recibindo clases dos xovénes participantes.

Este ano contamos ademáis cunha novidade: a formación sobre INTERNET SEGURA A PREADOLESCENTES, na cal participaron 99 nen@s pertencentes os cursos de 1º de ESO do IES Xesús Taboada Chivite e 20 nen@s pertencentes ós cursos que se imparten en FEMURO. Esta formación tivo por finalidade formar @s preadolescentes para protexerse fronte a posibles riscos; que aprendan as formas nas que os seus dereitos poden ser vulnerados e que coñezan pautas saudables para interactuar a través de diferentes dispositivos electrónicos, Internet e ferramentas web 2.0.
Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 04-07-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Probas libres ESO e BACHERELATO
FORMACIÓN: ABERTO O PRAZO PARA INSCRICIÓN DAS SEGUINTES PROBAS:
-Probas libres para a obtención do titulo en educación secundaria obrigatoria (ESO), para maiores de 18 anos. Prazo matricula: 3 e 4 setembro.


-Probas libres para a obtención do título en bacharel, para maiores de 20 anos. Prazo matrícula: 20 e 28 setembro. Se queredes máis información, acudide ao Servizo de Orientación Laboral de Femuro. Horario atención: luns de 10.00-14.00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 04-07-2012 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
LUDOTECA DE VERÁN
A Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO) está a levar a cabo a quinta edicición da “LUDOTECA DE VERÁN”, dirixida ás nenas e nenos do rural de entre 6 e 12 anos, que comprende dende o 2 de xullo ata o 10 de agosto, por diferentes aldeas da comarca de Verín.
FEMURO desprázase durante as mañás de martes a venres ata os locais de duas asociacións de mulleres rurais da Comarca: Asoc. MM.RR. “As Candelas”, de Pazos e Asoc. MM.RR. “Velouxe” de Vences, para ofrecer diferentes actividades lúdico-pedagóxicas ás nenas e nenos destas aldeas. Combínanse as dinámicas e xogos populares cos seguintes obradoiros: artes plásticas, inglés, ecoloxía, baile, recursos para pequenas/pequenos excursionistas, así como a introducción en igualdade de xénero a través de xogos e dinámicas adaptados á infancia. Esta ludoteca ten un carácter itinerante e descentraliza a oferta de ocio e lecer dos núcleos urbanos, para achegala ás zonas rurais. Por outra banda, ademáis de contribuir á formación das distintas capacidades das nenos e nenas a través do xogo, a ludoteca pretende ser un servizo que axude a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais, sobre todo das mulleres pertencentes ás asociacións de mulleres rurais.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 04-07-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas