FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MINUTO DE SILENCIO
A xuntanza do 29 de Maio das mulleres rurais nas “Xornadas de Emprendemento Feminino no rural” en Ponteareas estivo marcada polo recordo a Isabel Fuentes, vitima de violencia de xénero en Verín.

As súas compañeiras das distintas asociacións de mulleres rurais da provincia de Ourense quixeron darlle unha pequena homenaxe con un minuto de silencio. Un minuto de silencio que despois veu precedido de rabia e sentimentos de dor por parte das mulleres que piden que se faga xustiza e que non volvan ocurrir casos coma este.

NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!!!
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 02-06-2015 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL 2015
O sábado 30 de Maio de 2015, FEMURO levou a cabo as “Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural”, onde participamos máis de 80 mulleres de diferentes zonas da provincia de Ourense, socias das Asociacións de mulleres rurais.

Con estas xornadas tratamos de facer visible o papel do medio rural no desenvolvemento social e económico da nosa provincia e comunidade, coñecendo de primeira man iniciativas emprendedoras que servirán como exemplo de que o medio rural constitúe una excelente alternativa de negocio nestes tempos de crise.

Este ano visitamos Ecocelta, unha pyme galega dedicada á fabricación e comercialización de abonos e enmendas orgánicas para uso como fertilizantes en agricultura e xardinería. Ecocelta recicla os restos orgánicos a través da compostaxe e vermicompostaxe (lombricultura), mantendo un compromiso co medio ambiente e traballando sempre baixo a premisa da xestión sostible.

As mulleres tivemos tamén a oportunidade de coñecer a cultura desa zona coas visitas o entorno do concello de Mondariz Balneario e o Castelo de Sobroso pola mañá e despois pola tarde puidemos acceder as instalacións de Ecocelta.

Rematada a visita a Ecocelta, rematamos as Xornadas de emprendemento feminino no rural, esperando que pronto veñan as seguintes para poder compartir experiencias e coñecer os recursos que hai en Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 01-06-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACIÓN EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O 29 de Maio as 20:00 horas Pazos quedouse pequeno ante as numerosas persoas que quixeron apoiar a familia de Isabel Fuentes na marcha para reclamar xustiza polo seu asasinato e en contra da violencia de xénero.
A movilización encabezábaa a familia de Isabel cunha pancarta onde pedían xustiza pola súa morte, seguida de outras pertencentes a outras institucións e a veciños/as de Pazos nas cales se condenaba a violencia machista. A que portaba FEMURO baixo o lema “Femuro e as súas asociacións contra a violencia de xénero” “Non máis vítimas-Loitemos pola igualdade e a xustiza”, foi portada polas súas compañeiras da Asociación “As Candelas” que tamén quixeron recordala: “A Asociación de mulleres As Candelas como compañeiras túas non te olvidamos. Continuaremos unidas para non permitir máis violencia machista”.
Na manifestación participaron outras mulleres socias de Asociacións integrantes de FEMURO da zona que quixeron apoiar a familia e as compañeiras de Isabel neste momento tan difícil que están a vivir.
A concentración comenzou na vivenda de Pazos onde Isabel sufriu a súa primeira agresión, para continuar pola estrada N-525 e rematar na praza do Concello de Verín.
Na praza do Concello un representante da familia de Isabel deu as grazas a todas as persoas que acudiron a esta movilización e tamén agradeceu todalas mostras de cariño e afecto recibidas desde a súa morte.
As pancartas que fixeron o percorrido da manifestación quedaron colgadas nos balcóns da fachada principal do Concello de Verín como símbolo de sensibilización a toda a poboación fronte a violencia contra as mulleres e como mostra de apoio os/as familiares da vítima.
Continuemos entre todas as socias de FEMURO loitando para que non haxa máis violencia machista e se faga xustiza pola morte de Isabel.
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
TODAS SOMOS ISABEL!!!

la voz de galicia
la región
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 01-06-2015 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas