FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IEncontro Conectad@s ó Mundo

Encontro do día 28 de xuño na Vila de Verin. Disfrute do paixase, xuntanza de convivencia, comida saudable.




As imaxes de menores están autorizadas polos pais ou titores legais.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 29-06-2012 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
BOP (27/06/2012)
Clikade no enlace

Para os seguinte postos:
CONCELLO DE BALTAR
Convocatoria para la contratación laboral temporal de un encargado de museo (jornada a tiempo parcial). [2711/2012]
Convocatoria para la selección de dos auxiliares administrativos, en regimen de interinidad con jornada reducida. [2708/2012]


CONCELLO DO BOLO
Convocatoria para la contratación laboral temporal, por el procedimiento especial de urgencia, de dos peones de servicios múltiples por contrato eventual por acumulación de tareas. [2718/2012]
Comentarios (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 27-06-2012 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS CONECTADAS
O vindeiro 28 de xuño, os cativos/as das aulas Conectad@s ó Mundo/FEMURO e Red Conecta/FEMURO, do Carballiño e Verin respectivamente, van a ter un encontro de coñecemento e confraternidade.
Os rapaces/zas do Carballiño van a coñecer a Vila de Verín tendo como anfitrios/nas as/os compañeiros/as que a diario se forman nas aulas das que a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense dispón en ambas Vilas.
A entidade na procura de igualdade, na axuda, formación e aseroramento da muller, na atención a lactantes e xestantes, nas actividades de mellora psicoloxía e motricidade; conta tamén con formación e actividades para que as novas xeracions vivan a solidaridade a socialización a comunicación en espazos lúdicos e de aprendizaxe como as ludotecas de Verán, as aulas móviles,,,etc.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 25-06-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXOS DO REMATE DO ENCONTRO

Deixamosvos o video dos desexos que foron remate deste encontro Conecta Xoven 2012.



¡Grazas a mocidade de conecta xoven de FEMURO, pola vosa aportación!.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 21-06-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
FORMACIÓN SOBRE INTERNET SEGURA A PRE-ADOLESCENTES
FORMACIÓN I.E.S XESÚS TABOADA CHIVITEVoluntarias pertencentes o programa “Conecta xoven”, un programa de aprendizaxe-servizo, impartiron formación, a principios do mes de Xuño, sobre Internet Segura @s alumn@s de 1º de ESO do I.E.S Xesús Taboada Chivite.

Estas voluntarias foron as responsables de formar e fomentar n@s pre-adolescentes o uso constructivo, creativo e crítico das TIC para que sexan el@s mesm@s @s que transmitan a búsqueda da disminución dos factores de vulnerabilidade e o aumento das súas capacidades de autoprotección.

Esta formación ten por finalidade que @s pre-adolescentes estén preparad@s para protexerse fronte a posibles riscos; que aprendan as formas nas que os seus dereitos poden ser vulnerados e que coñezcan pautas saudables para interactuar a través de diferentes dispositivos electrónicos, Internet e ferramentas web 2.0.

Os contidos desta formación incluiron consideracións coas que deben contar para que ó interactuar a través das TIC poidan previr situacións de risco, discriminar os contidos adecuados dos que non o son, contribuindo a que obteñan ferramentas para analizar de forma crítica os mensaxes ós que teñen acceso.

A formación tratou temas como: ¿Qué sabemos de seguridade en Internet?; hábitos responsables no uso de Internet e a web 2.0; riscos vinculados ó uso de Internet: cyberbulling, grooming, sexting, phishing, etc; normas e consellos sobre un uso responsable e actitudes e valores na rede.

A formación foi todo un éxito, porque @s pre-adolescentes estaban moi interesad@s no tema e participaron en todo momento coas voluntarias facendolle preguntas e consultando dudas que tiñan sobre problemas na rede.

Continuaremos con esta formación para o curso que ven!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 20-06-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA NO RÍO TÁMEGA
Un grupo de voluntari@s pertencentes o proxecto "Movete Natura" que coordina FEMURO, recolleu basura amontonada nas marxes do río Támega.

Nesta limpeza encontrouse de todo, desde roupa, botellas de cristal, escombros de obra, bolsas de plástico e material de ferro.

Est@s voluntari@s ademáis, descubriron a maiores dous vertedoiros incontrolados cerca do río.

O obxectivo deste proxecto é a recuperación dos espazos naturais degradados da comarca de Monterrei.

limpeza no río Támega
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 20-06-2012 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
PARELLAS DE FEITO E CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
O Cedim de Monterrei organizou unha charla informativa que se realizou na Casa da Cultura de Albarellos. Trataronse dous temas importantes; na primeira parte da charla informouse a groso modo sobre aspectos importantes da lei 248/07 do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Facendo incapé, para que as parellas de feito teñan reconecidos os seus dereitos é imprescindible inscribirse no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa que a lei só reñoce as parellas de feito que están inscritas neste Rexistro. Para máis información e casos concretos ou dúbidas pódevos en contacto co Cedim de Monterrei.


Na segunda parte da charla explicouse a importancia que ten hoxe en día ter o certificado de profesionalidade. Esté é un documento que acredita a unha traballadora ou traballador unha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Son emitidos polo Servicio Público de Emprego Estatal (S.E.P.E.). O plazo para obter o certificado de profesionalidade foi ampliado é podense presentar as solicitudes hasta 2015. Os tramites realizanos os traballadores sociais dos vosos respectivos concellos que vos explicaran o proceso para obter o certificado de profesionalidade, que consta de catro fases; Solicitude, Asesoramento, Evaluación e Resultado.

Esperamos novas charlas tan interesantes como estas por parte do Cedim de Monterrei.

Noraboa é bo traballo.

Para máis información;
988.418.002
988.418.789
Email: cedimmonterrei@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 14-06-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Remate do IX FORO DE IGUALDADE
O IX Foro de Igualdade centrouse na violencia de xénero dende un enfoque multidisciplinar


A continuación deixovos o enlace das fotos;






¡ Moitas grazas a todas por participar!
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 13-06-2012 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
IX FORO DA IGUALDADE




Esta fin de semana, os días 9 e 10 de xuño de 2012, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza a novena edición do Foro da Igualdade, que ten lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia). Este foro aglutina a 16 asociacións de mulleres rurais adheridas a FEMURO, de toda a provincia de Ourense, sendo un total de máis de 100 mulleres participantes.


Como cada ano, este foro pretende ser un espacio de encontro entre as socias, co obxecto de visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real entre mulleres e homes. Deste xeito, o foro conxuga tanto fomento do asociacionismo e formación con ocio, cultura e dinámicas grupais, propiciando un espacio de convivencia e intercambio de experiencias entre mulleres.


O Foro da Igualdade comeza o sábado 9, á 13.00 h, coa inauguración a cargo da Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella.


Este ano, o eixe central do Foro basease na temática: “Violencia de xénero: un enfoque multidisciplinar”. Para elo, a tarde do sábado, levaranse a cabo unha mesa redonda, coa participación de 3 ponentes profesionais en diferentes ámbitos:

- Purificación Álvarez Villamarín, galardonada co VI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, concedido pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, ámbito xurídico.
- Montserrat Rodríguez Nogueiras, Guardia civil da Unidade Orgánica da Policía Xudicial (EMUME) de Ourense
- Victoria Iglesias, integrante da Marcha Mundial de Mulleres en Galicia, ámbito social

proporcionando deste xeito un enfoque multidisciplinar da violencia de xénero.


A continuación, as mulleres participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día a través de dinámicas grupais.


Remataremos o día cunha velada de actuacións, música folk e degustación de productos da terra, na que as socias participantes serán as únicas protagonistas e actoras


O domingo 10 disfrutaremos da representación teatral da obra: “A Herdanza”, protagonizada pola asociación de mulleres rurais “A Rubideira” de O Reino. Terminaremos as xornadas con un xantar de cofraternidade.

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 08-06-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Atopados 2 vertedoiros incontrolados

2 de xuño: Alto Támega: pasando por Vilela e Tintores. 10.00 h-13.00 h.
Saída da Alameda, ruta camiño ao carón do río Tamega, chegamos á Pousa, seguimos camiño arriba ao carón do río, pasamos por Vilela e finalizamos no merendero de Tintores, onde se ofreceu un almorzo aos voluntarios/as (zumos, auga, coca-cola, ... ).

Atopámonos 2 tipos de residuos:

- Por unha banda, residuos dispersos ao longo de todo o camiño: botellas, latas e envases de plásticos. Cabe sinalar que o camiño estaba bastante limpo.
- Por outra banda atopámonos con 2 vertedoiros:
O primeiro na Pousa, ao lado dunha casa que está ao carón do río: os residous atopados foron: plásticos enterrados, latas grandes de envases, tuberias, rodas de coches e motos, un asiento de coche, caixa de cerveza, alambres, somier de colchóns. Este vertedeiro o limpamos completo, e o deixamos no camiño da Pousa, para que o recollera o Concello de Verín
O outro vertedoiro, atopámolo un pouco máis adiante, moi preto deste primeiro, e alí había: trozos grandes de cerámica, resto de material de construcción, básicamente. De este recollimos soamente unha parte,porque o resto necesitaríamos unha cortadora, para a maleza, xa que moito estaba enterrado entre os matorrais e árbores.

Máis adiante, ao carón do río atopámonos, un eixe completo de coche, enterrado.

Estos vertedoiros e obxectos que non puidemos retirar, poñerémolos, en coñecemento das entidades competentes, para que tomen as medidas oportunas.


Grazas a todas e todos os que nos axudástes nesta nova Ruta.

¡ Vémonos na próxima !
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 07-06-2012 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas