FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOITE DAS PANDERETEIRAS/OS
Comentarios (1) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 29-06-2010 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA: Fin de curso
Efectivamente, chegamos ao final de curso, que non ao final da existencia do club de lectura de FEMURO. E facemos balance que, por suposto, é tremendamente positivo.
Como quen non quere a cousa ao longo do curso fomos lendo e comentando libros que nos aportaron novas historias, fantasías e realidades que pasan á nosa memoria e nos enriquecen.
Pero a aventura de ler non queda só en novas experiencias particulares; O club de lectura serviunos para xuntarnos, para crear lazos, para opinar, descubrir diferentes puntos de vista, discutir, aportar experiencias que viñeron á nosa mente a través das historias lidas nos libros.
Unha vez cada mes xuntámonos para compartir algo que todas temos en común: o gusto pola lectura, o pracer de ler, pero tamén o gusto de vernos, de recitar marabillosa mente poemas de Rosalía de Castro, de ver unha película, de avanzar nos afectos.
Foron moitos os libros que nos axudaron a pasar bos momentos e que nos serviron como pretexto para xuntarnos e falar.
O neno con pixama de raias, Cometas en el cielo, Memorias dun neno labrego, Follas Novas, Cartas de Inverno, Mil soles expléndidos, O lapis do carpinteiro, A perla, El guardián entre el centeno, El beso del Sahara… libros moi diferentes que nos ofreceron temas relacionados con distintas realidades: a problemática da muller afgana, os horrores da guerra, a vida doutras épocas no noso país coas que moitas nos identificamos, e moitos temas máis.
Grazas a todas, por participar nesta aventura, por aportar as vosas experiencias, por darme o voso cariño. Grazas por estar aí e por querer seguir compartindo comigo o entusiasmo pola lectura.
Despedímonos cun pouco de tristeza, pero coa alegría de que en setembro nos volveremos xuntar para retomar a actividade do club e vivir novas historias e compartilas.
Bo verán a todas e felices lecturas a todas.
Rosa de la Parra

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 28-06-2010 19:25
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 22-06-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 10-06-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS EN LISBOA
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 02-06-2010 07:45
# Ligazón permanente a este artigo
AXENTE DE EMPREGO

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 01-06-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas