FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AVALIACION PROXECTO SOLIDARIO
Na cuarta fase do Conecta Xoven, que se estendeu dende Setembro do 2008 ata Xullo do 2009, beneficiaronse de dito proxecto 18 xóvenes da Comarca de Monterrei (1 de Laza, 3 de Oimbra, 3 de Vilardevós e 11 de Verín) e 73 persoas adultas pertencentes tamén a distintos Concellos.

Esta cuarta fase, igual que as anteriores, dividiose en varias etapas: en Setembro e Outubro fixemos a captacións dos/as xóvenes; en Novembro e Decembro os/as xóvenes recibiron un curso de formación de 20 horas, e tamén fixemos difusión para captar as persoas adultas; dende Xaneiro ata Xullo os/a xóvenes impartiron clases de alfabetización as persoas adultas.

Os días 30 e 31 de Maio tivo lugar un encontro na Granja Santa Catalina (La Vecilla-León) no cal participaron xóvenes de distintas entidades (CDR Portas Abertas-FEMURO (Verín), Abertal (Vigo), ACCEM (Oviedo), Abierto Asturias (Avilés), Rondilla (Valladolid)) que están levando a cabo o proxecto. Este encontro tivo como obxectivo principal premiar a labor social levada a cabo polos/as xóvenes dende Setembro do 2008 ata Xullo do 2009.

Dita fase rematou coa entrega de diplomas que tivo lugar o día 4 de Xullo no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. A dito acto asistiron a dinamizadora do proxecto, 14 dos e das xóvenes profesores e profesoras, 27 das persoas adultas formadas, persoal laboral de FEMURO e do CDR Portas Abertas, Mª Teresa Cid Morales (presidenta de FEMURO), José Paz Paz (presidente do CDR Portas Abertas), Rosa de la Parra Martínez (Secretaria IES Castro de Baronceli), Victor Manuel Baladrón Lamas (Concelleiro de Xuventude), Corona Meixeira Romasanta (Concelleira de Cultura e Igualdade, en representación do Concello de Verín) e Ricardo Vecillas Rojo (xefe territorial da Consellería do Medio Rural).

Xa que os resultados acadados, así como as valoracións dos/as responsables das entidades, xóvenes, persoas adultas e persoas colaboradoras (concellos, institutos e altos cargos da xunta de Galicia) foron moi positivos, contamos poder seguir co proxecto a partir do mes de Setembro.
Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 29-06-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
LUDOTECA 2009








A Federación Provincial de MM.RR. de Ourense (FEMURO) oferta durante o mes de xullo A GALEGOTECA, ludoteca de carácter itinerante polas Asociacións de Mulleres da Comarca de Monterrei. Na mesma están a participar un centenar de nenas e nenos, de entre 5 e 15 anos, da Xironda, Tamaguelos, Matamá, Pazos, Medeiros, Sta. Eulalia de Montes e Vences.

A actividade realizase de luns a venres, en horario de 10 a 13 horas nos diferentes locais das Asociacións de Mulleres Rurais das localidades citadas.

Entre os obxectivos que persegue a actividade, podemos citar os seguintes:


 Descentralizar a oferta de ocio e lecer para a infancia e xuventude do contexto urbán e achegala ao espazo rural e a súa poboación.


 Facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias, en especial das mulleres que pertencen ao tecido asociativo de FEMURO.

 Recuperar e revalorizar o patrimonio inmaterial das nosas aldeas dun xeito lúdico, mediante a recollida de cantigas, trabalinguas, refráns e lendas de carácter popular e a práctica de xogos tradicionais que levan a cabo ás e os menores que participan no seo da Ludoteca.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 28-06-2009 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA
Seguimos co noso club de lectura. A reunión para comentar o primeiro libro proposto “O NENO CON PIXAMA A RAIAS” foi moi fructífera. Falamos do libro, da óptica coa que ve o protagonista, Bruno, de 9 anos a realidade dun campo de concentración. Auchviz,; falamos do terror do nazismo, relacionamos a historia do libro con vivencias persois, en fin, falamos, falamos, falamos, compartimos, intercambiamos opinións e experiencias. É do que se trata, en definitiva.
Aínda estades a tempo de unirvos á nosa aventura de ler. O seguinte libro é “COMETAS EN EL CIELO” de Khaled Hosseini, editorial salamandra.

COMETAS EN EL CIELO. Breve reseña.

É unha historia de amizade-traizón entre dous nenos afganos. Amir e Hassan pertencen a clases sociais ben diferentes pero úneos unha profunda amizade. A amizade rómpese cando Amir se aproveita da fidelidade sen límites do seu amigo e traizóao.
Amir lembrará durante toda a súa vida os días nos que perdeu un dos tesouros máis prezados: A AMIZADE, “por ti faríao mil veces máis” – dixo Hassan ao seu amigo Amir.
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 28-06-2009 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA INFORMATIVA UNED, XOVES 26 DE XUÑO

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 24-06-2009 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADE

Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 09-06-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADE
FEMURO PREMIO CAJA ESPAÑA

“OBRADOIROS DE NOVOS VALORES DE MASCULINIDADE E FEMINIDADE”

Na sociedade actual - pouco a pouco e non sen dificultades – foi estendéndose unha cada vez maior conciencia colectiva preocupada pola eliminación de todo tipo de violencia contra as mulleres, a cal vulnera - con frecuencia brutalmente - o máis elemental dos Dereitos Humanos: o dereito de todas as persoas á vida e á integridade física e moral. Deste xeito, a violencia machista pasou progresivamente de ser un problema inscrito na esfera do privado para comezar a ser considerado un problema de índole social, un alarmante fenómeno ante o que a sociedade non pode quedar como silenciosa espectadora. Sen embargo, a pesares de existir unha maior visibilización desta problemática e do incremento da preocupación cidadá e política pola erradicación da mesma, observamos como de cotío xornais, radios e informativos televisivos amosan a permanencia da estremecedora realidade da violencia machista contra as mulleres, unha violencia que semella estar profundamente intricada na nosa sociedade, independentemente de grupos sociais, económicos ou culturais.

A violencia contra as mulleres – nas súas diversas manifestacións – é o resultado dunha maneira determinada de entender a condición masculina e feminina: as identidades masculina e feminina están social e historicamente construídas en base a relacións de dominación e subordinación, otorgando aos homes todo tipo de privilexios e beneficios materiais e simbólicos. É por isto necesario un replantexamento dos valores tradicionalmente masculinos e femininos que aínda hoxe en día están presentes na nosa sociedade, modificando toda unha serie de actitudes e condutas aprendidas ao longo da vida que poden desembocar na violencia contra as mulleres.

Neste sentido, desde FEMURO consideramos que a educación supón un verdadeiro investimento na prevención da violencia e no establecemento de relacións igualitarias entre mulleres e homes, razón pola que no presente ano puxemos en marcha – gracias á financiación da Obra Social Caja España - un “Obradoiro de novos valores de masculinidade e feminidade”.


Nesta experiencia - iniciada no mes de abril – participan 40 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 anos, procedentes de diferentes Institutos de Ensino Secundario do medio rural ourensá: o IES Xesús Taboada Chivite de Verín e o IES Abrente de Ribadavia. As sesións – realizadas en horario lectivo – seguen unha metodoloxía dinámica e participativa, baseada nos principios da pedagoxía popular, é dicir, no aprendizaxe a través da reflexión, o diálogo e a interacción colectiva entre os e as participantes. Desta forma, o que se busca é a creación dun sentido crítico que leve ás persoas a comprometerse e transformar a súa realidade.

No marco deste obradoiro estanse a traballar os seguintes contidos: a construcción social da feminidade e da masculinidade, o cuestionamiento dos estereotipos tradicionais de xénero e a indagación de novas identidades a prol dun novo sistema de relación entre mulleres e homes igualitario. En definitiva, a través deste proxecto FEMURO procura que a educación contribúa a que a mocidade sexa máis consciente dos procesos de construción social das identidades de xénero, reflexionando sobre o seu papel na creación dunha sociedade igualitaria e facendo fincapé en que este labor non é un asunto exclusivo das mulleres, senón que atinxe a ambos sexos por igual.

É necesario desenvolver accións que fomenten outras maneiras de entender e vivir a feminidade e a masculinidade, educando nunhas identidades libres que permitan o pleno desenvolvemento das propias aptitudes e capacidades máis alá do constreñimento que supón a imposición duns modelos masculino e feminino tradicionais: as nenas deben crecer libres do estereotipo da submisión e da dependencia (nin económica, nin emocional, nin sentimental), ao tempo que os nenos non deben quedar atrapados no estereotipo da autoridade e da independencia (ás veces tan sesgado y limitador).
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 09-06-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas