FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANIFESTACION EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O vindeiro día 29 de Maio celebrarase en Verín unha manifestación para condenar o caso de violencia de xénero onde desgraciadamente Isabel Fuentes perdeu a súa vida.

Isabel era socia da Asociación de Mulleres Rurais “As Candelas” , polo que as súas compañeiras e os/as veciños/as de Pazos, así como os/as seus familiares acordaron rendirlle homenaxe facendo unha manifestación o dia 29 as 20:00 horas para condenar este primeiro caso de violencia machista en Galicia.

A manifestación discorrerá da súa vivenda de Pazos ata o Concello de Verín, un percorrido de menos de 3 kilometros.

Dende Femuro e as súas asociacións levarase unha pancarta reivindicativa para mostrar o noso apoio a familiares da vítima, veciños/as e compañeiras da asociación da que Isabel formaba parte. Polo que, vos animamos a todas a que participedes neste acto e difundades esta información entre os/as vosos/as coñecidos/as e veciños/as para que sexa unha manifestación multitudinaria e consigamos con actos coma este facer forza e erradicar a violencia de xénero para que non haxa unha vítima máis.

Tamén entregaremos lazos violetas como símbolo de loita contra a violencia de xénero, co fin de concienciar e sensibilizar a sociedade deste gran problema co que debemos implicarnos de forma activa.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-05-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
MODULO FORMATIVO: ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN NO TEMPO LIBRE INFANTIL E XUVENIL
FEMURO ten previsto realizar no mes de Xuño o Módulo Formativo “Actividades de Educación no tempo libre infantil e xuvenil” dirixido a parados de larga duración e persoas en situación de vulnerabilidade.

O módulo ten unha duración de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas que se impartirá no local de Femuro no Camiño vello de Sousas nº 26 baixo.

A data límite para apuntarse e o 26 de Maio chamando os teléfonos de FEMURO: 988 411 390 ou 699 415 810.

Comentarios (0) - Categoría: INCLUSIÓN SOCIAL - Publicado o 20-05-2015 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE E ECONOMÍA DOMÉSTICA
FEMURO vai levar a cabo a finais do mes de Maio e Xuño un obradoiro de alimentación saudable e economía doméstica, enmarcado dentro do programa "Concilia e Emprega", dirixido a mulleres xestantes e /ou lactantes con fillos/as menores de 3 anos.


O programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Fondo Social Europeo e Deputación de Ourense.


Neste obradoiro trataranse temas como: recomendacións para unha alimentación saudable, propostas para mellorar a alimentación, o presuposto familiar, aforro no fogar, aforro na compra mensual e organización do tempo e optimización de recursos.


O obradoiro impartirase en horario de tarde na sede social de Femuro en Verín.
Comentarios (0) - Categoría: CONCILIA E EMPREGA - Publicado o 08-05-2015 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
XII FORO DA IGUALDADE 2015
11 e 12 de Abril de 2015
Padrón

Nesta nova edición do foro de igualdade contamos coa presenza de Dna. Mª Camino Triguero Salas, Secretaria Territorial da Xunta en A Coruña, para a súa inauguración, que acudiu en representación da Secretaria Xeral de Igualdade Dna. Susana López Abella; e de Dna. Marina Mayoral, unha escritora galega, profesora xubilada da Universidade Complutense de Madrid. Marina Mayoral é famosa por os seus traballos de investigación que realizou sobre diversos autores e épocas destacando os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e os análises de poesía e prosa contemporánea.Escribe en galego e en castelán e algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Os seus contos encontranse nas mellores antoloxías en lingua española e tamén en antoloxías de lingua inglesa e alemana.Entre as súas obras destacan:"Plantar un árbol", "Unha árbore, un adeus", "O reloxio da torre", "Chamábase Luis""Bajo el magnolio" e "O anxo de eva", entre outras.
O día continuou coa saída a visitar o Hórreo de Carnota, Finisterre e a Fervenza do Ézaro, onde contamos cun tempo fermoso para poder pasear e visualizar estos lugares máxicos da nosa Galicia.
O domingo tamén saimos a visitar o Castro de Baroña, as Dunas de Corrubedo e Ribeira.
Pasamos un fin de semana fabuloso visitando moitos dos lugares maís fermosos que ten Galicia e como sempre esperamos con entusiasmo o XII Foro de Igualdade para poder volver a compartir con todas esta vivencia.
O foro estuvo subvencionado pola Scretaria Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e Femuro.


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 05-05-2015 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas