FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL. 10 MAIO 2014
O sábado día 10 de Maio, FEMURO levou a cabo as “Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural” nas que participamos preto de 200 mulleres integrantes de asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense.
O eixo destas xornadas é coñecer “en situ” empresas xestionadas por mulleres que xurden como alternativas de emprego no rural. Así mesmo preténdese amosar solucións innovadoras que permitan visibilizar o papel e contribución das mulleres no mercado laboral e coñecer as accións e recursos dispoñibles para favorecer a diversificación da economía no rural.
Para elo, nesta edición, visitamos a fábrica de “Aceites Abril”, dirixida por Maria del Carmen Canal e ubicada no Polígono Industrial de San Cibrao en Ourense.
A empresa actualmente está en mans da terceira xeración que decidiu convertir unha pequena empresa de hábitos familiares nunha compañía profesionalizada con vocación de crecemento.
Abril xurde coa idea de recuperar a tradición aceituneira de Galicia da Idade Media cunha plantación propia e un proxecto comunal para repoboar o monte con olivos, sendo na actualidade a única empresa de aceite alimentario con instalacións na nosa comunidade. Ademais ofrecen a aquelas persoas que dispoñan de terras e condicións adecuadas para o cultivo do olivo, a posibilidade de traballar conxuntamente.
As mulleres de diferentes asociacións do rural ourensá tivemos a oportunidade de poder acceder a mañá do sábado, ás instalacións da fábrica, que é a encargada de producir e dar saída comercial ás colleitas dos comuneros.
Aproveitando os nosos desprazamentos á cidade de Ourense dende diferentes puntos de núcleos rurais da provincia, realizamos unha visita cultural polo casco antigo da cidade, contando coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Ourense, que nos proporcionou unha ruta guiada.

Así mesmo, para finalizar a xornada, e seguir coñecendo os recursos do noso entorno, neste caso naturais, puidemos relaxarnos nas Termas de Outariz
https://www.facebook.com/femuro.verin
xornadas emprendemento feminino no rural
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 12-05-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas