FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2013
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Laias (Cenlle), 25 e 26 de Maio de 2013



Os vindeiros días 25 e 26 de Maio, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural nun emprazamento singular como é o Balneario de Laias, no concello de Cenlle. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo o rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer e recoñecer distinta iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprendedoras e por empresas que loitan por mantelo.

As Xornadas comezan o sábado día 25 coa recepción das participantes que se desprazaran dende toda a provincia ata o Ribeiro para asistir as mesma. As mesma serán inauguradas o día 26 ás 12.00 do mediodía coa Presenza da Secretaria Xeral de Igualdade (Dona Susana López Abella), o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense (D. Rogelio Martínez González) o Alcalde do Concello de Cenlle ( D. Gabriel Alén Castro), xunto coa Presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Dona Mª Teresa Cid Morales) e demais autoridades.

As disertacións nestas xornadas van estar a cargo de (Dona Manuela González Chao, responsable do departamento de Olivicultura de ACEITES ABRIL, unha experiencia que nos trae una visión da produción da oliva en Galicia e dun aceite creado e feito na nosa Terra, e (Dona Nuria Varela Portas) de PAZO VILANE, ovos de Galiñas en liberdade, proxecto que busca un beneficio directo do produtor, sen intermediacións, dun xeito directo, con unha produción coidada e o coidado do medio Rural; escoitaremos as Experiencias protagonizadas por iniciativas persoais e de emprendemento empresarial que apostan polo rural como alternativa laboral.

Dúas formas de prantexar unha experiencia de emprendemento, que visualiza un xeito de mantemento sostible e posible, con perspectivas laborais de futuro no rural.

Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.

As asistentes van a poder disfrutar das instalacións do emblemático Balneario de Laias y dos seus beneficios terapéuticos, o mesmo tempo que poderán recorrer e disfrutar da paraxe que rodea o mesmo e do seu paseo xunto o río, noutro xeito de recoñecer o valor natural da provincia Ourensan coas súas augas minero-medicinais e a paixase do interior galego.

Rematado este acto, unha comida conxunta de confraternidade entre as participantes as mesmas, dará peche ás Xornadas de Desenvolvemento Rural do 2013.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 20-05-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas