FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II ROTA ECOLÓXICA

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

Actividade gratuita
Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 29-05-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
XUNTAS facémonos GRANDES. ConectaXoven 2012


As/os xóvenes de Verín reunironse en Valencia con xóvenes de toda España.

Como agradecemento ao traballo realizado polas/os xóvenes na 7ª Etapa do Conecta Xoven, un proxecto que involucra directamente a xuventude en tarefas de alfabetización dixital de persoas adultas do seu propio contorno, os días 18, 19 e 20 de maio tivo lugar un Encontro Estatal na casa de cultura de Burjassot, Valencia no que participaron as/os xóvenes de 13 entidades FEMURO (Verín), A.J. Jovesolides (Paterna) ,Abierto Asturias (Avilés), YMCA (Toledo), Asociación La Rueca (Madrid), Casal la Formiga (Badalona),IES La Sisla (Sonseca), Coordinadora Abril (San Roque), IMCJB Burjassot (Valencia), Fundación Balia-Tetuán (Madrid), Fundación Balia-Latina (Madrid), Fundación Tomillo (Madrid), Guía de Isora (Tenerife) que están levando a cabo dito proxecto.

Os Obxectivos que se pretenden coa celebración deste encontro son entre outros: fomentar a participación das/os xóvenes no seu entorno local a través de ferramentas web 2.0.; sensibilizar as/os xóvenes da necesidade dun rol activo para transformación social; potenciar valores entre os/as xóvenes de solidariedade e compañerismo e reforzar as relacións entre adolescentes e entidades participantes no proxecto.

Baixo o lema “JUNTOS nos hacemos GRANDES”, que enmarcou o encontro deste ano, as/os xóvenes participantes reflexionaron sobre a súa labor no proxecto e realizaron dinámicas para seguir crecendo xuntos/as. Os eixes de traballo foron: creatividade social, tecnoloxía sostible, prevención de condutas aditivas a través do programa “Y tú, ¿como controlas?”, xóvenes dinamizadores TIC e solidaridade interxeneracional para o envellecemento activo. Sen dúbida, cinco temas que permiten afrontar novos retos no futuro inmediato do proxecto. Pero...non todo foron actividades, as/os xóvenes puideron tamén participar nun tour por Valencia a cargo das/os seus compañeiros/as de Burjassot.

¡ Grazas a todas por participar !

Conectaxoven
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 25-05-2012 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
SEMINARIOS PARA EMPRENDEDORAS E EMPRENDEDORES
Durante os meses de maio e xuño, terá lugar a realización dos seminarios gratuítos “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

O “Seminario de motivación emprendedora” terá lugar o vindeiro 31 de maio, de 18 a 21 horas, e os obxectivos principais do “Seminario de motivación emprendedora” son: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia.

Mentres que o seminario “Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas” efectuarase os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas, na Casa da Xuventude. Os obxectivos do mesmo, dirixido a emprendedores/as e cunha duración de 15 horas, son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa.

Para participar en ambos seminarios é necesario inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (situada no primeiro piso do Concello de Verín). Para o “Seminario de motivación emprendedora” este proceso de inscrición debe realizarse antes do 25 de maio, e para o de “Avaliación de Ideas empresariales: xeración e maduración de ideas” finaliza o 4 de xuño.

Para máis información déixovos o enlace;
SEMINARIOS
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 22-05-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
VII ENCONTRO DO CONECTA XOVEN

No proxecto, xóvenes de entre 15 e 19 anos enseñan a persoas adultas habilidades e competencias dixitais para mellorar a súa calidade de vida e expectativas laborais, ao mesmo tempo que ofrecen un servizo á comunidade e aprenden a arte de ensinar a outras persoas, configurando un espazo de intercambio e coñecemento interpersoal e interxeracional.

Este ano o lema "XUNTOS facémonos GRANDES" que enmarca o encontro deste ano, fai referencia precisamente a esta relación, á capacidade de camiñar conxuntamente persoas adultas e novas e Grandes no sentido de crecer, de mellorar no día a día con axuda do outro, a base da solidariedade interxeracional.


¡ Este ano imos a Valencia !
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 16-05-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas para a obtención do permiso de conducir. Clase B
Onte saiu publicado no DOG.Núm. 91 a,

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que
rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e
favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa
convocatoria.


Déixovos o enlace:

CARNET de CONDUCIR B
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-05-2012 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
30 sacos de lixo na Atalaia
O pasado sábado 12 de maio, volvemos a retomar o proxecto “MÓVETE NATURA”, iniciado no 2010, baseado na limpeza e conservación da natureza na Comarca de Verín. Para elo levamos a cabo a 1ª ruta ecolóxica do 2012: Atalaia, na que participaron 10 persoas voluntarias, todas participantes xa no ano anterior, agás unha persoa nova que se uniu ao proxecto este ano.

Partimos ás 10.00 h. da mañá de San Lázaro e subimos camiñando por Monterrei ata chegar á Atalaia.
Sobre ás 10.30 h. comezamos as tarefas de recollida de residuos, nun espacio moi localizado. A limpeza, realizouse fundamentalmente ao longo das cunetas do camiño da Atalaia, que se atopaban cheas de botellas e vasos provintes do botellón do magosto. A cantidade de lixo que nos atopamos neste espacio é realmente preocupante, xa que o monte parece realmente un vertedoiro non controlado. Gracias ao esforzo das persoas voluntarias, limpiouse o camiño, no que se encheron sobre uns 30 sacos de lixo, que foron recollidos posteriormente polo Concello de Monterrei.

Pero quedamos asustados/as da cantidade de residuos agochados nos matorrais, ao ir introducíndonos cara o monte. Será necesaria unha segunda limpeza nesta zona.

Queremos lanzar unha mensaxe de coidado e respeto á nosa natureza. É realmente desolador observar o estado no que se atopan os nosos montes debido a irresponsabilidade humana.

Grazas a todas e todos por participar.

“Sexamos responsables, coida o teu, o Monte é de tod@s”

“Únete ao noso grupo na próxima ruta, día 26 de maio”

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 15-05-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA DO NOSO MONTE ATALAIA

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 08-05-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- norte de Portugal )



O 2 de abril do 2012, abriuse no municipio de Monterrei o Centro de dinamización integral para as mulleres de utilización conxunta para a poboación raiana no marco do Proxecto CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal).

CEDIM é un proxecto europeo cuxa principal finalidade é promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a realización de diversas actuacións, entre as que podemos destacar a creación de catro Centros de Dinamización Integral para as Mulleres que se sitúan nos municipios galegos de Monterrei, Tui, A Cañiza e no municipio portugués de Vila Verde, nos que se prestan servizos gratuítos de información, orientación e formación para o emprego e atención social ás mulleres de ambos lados da fronteira de forma coordinada, compartindo equipamentos e servizos coa finalidade de establecer unha rede transfronteiriza de colaboración para optimizar os recursos e impulsar as políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero na fronteira galego-portuguesa.





Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 04-05-2012 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas