FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 31-05-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-05-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
VII FORO DE IGUALDADE, CARBALLIÑO 2010
“As mulleres queremos.......As mulleres podemos……”

Volve a ser o lema do Foro de igualdade, que como cada ano Femuro organiza os días 16, 17 e 18 de Abril na Residencia de Tempo Libre de Carballiño. Xa é esta a séptima edición dunha actividade que cada ano é máis concurrida, querída e valorada polas socias. A entidade pretende nestes tres días dar desposta a xérmola feminista que habita na alma das máis de 7000 mulleres que a integran, a vez que conxuga información, ocio, arte, fomento do asociacionismo, convivenvencia e posta en valor das tradicións musicais, artísticas e gastronómicas na nosa Galicia.

O Foro da Igualdade comeza o venres día 16 coa recepción das máis de 40 asociacións participantes e a proxección da película “ Las chicas de la Lenceria”, coa que se intenta incentivar o espiritu participativo das mulleres na sociedade. Procuraremos o debate sobre os estereotipos de xénero e o papel da muller como motor de desenvolvemento do rural.


O Sábado, 17 a Secretaría Xeral da Igualdade, Marta Gónzález Vázquez inaugurará as xornadas. A continuación Ana de Miguel Alvarez, profesora titular de Filosofía, Moral e Política, de recoñecido prestixio, conferenciará sobre “O Espazo e o Tempo das Mulleres”.
Pola Tarde, compañeiras da “Rede veciñal contra os malos tratos de Vigo” relatarán a súa experiencia nesta rede de axuda a muller maltratada, iniciativa perfectamente extrapolable o mundo asociativo da provincia.
A continuación, as 280 mulleres participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día a través de dinámicas de ocio.
Remataremos o día cunha velada de actuacións, música folk, degustación de productos da terra, na que as socias participantes serán as únicas protagonistas e actoras.

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 06-05-2010 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
ALBUM FOTOS FORO DA IGUALDADE 2010, Carballiño
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 03-05-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas