FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CLUB DE LECTURA


Xa temos o noso club de lectura.

O club de lectura é unha actividade aberta, dirixida a todas as mulleres que disfruten lendo e queiran compartir a súa experiencia e as súas impresións coas demais.
O noso obxectivo é fomentar a lectura como fonte de pracer e de coñecemento. Xuntarémonos periódicamente para comentar as impresións que nos producen os libros que lemos.
Teremos unha coordinadora que moderará as tertulias e será a responsable do funcionamento do club.
Un libro é un compañeiro de viaxe que nos dá plena liberdade para deixar voar a nosa imaxinación e que nos fai sentir, soñar, disfrutar do noso tempo libre.
Aínda estás a tempo de compartir esta experiencia connosco. Se che gusta ler e queres formar pare deste grupo ponte en contacto con FEMURO.
Na primeira xuntanza que tivemos acordamos ler “O NENO CON PIXAMA DE RAIAS” de Jhon Boyne.
Xuntarémonos o vindeiro luns, 8 de xuño para comentalo.



Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 26-05-2009 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 26-05-2009 18:10
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE ATENCIÓN A INFANCIA 2008
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) entregará hoxe, día 19 de maio, ás 17.30 horas, os diplomas correspondentes ao Curso de Atención á Infancia. Acción formativa de 200 horas de duración, celebrada en Verín entre o 22/09/2008 e o 14/11/2008, que estivo subvencionada polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e polo Fondo Social Europeo no marco das axudas dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción e á formación de mulleres.

Mª Teresa Cid Morales Presidenta de FEMURO entregou os diplomas as 13 alumnas participantes da Comarca de Monterrei, que superaron con éxito este curso que as capacita para traballar na atención de menores en domicilio, en actividades extraescolares, recreos, excursións e transporte escolar.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense procura a través da promoción destes itinerarios formativos fomentar a inserción laboral feminina nos novos xacementos de emprego así como profesionalizar o ámbito dos coidados, ocupación tradicionalmente asignada ás mulleres e pouco recoñecidas socialmente por circunscribirse ao ámbito doméstico ou privado e ao non ter asignado valor económico; incentivando, deste xeito, a ruptura coa tradicional xerarquización de tarefas ou traballos e espazos atribuidos aos diferentes sexos para favorecer a igualdade real e de oportunidades entre mulleres e homes.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 21-05-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas