FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PROGRAMA RECICLAXE VITAE
Obra social la CaixaFEMURO está a levar a cabo o PROGRAMA RECICLAXE VITAE coa colaboración de obra social LA CAIXA.
Un proxecto de inserción sociolaboral que ofrece unha alternativa e apoio a todas aquelas persoas que necesiten reaxustar os seus estudos ao novo sistema de certificados de profesionalidade.
Deste xeito as persoas formanse para a obtención das competencias clave (convocadas pola Xunta de Galicia).

O proxecto leva aparellado un itineraio personalizado de inserción, para faciliar a integración laboral evitando deste xeito a exclusión e mellorando a súa integración sociolaboral.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 27-03-2013 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECER INICIATIVAS NO RURAL E CAMIÑAR POR LUCUS AUGUSTI

Verín, 21 de Marzo 2013

Amigas:

Motivadas polas iniciativas das que tivemos conta nas pasadas “Xornadas de desenvolvemento rural” argalladas por FEMURO no Carballiño (2012), e vivir de preto as iniciativas emprendedoras das mesmas, VAMOS VISITAR GRANXA MARUXA en (Monterroso) e completar o día coa visita a cidade LUCUS AUGUSTI (LUGO) como actividade cultural e de aprendizaxe da cultura da terra.

O desprazamento será, o vindeiro 27 de abril emprazámosvos para coñecer a comarca da Ulloa e visitar a Granxa Maruxa, unha Granxa de vacas ecolóxica, con imaxe renovadora e cun encanto particular, o proceso de elaboración das recoñecidas “Maruxas de Nata”.
Coñeceremos despois dunha comida de confraternidade e ledicia no Restaurante “Porta de Santiago”, a marabillosa cidade de Lugo, cunha visión acompañada de preto polos Guías oficiais da emblemática cidade Galega.

Na xornada poderán participar 12 persoas por cada Asociación (se dalgunha asociación desexan participar máis deste numero, comunicádenolo e pasarán á reserva, e no caso de que haxa espazo, poderemos incluílas). Temos prazas limitadas.



PROGRAMA PROVISIONAL


Sábado, 27 de abril

08.30 h._Saída de Verín ( a concretar as demais paradas)
10.00 h.- Parada para café
11.30 h. _ Chegada Granxa Maruxa e Visita as instalacións
13.30 h._Saída para Lugo
14.30 h. _ Xantar (Restaurante “Porta de Santiago”)
16.00 h. _ Visita Lugo con Guía Oficial.
19.00 h_ Volta para casa







Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 25-03-2013 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
ALFABETIZACIÓN DIXITAL CON DETALLE
Hoxe traballamos con moito xeitiño, para empregar a tecnoloxía, facendo un agasallo para pos papid, avos, Xosés, nunha data sinalada cun detalle dende o corazón dos peques que propuxeron a actividade

Empregamos:

Google e Word
Cortamos e pegamos
Insertamos Imaxenes
Bordes de páxina


¡Todo con cariño, para un agasallo impreso!.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-03-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
8 de MARZO
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 8 DE MARZO
Dende o pasado día 5 de Marzo e como un mais dos actos que enmarcan as actividades que FEMURO realiza para conmemorar a data(DÍA DA MULLER), estase a expoñer na Vila do Carballiño, na súa praza de Abastos, a exposición fotográfica "FIESTRAS".

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 13-03-2013 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas