FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CURSO DE XABÓNS ARTESANAIS E TERAPEÚTICOS
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), ten previsto realizar un CURSO DE XABÓNS ARTESANAIS E TERAPEÚTICOS,
no seu local social en Verín (Camiño Vello de Sousas nº26, baixo)
Neste curso aprenderemos o proceso de elaboración de xabóns artesanais de diferentes tipos: avena e mel, aloevera, lavanda, rosa mosqueta e karité, chocolate e menta, arroz e canela, etc. Todos eles elaborados con aceites (oliva, jojoba, xirasol, améndoas, manteca de cacao,...) e productos naturais.

¡APUNTÁDEVOS!

A xente interesada en inscribirse, chamar ós teléfonos: 988411390/699415810 ou achegarse ao local de FEMURO (Camiño Vello de Sousas, nº26 baixo. Verín)
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 20-03-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
DIA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado sábado 10 de marzo, máis de 150 mulleres da comarca de Monterrei xuntáronse para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Un día por todas e todos coñecido, por reivindicar os dereitos e liberdades das mulleres. Uns dereitos que estaban relegados a un segundo plano, primando os dos homes sobre os das mulleres. Diferencias laborais, culturais , sociais, políticas e educativas que se manisfestaban e se siguen manifestando nunha total desigualdade entre homes e mulleres.

Dende FEMURO, este ano, para conmemorar este día organizouse unha xornada na que as mulleres participantes puideron disfrutar dunha representación Teatral a cargo da Asociación de MM.RR A Lama de Queirugás (Verín-Ourense) “O Mundo ó Revés”. Unha comedia que reflexa a realidade das desigualdades ás que estamos sometidas as mulleres.

Tras a obra, algunhas mulleres desta Asociación recitaron poemas de Rosalía de Castro adicados a este día.

Para rematar a Xornada, todas as mulleres disfrutaron dun xantar de confraternidade, no que puideron comentar e compartir experiencias sobre a importancia de conmemorar este día, a importancia de reivindicar os nosos dereitos, e a necesidade de seguir loitando por acadar unha igualdade real. Para amenizar o xantar desfrutamos dun pequeno concerto de Pandeireta realizado por ás asociacións San Pedro ( Queizas), Adiante (Xironda), Santa María de Tamagos.

¡¡¡¡ Grazas a todas por participar !!!

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 13-03-2012 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos o 8 de Marzo coas nenas e nenos do COLEXIO AMARO REFOJO



O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, este ano FEMURO tivo a oportunidade de colaborar co CEIP Amaro Refojo na celebración deste día. Para iso, durante unha hora traballamos cun grupo de 80 nenos e nenas para que analizaran e reflexionaran sobre este día.

A dinámica consistiu na elaboración dunha pancarta-mural, na que quixemos reflexar a importancia desta data. Por grupos fixeron diversas actividades que culminaron na montaxe do mural e análisis do tema entre todos/as.

As conclusións dos/as rapaces foron realistas e ó mesmo tempo sorprendentes, analizaron as profesións estereotipadas como masculinas e femininas, chegando á conclusión de que tanto homes como mulleres poden desempeñar calquera traballo ou profesión.

Tamén quixemos resaltar o papel da muller dentro e fora da casa, a percepción que teñen os/as nenos/as do papel que xogan PAPÁ e MAMÁ, sobre quen recae maior peso e responsabilidade.

A actividade rematou co mural pendurado da parede do Centro, facéndoa visible para todos e todas.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 09-03-2012 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
PEGADAS DE MULLER
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 08-03-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra do traballo de Colectivo Violeta
Exposición Colectiva Artistas Ourensanas
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 08-03-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Compartimos este decálogo
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 08-03-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Actividade co CIMM de VERIN

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 08-03-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 05-03-2012 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas