FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 08-03-2010 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
¿Por que o 8 de marzo?
Varias versións sobre a elección deste día, e varias manifestacións feministas, ocorridas en diversas partes do mundo foron dando forma o que hoxe é “Día internacional da Muller Traballadora”:

A versión mais coñecida é a dun incendio ocorrido nunca fábrica téxtil en Nova Iork en 1857onde morreron queimadas as obreiras que facían folga.
Un día 8 de marzo de 1857 unha marcha pioneira de obreiras do téxtil percorreu os suburbios ricos da cidade de Nova Iork para protestar polas miserables condicións de traballo.
Tamén se di que o mesmo día de 1908 tamén en Nova Iork comezou unha folga de obreiras tamén do téxtil reclamando a igualdade salarial, a diminución da xornada a 10 horas e permiso dun tempo para lactancia.
O Día Internacional da Muller foi instaurado en 1910 pola alemana Zetkin, integrante do Sindicato Internacional das Obreiras da Confección, durante o Congreso Internacional de Mulleres Socialistas en Copenhague (Dinamarca).
O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, conmemorando un levantamento ocorrido en Prusia nesa data. As demandas foron o dereito ao voto, a igualdade de oportunidades para exercer cargos públicos e o dereito ao traballo.
Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, mais de 140 xóvenes traballadoras, morreron nun tráxico incendio da fábrica Triangle Shirtwaist Company na cidade de Nova Iork. Este suceso tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que produciron o desastre.
No marco dos movementos en pro da paz que xurdiron en vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo do ano seguinte (1914) para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.
Foi en decembro de 1977 cando a Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o acordo proclamando o Día 8 de marzo coma festa internacional da muller, e en 1995 celebrouse a IV Conferencia Mundial da Muller en Beijing.

Sobre datas, feitos e movementos, son xa varias as historiadoras que adicaron os seus estudos a investigación sobre o tema que nos ocupa.
Podemos falar de Isabel Álvarez González que na publicación “Los orígenes y la celebración del Día Internacional de la Mujer, 1910-1945 (KRK-Ediciones, Oviedo, 1999) comenta que o incendio que se vincula coa celebración da data non foi o 8 de marzo, senón o 25 de marzo de 1.911, poucos días antes da celebración do primeiro Día Internacional da Muller. Segundo a historiadora canadense Renée Côté, non existen probas documentais de que un incendio desas características se producira ese ano(1.908), nin que ese feito fora un motivo para establecer unha xornada internacional das mulleres.
Segundo outras fontes, as manifestacións as que moitas veces se alude, non ocurriron o 8 de marzo de 1.908 nin de 1857, senón o 27 de setembro de 1909; a partir de novembro de 1908, segundo outras fontes, no marco dunha folga de máis de trece semanas de duración que as empregadas do sector téxtil realizaron en East Side en Nova Iork, participaron máis de 20.000 mulleres, durante as 13 semanas padeceron fame, ataque de esquiroles, detencións (máis de 600), despidos... pero conseguiron as peticións reclamadas. O 8 de marzo de 1909, convocouse unha manifestación esixindo, de novo, melloras de condicións para as mullleres emigradas e abolición da explotación infantil, así como o dereito o voto das mulleres.
As historiadoras Liliane Kandel y François Picq, afirman que o mito que sitúa a manifestación do 1857 foi creado no 1955 para eliminar o carácter comunista que máis tarde adquiriría o Día Internacional da Muller.
Aínda así, tal e como recoñece a historiadora Mari Jo Buhle na súa obra “Women and American Socialismo 1870-1920 (As mulleres e o socialismo norteamericano 1870-1920), o incencio de Triangle Shirtwaist Compay foi dunha grande transcendencia na historia social dos Estados Unidos e do movemento obreiro e feminista, o dar morte ás obreiras en 1911, o ano anterior ó mesmo, tiñan protagonizado a primeira folga levada a cabo exclusivamente por mulleres na demandas das melloras na súa situación laboral.

Como podemos ver en todos os parágrafos anteriores, son moitas as datas que se barallan, moitos os feitos, e quizais, non todos se celebraron no mesmo mes de marzo, nos días que se nomean, pero no que si coinciden en que todos son movementos feministas na loita por acadar unhas condicións laborais máis xustas e equitativas, e por conquerir a igualdade da muller.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 04-03-2010 19:51
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 04-03-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 04-03-2010 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL NO SECTOR DA LIMPEZA

Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 04-03-2010 17:51
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 04-03-2010 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas