FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a Secretaría Xeral da Igualdade organizou unha ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “Camiño ao respecto” hoxe domingo 22 de novembro, na que FEMURO participou coas súas asociacións de mulleres rurais e alumn@s do curso de competencias clave, para loitar xunt@s pola igualdade e a xustiza.

A andaina saiu dende o Monte do Gozo CAMIÑO AO RESPECTO ata a praza do Obradoiro (unha distancia aproximada de 5 km).

Este acto finalizou na praza do Obradoiro coa lectura dun manifesto contra a violencia de xénero.

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 22-11-2015 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
TOD@S SOMOS ELAS: MARÍA ISABEL FUENTES e MARÍA DE FÁTIMA MACHADO

As actividades que se van levar a cabo a semana do 21- 25 de Novembro en contra da violencia de xénero son as seguintes:

21 e 22 de Novembro: Miradas sen violencia. Xornadas de Fotografía Aula Cemit, Casa da Cultura de Verín.

23 de Novembro: Sensibilización en contra da violencia polas rúas de Verín e na feira.
Autodefensa persoal para mulleres vítimas.

25 de Novembro: Sensibilización ‪#‎nosodoenosgolpes‬, na vila
Ás 20:30 h. Concentración diante do Concello coa participación de grupos sociais e lectura de un manifesto.
Comentarios (1) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 18-11-2015 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2015
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), levou a cabo esta fin de semana do 7 e 8 de novembro as Xornadas de Desenvolvemento Rural no balneario de Laias (Cenlle), contando coa colaboración da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e o Fondo Social Europeo.

Estas Xornadas acolleron a máis de 150 mulleres, pertencentes a diferentes asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense, integradas en FEMURO.

O obxecto destas xornadas foi dar a coñecer diferentes iniciativas empresariais no rural galego.

O eixe central das xornadas tivo lugar o domingo día 8, ás 11.30 h. e comezou coa inauguración das mesmas a cargo de Dna. María Amparo González, Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Posteriormente houbo unha mesa de experiencias coas seguintes ponencias:

-“Novos aproveitamos do medio rural”, con Alfonso Rodríguez Udías, un xoven que decidiu apostar polo rural e invertiu nunha plantación de oliveiras na comarca do Ribeiro.

-“Agricultura ecolóxica: conservas”, con Juan Antonio Estévez Álvarez , xerente de “Terra de Baronceli”, empresa de agricultura ecolóxica situada en Vilaza , na comarca de Monterrei.

As Xornadas foron clausuradas por: Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade e unha representante da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.


Contamos tamén coa presenza de Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, deputada de igualdade da Deputación de Ourense e o Alcalde de Cenlle, D. Gabriel Alén Castro.


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 12-11-2015 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas