FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-11-2012 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Desenvolvemento do Acto contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
o día 23 de Novembro.

Concello de Verín e Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-11-2012 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIA PROFESIONAL
procedemento de recoñecemento de experiencia profesional
Comentarios (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 26-11-2012 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
ACTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
CartazHoxe ás 20.00 horas CONCENTRACION
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-11-2012 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DAS XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO



Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 21-11-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Desenvolvemento Rural (2012)
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Carballiño, 17 e 18 de Novembro de 2012.




Os vindeiros días 17 e 18 de Novembro, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural na Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia en O Carballiño. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo do rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprededoras.

As Xornadas comezan o sábado día 17 coa recepción das participantes que se desprazaran dende fora da comarca para asistir as mesma, e posteriormente se reúnen nun xantar de confraternidade coas mulleres asistentes da comarca do Carballiño. A inauguración das xornadas serás as 16.30 da tarde. A continuación as disertacións sobre as “Formas de Vivir no Rural Galego”, no que escoitaremos as de Experiencias protagonizadas por dúas mulleres do rural galego, neste caso dúas experiencias levadas a cabo na provincial de Lugo.

Dna. Marta Álvarez , de “Granxa Maruxa”, e Dna. Mª Jesús Exposito de “Cooperativa Milhulloa”, ambas iniciativas, xa recoñecidas e premiadas en varias ocasións. Estas mulleres contarannos as súas experiencias de comezos duros e camiñar esperanzador, que deixan ver que unha vida no rural é sostible e posible, que o rural ten perspectivas laborais de futuro, non sen deixar loita e dubidas no camiño, sen ter tempos duros, pero, sí con pasos que como os destas mulleres demostran que o rural pode ser unha saída a tan nomeada crise.

Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.
Rematado este acto, unha visita a Vila do Carballiño, fará visible os encantos que esta poboación pode ter para o visitante e remataremos o día cunha velada de confraternidade.

O Domingo 18 disfrutaremos dunha andaina matutina percorrendo o parque municipal e parte do Camiño do Arenteiro, nun xeito de mellorar a saúde e de animar o movemento.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 14-11-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA


CLUB DE LECTURA DE FEMURO

Aquí estamos de novo co noso club.
Este ano empezamos forte. Somos un importante grupo de mulleres que nos reunimos todos os últimos luns de cada mes para comentar os libros que lemos.
O mes pasado lemos o libro de Rosa Aneiros. “RESISTENCIA”, que nos proporcionou unha interesante visión da realidade socioeconómica e política de Portugal en gran parte do século XX. A través dos personaxes da novela vivimos a miseria, a desigualdade e a realidade dos cárceres fascistas dos ditadores portugueses Salazar e Caetano.
Este mes lemos un novo libro: “PALMERAS EN LA NIEVE “ de Luz Gabás. Unha nova aventura na que nos adentraremos e da que vos invitamos a participar.
Lembrade que a lectura fainos libres.
Rosa
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 08-11-2012 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas