FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES


GRADÚA A TÚA VISTA (CIM-FEMURO)
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-11-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
VII FORO DA IGUALDADE (5 e 6 de novembro de 2011)
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) organizou durante a fin de semana do 5 e 6 de novembro na Residencia de Tempo Libre de Panxón o VII Foro de Igualdade, no cal participaron 150 mulleres rurais pertencentes ás diferentes asociacións do ámbito rural ourensá.

Dna. Mª Teresa Cid Morales, Presidenta de FEMURO, inaugurou o acto e presentou a Dna. Purificación Álvarez Villamarín, pertencente a Unidade contra a violencia contra a muller de Ourense, que impartiu unha conferencia sobre “Muller rural e violencia”. A violencia de xénero ou violencia machista é unha lacra con moita presenza no medio rural, e pretendeuse, a través da conferencia coñecer cal é a situación real das mulleres que sofren violencia de xénero, resaltando cales poden ser as causas, e sobre todo que poden facer fronte a ésta, e como a través das asociacións podemos axudar a mulleres que sofren esta violencia a mans das súas parellas ou familiares varóns.

Tras rematar a ponencia de Dna. Purificación, as mulleres participaron nunha rolda de preguntas que creou un debate moi participativo, onde puxeron de manifesto as súas inquedanzas e pensamentos, algunhas mesmo deron lugar a emotivas exposicións por parte de mulleres que viviron moi perto situacións de maltrato sexista.

Tras rematar a conferencia, as técnicas de FEMURO dirixiron unhas dinámicas grupais onde non só nos divertimos moitísimo, senón que nos achegamos entre nós, fortalecendo os lazos afectivos que unen as mulleres que forman parte deste tecido asociativo tan importante e tan implicado na problemática das mulleres no medio rural como as asociacións de mulleres rurais da provincia de Ourense.

Como nota festiva da fin de semana, tras unha longa e dura deliberación por parte do “profesional” xurado do concurso “MULLER, TI SI QUE VALES!!!” repartíronse os premios á mellor canción, ao mellor baile e inclusive á mellor interpretación... non paramos de rir e de pasalo ben toda a noite, disfrutando tamén dos produtos caseiros que cada asociación compartiu na velada nocturna.

Coma remate a unha fin de semana no que as participantes traballaron a reo, a compañía teatral “A ZARABANDA” fíxonos rir, reflexionar, e case chorar a través da súa representación “XENITAIS” unha obra transgresora que, tendo como fondo a violencia sexista que sofremos as mulleres o longo destas últimas décadas, trasladounos a situacións que moitas mulleres das presentes recordan como demasiado cercanas, transmitindo a súa vez un pulo de enerxía positiva que tanta falta fai nestes tempos que corren.

Tras o rotundo éxito desta fin de semana, podemos dicir que o Foro da Igualdade continúa medrando, incorporando o traballo de novas temáticas e convocando cada vez máis asociacións, que se senten atraidas e implicadas por temas tan importantes como o que envolveu esta nova edición do FORO. Moitas grazas a todas as presentes por participar.
Comentarios (1) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 17-11-2011 14:29
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (1) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 16-11-2011 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas