FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O vindeiro xoves, 25 de novembro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No que vai de ano 64 mulleres foron asesinadas no noso país, sendo este o resultado máis grave e terrible da desigualdade de xénero, fenómeno que afecta a todos os ámbitos da sociedade e que se manifesta nas súas dificultades para a conciliación da vida laboral e persoal, nas maiores taxas de paro, ou na discriminación salarial e na súa escasa participación nos órganos de poder.

Por todas estas razóns, a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense en colaboración co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín ten prevista a organización dunha acto para ese día, ás 20.00 horas da tarde na Praza García Barbón de Verín baixo o lema “ Eu non son cómplice”, co obxecto de amosar o compromiso e implicación do conxunto da cidadanía na denuncia da violencia machista e de todas as formas de discriminación ou desigualdade por razón de xénero.

Neste acto as persoas participantes leerán frases sobre formas de actuar, sentimentos e emocións ante a violencia de xénero. Estas frases foron elaboradas polas rapazas e rapaces dos Centros Educativos de Verín, as mulleres que participan nos nosos cursos ou calquera persoa que queira deixar a súa reflexión ese día.

Desde as entidades organizadoras solicítase a colaboración e participación de toda a poboación.



NOVA NA WEB DO CONCELLO DE VERÍN
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 23-11-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 03-11-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas