FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES


Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 22-10-2010 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
MULLERES DA RAIA, O MÉRCORES 27 NA CASA DA CULTURA DE VERÍN

Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 21-10-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
PROXECTO ABRIENDO VIAS ( PIAMFMI)


Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, levará a cabo dende o día 1 de outubro de 2010 ata o 30 de setembro de 2011, un proxecto “Abriendo Vías”( PIAFMI), en colaboración coa FUNDACIÓN OBRA SOCIAL LA CAIXA, presentado á Convocatoria 2010 de Loita contra a pobreza e a exclusión social de concesión de axudas para a realización de proxectos dirixidos a cubrir as necesidades básicas e psicosociais das persoas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

Co presente proxecto pretendese prestar información, formación e fomentar o autoemprego co propósito de elevar o nivel de preparación das mulleres inmigrantes, de modo que posibilite o seu acceso ao mundo laboral, todo o cal revertirá directamente na mellora da súa calidade de vida.

O proxecto “Abriendo Vías" inclúe por unha banda, un Servizo de información, orientación e esesoramento sociolaboral, que prestará información sobre recursos existentes na comunidade, fontes de empleo, empresas que demandan traballo, líneas de axuda...; por outra banda un Curso formativo de incorporación sociolaboral, nunha primeira fase traballáranse habilidades sociais e atención persoal, nunha segunda daráselles formación sobre asesoramento para a busca activa de emprego por conta propia (realización de curriculums, cartas de presentación ou autocandidatura, pautas para superar as entrevistas ou procesos selectivos..); e por último un Servizo de formación en autoemprego que consistirá nun seminario que ofrecerá información a todas aquelas inmigrantes participantes que teñan algunaa idea de negocio, co propósito de intentar motivar a este colectivo, transmitindo a idea de que moitas mulleres poden axustarse ao perfil de persoas emprendedoras.
Comentarios (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 21-10-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA MULLER RURAL EN SARREAUS
Organizou a Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus e contamos coa participación da Secretaria Xeral de Igualdade e mais autoridades provinciais e locais.


NOVA NA WEB DA SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE




FOTOS DIA DA MULLER RURAL
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 11-10-2010 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
FEMURO CONTA CUNHA ORIENTADORA LABORAL

FEMURO, conta dende o día 1 de agosto cunha nova figura dentro da súa equipa laboral: unha orientadora laboral, coa colaboración da Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Esta figura de orientadora laboral está integrada dentro da rede do Servizo Público de Emprego de Galicia e polo tanto é complementaria aos servizos que se ofrecen dentro do mesmo.

Os cambios de carácter económico, social e laboral que se veñen producindo nos últimos anos, coas novas introducidas no sistema educativo e a aparición de profesións emergentes e novas fontes de emprego, xustifican a necesidade da orientación laboral, como un proceso continuado, especialmente dirixido a persoas desempregadas pero do que tamén poden participar persoas ocupadas para afrontar aspectos que afectan a súa situación laboral.

Esta orientadora ubicase no local de FEMURO en Verín e as funcións a destacar que desenvolve, son as seguintes:


 Establecer un plan de traballo inicial coa persoa demandante de emprego para axudala no proceso de búsqueda de emprego.
 Determinar os obxectivos profesionais da persoa demandante para orientar as súas actuacións e avaliar o seu éxito.
 Explorar as competencias xerais e profesionais da persoa demandante
 Potenciar a motivación e autonomía da persoa demandante na búsqueda de emprego
 Manter un profundo e complento coñecemento do mercado de traballo do seu entorno, para empregar esta información en benenefico da persoa orientada no propio proceso de orientación laboral

O proceso de orientación laboral basease na atención individualizada, que se formaliza a través da entrevista ou entrevistas sucesivas.

Cada persoa que acude a orientación laboral se lle proporciona un asesoramento inicial para aproximar un plan de traballo e despois valorar a súa inclusión nun itinerario a través do cal se potencian os recursos e competencias da persoa demandante que lle permitan tomar decisións en relación ao seu futuro laboral.
Comentarios (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 06-10-2010 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
SENSIBILIZACIÓN-EDUCACIÓN EN IGUALDADE

A Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO) en colaboración coa Fundació AgrupacióMútua está a levar a cabo nos centros educativos de Verín “I.E.S. Xesús Taboada Chivite” e “I.E.S. Castro de Baronceli” o Proxecto de sensibilización social en centros educativos: convivencia escolar e prevención da violencia de xénero.
Os obradoiros que comezaron o pasado día 4 de outubro, tratan de fomentar a sensibilización social do alumnado en cuestións de xénero, igualdade e co-educación para previr tanto a violencia de xénero como a violencia escolar.

As accións que se realizarán entre o alumnado de 1º e 2º da E.S.O. implican a elaboración e distribución de material didáctico sobre co-educación, igualdade e resolución non violenta de conflictos a través de diferentes xogos, dinámicas de roll-play, etc.

Nos diferentes módulos que se impartirán, traballarase a interacción entre o alumnado, a importancia da cooperación no grupo así como a mellora da autoestima, o autoconcepto e as habilidades sociais. Esta serie de obradorios ocuparán as horas de titoría en ambos centros ao longo do primeiro trimestre e terá o seu punto álxido o 25N “Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres” no que as rapazas e rapaces de ambos centros se xuntarán nunha actividade común onde reinvindicarán o fin desta lacra social.

Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 06-10-2010 17:07
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-10-2010 16:58
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-10-2010 16:52
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 06-10-2010 16:47
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 06-10-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas