FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Axudas para a obtención do permiso de conducir. Clase B
Onte saiu publicado no DOG.Núm. 91 a,

ORDE do 4 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras que
rexen as axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clase B e
favorecer a seguridade viaria dos mozos e mozas galegos, e se procede á súa
convocatoria.


Déixovos o enlace:

CARNET de CONDUCIR B
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-05-2012 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
30 sacos de lixo na Atalaia
O pasado sábado 12 de maio, volvemos a retomar o proxecto ?MÓVETE NATURA?, iniciado no 2010, baseado na limpeza e conservación da natureza na Comarca de Verín. Para elo levamos a cabo a 1ª ruta ecolóxica do 2012: Atalaia, na que participaron 10 persoas voluntarias, todas participantes xa no ano anterior, agás unha persoa nova que se uniu ao proxecto este ano.

Partimos ás 10.00 h. da mañá de San Lázaro e subimos camiñando por Monterrei ata chegar á Atalaia.
Sobre ás 10.30 h. comezamos as tarefas de recollida de residuos, nun espacio moi localizado. A limpeza, realizouse fundamentalmente ao longo das cunetas do camiño da Atalaia, que se atopaban cheas de botellas e vasos provintes do botellón do magosto. A cantidade de lixo que nos atopamos neste espacio é realmente preocupante, xa que o monte parece realmente un vertedoiro non controlado. Gracias ao esforzo das persoas voluntarias, limpiouse o camiño, no que se encheron sobre uns 30 sacos de lixo, que foron recollidos posteriormente polo Concello de Monterrei.

Pero quedamos asustados/as da cantidade de residuos agochados nos matorrais, ao ir introducíndonos cara o monte. Será necesaria unha segunda limpeza nesta zona.

Queremos lanzar unha mensaxe de coidado e respeto á nosa natureza. É realmente desolador observar o estado no que se atopan os nosos montes debido a irresponsabilidade humana.

Grazas a todas e todos por participar.

?Sexamos responsables, coida o teu, o Monte é de tod@s?

?Únete ao noso grupo na próxima ruta, día 26 de maio?

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 15-05-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
LIMPEZA DO NOSO MONTE ATALAIA

Comentarios (0) - Categoría: NATUREZA E PROTECCIÓN - Publicado o 08-05-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- norte de Portugal )



O 2 de abril do 2012, abriuse no municipio de Monterrei o Centro de dinamización integral para as mulleres de utilización conxunta para a poboación raiana no marco do Proxecto CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal).

CEDIM é un proxecto europeo cuxa principal finalidade é promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a realización de diversas actuacións, entre as que podemos destacar a creación de catro Centros de Dinamización Integral para as Mulleres que se sitúan nos municipios galegos de Monterrei, Tui, A Cañiza e no municipio portugués de Vila Verde, nos que se prestan servizos gratuítos de información, orientación e formación para o emprego e atención social ás mulleres de ambos lados da fronteira de forma coordinada, compartindo equipamentos e servizos coa finalidade de establecer unha rede transfronteiriza de colaboración para optimizar os recursos e impulsar as políticas de igualdade e de prevención da violencia de xénero na fronteira galego-portuguesa.





Comentarios (0) - Categoría: ATENCIÓN ESPECIALIZADA - Publicado o 04-05-2012 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DO LIBRO
Dende Femuro Carballiño;

http://www.blogoteca.com/conectadas/
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 23-04-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
CLUB DE LECTURA DE FEMURO
O noso club de lectura segue en marcha. Estamos lendo o libro ?Las vírgenes del Paraíso? de Bárbara Wood. Libro que nos transporta a Exipto e no que coñecemos a realidade da muller musulmá neste país ao longo de varias xeracións a traveso do século pasado.
Xa falamos moitas veces das enormes posibilidades que nos pode ofrecer un libro. Hoxe quero lembrar un texto escrito por Caballero Bonald sobre a lectura.

Ler, vivir:
O libro é un acompañante fiel e un confidente sempre disposto non xa a mostrarnos unha e outra vez a súa intimidade, senón a oírnos? Quen le vive máis, descobre outras vidas, nunca está só/a. Ler equivale a elexir unha aventura de múltiples compensacións imaxinativas. A súa variedade de sensacións e suxerencias contribúe a guiarnos polo camiño da liberdade. Incluso pode ser un bo antídoto contra calquera sombra de intolerancia. E se un libro non nos deixa algo, se non nos agrada e nos divirte, sempre quedará a opción de buscar outro. Ler non debe ser nunca unha obriga, unha imposición, senón a libre e persoal maneira de elexir esa compañía pracenteira que un libro pode proporcionarnos.

Animámosvos a todas a participar nesta aventura e lembrámosvos que nos xuntamos todos os últimos luns de cada mes ás 17: 15 no local de FEMURO.


Rosa
Comentarios (0) - Categoría: PROMOCION CULTURAL - Publicado o 19-04-2012 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
CONFERENCIA TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN
Conferencia-Coloquio:

NENOS E NENAS ADOLESCENTES E ADULTOS CON TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN: TDAs


Imparte D. MANUEL GARCÍA PÉREZ, Pisólogo e un dos maiores expertos neste tipo de trastornos.

Dirixida a toda a poboación, en especial as persoas con problemas de rendimento académico, laboral, relacións sociais, familiares, autoestima, e problemas de conducta, e a tódolos profesionais de educación, sanidade, sociais, xustiza, etc.


Este Xoves 19 ás 19:30 hrs. no Salón de actos da Casa da Cultura do Concello.





Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 17-04-2012 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA ANDAINA O FIN DE SEMANA

¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !
Comentarios (0) - Categoría: DEPORTE - Publicado o 16-04-2012 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE GALEGO
Xa comezamos o curso de Galego para persoas extranxeiras, é os Martes e Xoves.

Se es extranxeiro/a e queres aprender o noso idioma, non o dubides, apúntate!

Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 12-04-2012 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
ANDAINA



¡¡¡ ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
Comentarios (0) - Categoría: DEPORTE - Publicado o 12-04-2012 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [22]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0