FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
Voluntarias pertencentes o programa ?Conecta xoven?, un programa de aprendizaxe-servizo, impartiron formación, a principios do mes de Xuño, sobre Internet Segura @s alumn@s de 1º de ESO do I.E.S Xesús Taboada Chivite.
Estas voluntarias foron as responsables de formar e fomentar n@s pre-adolescentes o uso constructivo, creativo e crítico das TIC para que sexan el@s mesm@s @s que transmitan a búsqueda da disminución dos factores de vulnerabilidade e o aumento das súas capacidades de autoprotección.
Esta formación ten por finalidade que @s pre-adolescentes estén preparad@s para protexerse fronte a posibles riscos; que aprendan as formas nas que os seus dereitos poden ser vulnerados e que coñezcan pautas saudables para interactuar a través de diferentes dispositivos electrónicos, Internet e ferramentas web 2.0.
Os contidos desta formación incluiron consideracións coas que deben contar para que ó interactuar a través das TIC poidan previr situacións de risco, discriminar os contidos adecuados dos que non o son, contribuindo a que obteñan ferramentas para analizar de forma crítica os mensaxes ós que teñen acceso.
A formación tratou temas como: ¿Qué sabemos de seguridade en Internet?; hábitos responsables no uso de Internet e a web 2.0; riscos vinculados ó uso de Internet: cyberbulling, grooming, sexting, phishing, etc; normas e consellos sobre un uso responsable e actitudes e valores na rede.
A formación foi todo un éxito, porque @s pre-adolescentes estaban moi interesad@s no tema e participaron en todo momento coas voluntarias facendolle preguntas e consultando dudas que tiñan sobre problemas na rede.
Continuaremos con esta formación para o curso que ven!!!!!
O Cedim de Monterrei organizou unha charla informativa que se realizou na Casa da Cultura de Albarellos. Trataronse dous temas importantes; na primeira parte da charla informouse a groso modo sobre aspectos importantes da lei 248/07 do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Facendo incapé, para que as parellas de feito teñan reconecidos os seus dereitos é imprescindible inscribirse no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa que a lei só reñoce as parellas de feito que están inscritas neste Rexistro. Para máis información e casos concretos ou dúbidas pódevos en contacto co Cedim de Monterrei.
Na segunda parte da charla explicouse a importancia que ten hoxe en día ter o certificado de profesionalidade. Esté é un documento que acredita a unha traballadora ou traballador unha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Son emitidos polo Servicio Público de Emprego Estatal (S.E.P.E.). O plazo para obter o certificado de profesionalidade foi ampliado é podense presentar as solicitudes hasta 2015. Os tramites realizanos os traballadores sociais dos vosos respectivos concellos que vos explicaran o proceso para obter o certificado de profesionalidade, que consta de catro fases; Solicitude, Asesoramento, Evaluación e Resultado.
Esperamos novas charlas tan interesantes como estas por parte do Cedim de Monterrei.
Noraboa é bo traballo.
Para máis información;
988.418.002
988.418.789
Email: cedimmonterrei@gmail.com
Esta fin de semana, os días 9 e 10 de xuño de 2012, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza a novena edición do Foro da Igualdade, que ten lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia). Este foro aglutina a 16 asociacións de mulleres rurais adheridas a FEMURO, de toda a provincia de Ourense, sendo un total de máis de 100 mulleres participantes.
Como cada ano, este foro pretende ser un espacio de encontro entre as socias, co obxecto de visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real entre mulleres e homes. Deste xeito, o foro conxuga tanto fomento do asociacionismo e formación con ocio, cultura e dinámicas grupais, propiciando un espacio de convivencia e intercambio de experiencias entre mulleres.
O Foro da Igualdade comeza o sábado 9, á 13.00 h, coa inauguración a cargo da Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella.
Este ano, o eixe central do Foro basease na temática: ?Violencia de xénero: un enfoque multidisciplinar?. Para elo, a tarde do sábado, levaranse a cabo unha mesa redonda, coa participación de 3 ponentes profesionais en diferentes ámbitos:
- Purificación Álvarez Villamarín, galardonada co VI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, concedido pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, ámbito xurídico.
- Montserrat Rodríguez Nogueiras, Guardia civil da Unidade Orgánica da Policía Xudicial (EMUME) de Ourense
- Victoria Iglesias, integrante da Marcha Mundial de Mulleres en Galicia, ámbito social
proporcionando deste xeito un enfoque multidisciplinar da violencia de xénero.
A continuación, as mulleres participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día a través de dinámicas grupais.
Remataremos o día cunha velada de actuacións, música folk e degustación de productos da terra, na que as socias participantes serán as únicas protagonistas e actoras
O domingo 10 disfrutaremos da representación teatral da obra: ?A Herdanza?, protagonizada pola asociación de mulleres rurais ?A Rubideira? de O Reino. Terminaremos as xornadas con un xantar de cofraternidade.
2 de xuño: Alto Támega: pasando por Vilela e Tintores. 10.00 h-13.00 h.
Saída da Alameda, ruta camiño ao carón do río Tamega, chegamos á Pousa, seguimos camiño arriba ao carón do río, pasamos por Vilela e finalizamos no merendero de Tintores, onde se ofreceu un almorzo aos voluntarios/as (zumos, auga, coca-cola, ... ).
Atopámonos 2 tipos de residuos:
- Por unha banda, residuos dispersos ao longo de todo o camiño: botellas, latas e envases de plásticos. Cabe sinalar que o camiño estaba bastante limpo.
- Por outra banda atopámonos con 2 vertedoiros:
O primeiro na Pousa, ao lado dunha casa que está ao carón do río: os residous atopados foron: plásticos enterrados, latas grandes de envases, tuberias, rodas de coches e motos, un asiento de coche, caixa de cerveza, alambres, somier de colchóns. Este vertedeiro o limpamos completo, e o deixamos no camiño da Pousa, para que o recollera o Concello de Verín
O outro vertedoiro, atopámolo un pouco máis adiante, moi preto deste primeiro, e alí había: trozos grandes de cerámica, resto de material de construcción, básicamente. De este recollimos soamente unha parte,porque o resto necesitaríamos unha cortadora, para a maleza, xa que moito estaba enterrado entre os matorrais e árbores.
Máis adiante, ao carón do río atopámonos, un eixe completo de coche, enterrado.
Estos vertedoiros e obxectos que non puidemos retirar, poñerémolos, en coñecemento das entidades competentes, para que tomen as medidas oportunas.
Grazas a todas e todos os que nos axudástes nesta nova Ruta.
As/os xóvenes de Verín reunironse en Valencia con xóvenes de toda España.
Como agradecemento ao traballo realizado polas/os xóvenes na 7ª Etapa do Conecta Xoven, un proxecto que involucra directamente a xuventude en tarefas de alfabetización dixital de persoas adultas do seu propio contorno, os días 18, 19 e 20 de maio tivo lugar un Encontro Estatal na casa de cultura de Burjassot, Valencia no que participaron as/os xóvenes de 13 entidadesFEMURO (Verín), A.J. Jovesolides (Paterna) ,Abierto Asturias (Avilés), YMCA (Toledo), Asociación La Rueca (Madrid), Casal la Formiga (Badalona),IES La Sisla (Sonseca), Coordinadora Abril (San Roque), IMCJB Burjassot (Valencia), Fundación Balia-Tetuán (Madrid), Fundación Balia-Latina (Madrid), Fundación Tomillo (Madrid), Guía de Isora (Tenerife) que están levando a cabo dito proxecto.
Os Obxectivos que se pretenden coa celebración deste encontro son entre outros: fomentar a participación das/os xóvenes no seu entorno local a través de ferramentas web 2.0.; sensibilizar as/os xóvenes da necesidade dun rol activo para transformación social; potenciar valores entre os/as xóvenes de solidariedade e compañerismo e reforzar as relacións entre adolescentes e entidades participantes no proxecto.
Baixo o lema ?JUNTOS nos hacemos GRANDES?, que enmarcou o encontro deste ano, as/os xóvenes participantes reflexionaron sobre a súa labor no proxecto e realizaron dinámicas para seguir crecendo xuntos/as. Os eixes de traballo foron: creatividade social, tecnoloxía sostible, prevención de condutas aditivas a través do programa ?Y tú, ¿como controlas??, xóvenes dinamizadores TIC e solidaridade interxeneracional para o envellecemento activo. Sen dúbida, cinco temas que permiten afrontar novos retos no futuro inmediato do proxecto. Pero...non todo foron actividades, as/os xóvenes puideron tamén participar nun tour por Valencia a cargo das/os seus compañeiros/as de Burjassot.
Durante os meses de maio e xuño, terá lugar a realización dos seminarios gratuítos ?Motivación Emprendedora? e ?Avaliación de Ideas Empresariais?, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.
O ?Seminario de motivación emprendedora? terá lugar o vindeiro 31 de maio, de 18 a 21 horas, e os obxectivos principais do ?Seminario de motivación emprendedora? son: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia.
Mentres que o seminario ?Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas? efectuarase os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas, na Casa da Xuventude. Os obxectivos do mesmo, dirixido a emprendedores/as e cunha duración de 15 horas, son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa.
Para participar en ambos seminarios é necesario inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (situada no primeiro piso do Concello de Verín). Para o ?Seminario de motivación emprendedora? este proceso de inscrición debe realizarse antes do 25 de maio, e para o de ?Avaliación de Ideas empresariales: xeración e maduración de ideas? finaliza o 4 de xuño.
Para máis información déixovos o enlace; SEMINARIOS
No proxecto, xóvenes de entre 15 e 19 anos enseñan a persoas adultas habilidades e competencias dixitais para mellorar a súa calidade de vida e expectativas laborais, ao mesmo tempo que ofrecen un servizo á comunidade e aprenden a arte de ensinar a outras persoas, configurando un espazo de intercambio e coñecemento interpersoal e interxeracional.
Este ano o lema "XUNTOS facémonos GRANDES" que enmarca o encontro deste ano, fai referencia precisamente a esta relación, á capacidade de camiñar conxuntamente persoas adultas e novas e Grandes no sentido de crecer, de mellorar no día a día con axuda do outro, a base da solidariedade interxeracional.