FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AVISO
Dende a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), comunicase que as Xornadas de Desenvolvemento Rural previstas para o vindeiro mes de outubro en datas (20 e 21 do mesmo), quedan suspendidas, debido a coincidencia coa xornada de reflexión e día de eleccions na Comunidade Autónoma.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 29-08-2012 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA DE CELGAS
ORDE do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican.


clikar
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 22-08-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Reseña en BARRIOS

Artigo do periódico Barrios sobre o Conecta Xoven
Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 17-07-2012 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONECTA XOVEN
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), organizou un Acto de Entrega de Diplomas o Venres 29 de Xuño as 20:00 horas na sede de FEMURO en Verín para Clausurar a 7ª Etapa do Conecta Xoven, onde xóvenes profesoras e a adult@s formad@s recibiron un diploma pola súa participación en dito proxecto.

O Conecta Xoven é un proxecto de aprendizaxe e servizo que impulsa a participación dos/as xóvenes na súa comunidade mediante accións formativas orientadas a alfabetización dixital, na cal participaron 13 xóvenes voluntarios/as de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, derivados/as do IES Xesús Taboada Chivite e do I.E.S Castro de Baronceli e 25 persoas adultas que se formaron nas novas tecnoloxías, recibindo clases dos xovénes participantes.

Este ano contamos ademáis cunha novidade: a formación sobre INTERNET SEGURA A PREADOLESCENTES, na cal participaron 99 nen@s pertencentes os cursos de 1º de ESO do IES Xesús Taboada Chivite e 20 nen@s pertencentes ós cursos que se imparten en FEMURO. Esta formación tivo por finalidade formar @s preadolescentes para protexerse fronte a posibles riscos; que aprendan as formas nas que os seus dereitos poden ser vulnerados e que coñezan pautas saudables para interactuar a través de diferentes dispositivos electrónicos, Internet e ferramentas web 2.0.
Comentarios (0) - Categoría: EN REDE - Publicado o 04-07-2012 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Probas libres ESO e BACHERELATO
FORMACIÓN: ABERTO O PRAZO PARA INSCRICIÓN DAS SEGUINTES PROBAS:
-Probas libres para a obtención do titulo en educación secundaria obrigatoria (ESO), para maiores de 18 anos. Prazo matricula: 3 e 4 setembro.


-Probas libres para a obtención do título en bacharel, para maiores de 20 anos. Prazo matrícula: 20 e 28 setembro. Se queredes máis información, acudide ao Servizo de Orientación Laboral de Femuro. Horario atención: luns de 10.00-14.00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 04-07-2012 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
LUDOTECA DE VERÁN
A Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO) está a levar a cabo a quinta edicición da ?LUDOTECA DE VERÁN?, dirixida ás nenas e nenos do rural de entre 6 e 12 anos, que comprende dende o 2 de xullo ata o 10 de agosto, por diferentes aldeas da comarca de Verín.
FEMURO desprázase durante as mañás de martes a venres ata os locais de duas asociacións de mulleres rurais da Comarca: Asoc. MM.RR. ?As Candelas?, de Pazos e Asoc. MM.RR. ?Velouxe? de Vences, para ofrecer diferentes actividades lúdico-pedagóxicas ás nenas e nenos destas aldeas. Combínanse as dinámicas e xogos populares cos seguintes obradoiros: artes plásticas, inglés, ecoloxía, baile, recursos para pequenas/pequenos excursionistas, así como a introducción en igualdade de xénero a través de xogos e dinámicas adaptados á infancia. Esta ludoteca ten un carácter itinerante e descentraliza a oferta de ocio e lecer dos núcleos urbanos, para achegala ás zonas rurais. Por outra banda, ademáis de contribuir á formación das distintas capacidades das nenos e nenas a través do xogo, a ludoteca pretende ser un servizo que axude a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e nais, sobre todo das mulleres pertencentes ás asociacións de mulleres rurais.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 04-07-2012 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
IEncontro Conectad@s ó Mundo

Encontro do día 28 de xuño na Vila de Verin. Disfrute do paixase, xuntanza de convivencia, comida saudable.




As imaxes de menores están autorizadas polos pais ou titores legais.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 29-06-2012 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
BOP (27/06/2012)
Clikade no enlace

Para os seguinte postos:
CONCELLO DE BALTAR
Convocatoria para la contratación laboral temporal de un encargado de museo (jornada a tiempo parcial). [2711/2012]
Convocatoria para la selección de dos auxiliares administrativos, en regimen de interinidad con jornada reducida. [2708/2012]


CONCELLO DO BOLO
Convocatoria para la contratación laboral temporal, por el procedimiento especial de urgencia, de dos peones de servicios múltiples por contrato eventual por acumulación de tareas. [2718/2012]
Comentarios (0) - Categoría: EMPREGO - Publicado o 27-06-2012 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTROS CONECTADAS
O vindeiro 28 de xuño, os cativos/as das aulas Conectad@s ó Mundo/FEMURO e Red Conecta/FEMURO, do Carballiño e Verin respectivamente, van a ter un encontro de coñecemento e confraternidade.
Os rapaces/zas do Carballiño van a coñecer a Vila de Verín tendo como anfitrios/nas as/os compañeiros/as que a diario se forman nas aulas das que a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense dispón en ambas Vilas.
A entidade na procura de igualdade, na axuda, formación e aseroramento da muller, na atención a lactantes e xestantes, nas actividades de mellora psicoloxía e motricidade; conta tamén con formación e actividades para que as novas xeracions vivan a solidaridade a socialización a comunicación en espazos lúdicos e de aprendizaxe como as ludotecas de Verán, as aulas móviles,,,etc.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 25-06-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
DESEXOS DO REMATE DO ENCONTRO

Deixamosvos o video dos desexos que foron remate deste encontro Conecta Xoven 2012.



¡Grazas a mocidade de conecta xoven de FEMURO, pola vosa aportación!.
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 21-06-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [22]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0