FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 26-05-2009 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE ATENCIÓN A INFANCIA 2008
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) entregará hoxe, día 19 de maio, ás 17.30 horas, os diplomas correspondentes ao Curso de Atención á Infancia. Acción formativa de 200 horas de duración, celebrada en Verín entre o 22/09/2008 e o 14/11/2008, que estivo subvencionada polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller e polo Fondo Social Europeo no marco das axudas dirixidas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción e á formación de mulleres.

Mª Teresa Cid Morales Presidenta de FEMURO entregou os diplomas as 13 alumnas participantes da Comarca de Monterrei, que superaron con éxito este curso que as capacita para traballar na atención de menores en domicilio, en actividades extraescolares, recreos, excursións e transporte escolar.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense procura a través da promoción destes itinerarios formativos fomentar a inserción laboral feminina nos novos xacementos de emprego así como profesionalizar o ámbito dos coidados, ocupación tradicionalmente asignada ás mulleres e pouco recoñecidas socialmente por circunscribirse ao ámbito doméstico ou privado e ao non ter asignado valor económico; incentivando, deste xeito, a ruptura coa tradicional xerarquización de tarefas ou traballos e espazos atribuidos aos diferentes sexos para favorecer a igualdade real e de oportunidades entre mulleres e homes.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 21-05-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
VALORACIÓN VI FORO DE IGUALDADE
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), organizou durante a fin de semana do 8 e 9 de maio o VI Foro de Igualdade na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense). Este ano, de carácter internacional, acolleu a maís de 200 mulleres de diferentes paises e localidades que tiñan en común ó residir en zonas rurais do mundo.

PARTICIPANTES: ?MULLERES?

? Mulleres de 8 asociacións da Serra de Albarracín. Con estas, estableceuse un primeiro contacto, nas localidades turolenses de Bronchales e Orihuela do Tremedal no ano 2001, cando, máis de 80 mulleres do rural da nosa provincia asistiron ao encontro co fin de intercambiar experiencias sociais e empresariais que podían extrapolarse a Ourense. Sucedéronse outras convivencias nos anos 2002, 2008 e esta última, no 2009, que se fixo coincidir co Foro de Igualdade que cada ano organiza a Federación, co fin de enriquecer os vínculos xa creados.
? Mulleres de Mozambique (África) e Nicaragua (Centro América), a súa presenza débese ao proxecto ?vínculos solidarios? que a ONG ?Axuda en Acción? leva a cabo conxuntamente coa nosa entidade dende o ano 2005 e que consiste nun intercambio entre mulleres do Estado e de diferentes continentes do Mundo para coñecer cales son as dificultades que atravesan, e entre todas buscar solución a esta problemática.
? Mulleres de 50 asociacións integradas en Femuro, do rural de Ourense, que quixeron compartir o seu saber, as súas tradicións, as súas experiencias e a súa terra con mulleres de outros lugares.

A valoración que facemos dende Femuro e moi positiva, por ter acadado nestes días obxectivos moi diverso e todos de grande interés para poder seguir camiñando cara a meta a que se dirixe a nosa andaina ? a igualdade real?.

OBXECTIVOS ACADADOS

a) Dar a coñecer a situación da muller nos diferentes lugares representados (Ourense, Serra de Albarracín, Mozambique e Nicaragua). Entre as conclusións da mesa redonda que tivo lugar o sábado pola tarde podemos destacar: 1.- Que se detecta un cambio significativo nos últimos vinte anos, destacable no terreo legal. 2.- Que difire moito a situación actual das mulleres Europeas e as de outros continentes. Alén das intervencións das mulleres de Ourense e da Serra de Albarracín as diferencias son menos relevantes, aínda que si se reflexa unha maior formación en materia de xénero das primeiras respecto das segundas.
b) Fomentar o tecido asociativo entre as participantes. O fructíferas que foron estas xornadas, as relacións creadas e a participación activa das diferentes asociacións xenerou sen dúbida algunha, impulso, rexeneración de ilusións e renovación de ideas. A convivencia permitiu que as presentes recollesen experiencias perfectamente extrapolables as súas localidades de residencia.
c) Visibilizar o papel que as mulleres teñen na sociedade e o relevante da súa presencia en tódolos ámbitos. Femuro, obsequiou ao público cun CD do proxecto pegadas de muller nos que se publican historias de mulleres do rural ?sen historia? dignas de ser mencionadas.
d) Sensibilizar ás mulleres, en materia de xénero, a través da representación teatral. O domingo, tivo lugar a obra teatral ?A segunda xuventude? representada por mulleres da asociación ?A Rubideira?, de o Reino (Piñor de Cea). Esta representación reflexa que as asociacións federadas xa teñen iniciado o camiño na formación en igualdade e non se conforman con ser meras espectadoras do cambio, senón que queren ser actoras e colaborar directamente no proceso de avance que estamos a vivir. Así esta obra é un exemplo de sensibilización en igualdade diferida dende un escenario cércano e protagonizada por nos mesmas.
e) Promoción cultural e turística da provincia. As participantes visitaron a diversidade monumental e paisaxística de Ourense (Verín, Monterrei, Allariz, Ourense, termas de Outariz, Ribadavia, Oseira).
f) Propulsar a interculturalidade. Durante a tarde do sábado as asistentes tiveron a oportunidade de coñecerse, compartir experiencias vitais, anécdotas a través de dinámicas grupais, os xogos dirixidos a fomentar a interrelación . Asimesmo, despois da cea, nun marco distendido fíxose unha mostra e degustación de productos típicos que as mulleres das diferentes asociacións participantes elaboraron (licores, doces.......). A velada estivo amenizada polo conxuro feminista da queimada, polas cantigas as que elas mesmas lles puxeron voz, e nalgún caso acompañamento instrumental (pandereteiras de Taboadela e Queizás ? que están aprendendo nunha das actividades das asociacións) nun clima de alegría e confraternidade compartiuse o folclore de cada rexión.


Para rematar só nos queda agradecer a todas as mulleres participantes o ter compartido con nos este encontro. Esperamos que os vínculos creados se vaian fortalecendo e que cheguemos a ser unha cadea longa e extremadamente forte e recia preparada para afrontar os retos que temos aí e os que están por vir.



Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 21-05-2009 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
NOVAS DO FORO INTERNACIONAL
LA REGION - O CARBALLIÑO

LA VOZ DE GALICIA

FARO DE VIGO
Comentarios (0) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 08-05-2009 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
VI FORO DA IGUALDADE

ENCONTRO INTERNACIONAL DE MULLERES
9 E 10 DE MAIO DE 2009
CARBALLIÑO


A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) organiza os vindeiros días 9 e 10 de maio o VI Foro da Igualdade.

Este encontro será de carácter internacional e reunirá na Residencia de Tempo Libre de Carballiño (Ourense) a 200 mulleres rurais do tecido asociativo de Ourense, da Serra de Albarracín (Teruel) e de países como Mozambique ? África- e Nicaragüa ?América-.

O obxecto deste Foro será o intercambio de experiencias entre as participantes sobor da a súa implicación no desenvolvemento sostible do espazo rural e na construción igualitaria da sociedade.

A presenza de representantes doutros países, nesta edición, débese á estreita colaboración que FEMURO mantén coa ONG ?Axuda en Acción? desde o ano 2005, a través do proxecto ?Vínculos Solidarios?. Dito proxecto defende a colaboración entre mulleres de realidades semellantes e de países e culturas distintas como vía de actuación para a defensa dos dereitos humáns e a promoción da igualdade.

O Foro dará comezo o sábado día 9 de maio, ás 11.45 da mañá, coa apertura e inauguración do acto a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Dona Marta González Vázquez, xunto con Dona Mª Teresa Cid Morales, Presidenta de FEMURO e Dona Ana Mª García Fernández, en representación da ONG ?Axuda en Acción? . O resto do programa das xornadas inclúe, o sábado, a presentación do programa ?Vínculos Solidarios?, unha mesa de experiencias que tratará a situación das mulleres hoxe en día e hai vinte anos así como a realización de dinámicas grupais e de convivencia. Xa o domingo, as participantes disfrutarán tanto dunha obra de teatro - ?A segunda xuventude? ? escenificada polas mulleres da Asociación A Rubideira como de diferentes visitas guíadas por lugares da xeografía ourensá e galega co fin de dar a coñecer o valor do patrimonio histórico, artístico, cultural da nosa comunidade.
Comentarios (1) - Categoría: ENCONTROS - Publicado o 07-05-2009 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0