FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
Dende FEMURO:
Invitámosvos ás ?XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL? que este ano 2013 se celebrarán no Hotel de 4 * Balneario de Laias sito no Concello de CENLLE comarca do Ribeiro os vindeiros 25 e 26 de maio.
FEMURO celebra por primeira vez estas Xornadas nun Balneario, onde pretendemos crear un espazo de relaxación e convivencia entre todas nós. A estancia no Balneario contará co acceso totalmente gratuíto ás piscinas e bañeiras individuais de relaxación, unha oportunidade única de poder disfrutar dunhas instalacións de tan alta categoría como son as do Balneario de Laias.
Estas Xornadas tratan de visualizar o papel do medio rural no desenvolvemento social e económico da nosa provincia, coñecendo de primeira man iniciativas emprendedoras que servirán como exemplo de que o medio rural constitúe unha excelente alternativa de negocio nestes tempos de crise. Por isto, este ano dámosvos a coñecer dúas experiencias novidosas que se están a desenvolver na nosa provincia, ?ACEITES ABRIL? e ?LICORES OS MAIOS?.
As xornadas darán comezo ás 17.00 horas do día 25 coa chegada ao Balneario, no que se vai a poder disfrutar da tranquilidade do mesmo e do seu entorno, así como das piscinas e bañeiras de relaxación incluídas na estancia. As ponencias terán lugar o día 26 ás 12.00h. no mesmo Balneario.
ORDE do 2 de abril de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
ORDE do 26 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013.
FEMURO está a levar a cabo o PROGRAMA RECICLAXE VITAE coa colaboración de obra social LA CAIXA.
Un proxecto de inserción sociolaboral que ofrece unha alternativa e apoio a todas aquelas persoas que necesiten reaxustar os seus estudos ao novo sistema de certificados de profesionalidade.
Deste xeito as persoas formanse para a obtención das competencias clave (convocadas pola Xunta de Galicia).
O proxecto leva aparellado un itineraio personalizado de inserción, para faciliar a integración laboral evitando deste xeito a exclusión e mellorando a súa integración sociolaboral.
Motivadas polas iniciativas das que tivemos conta nas pasadas ?Xornadas de desenvolvemento rural? argalladas por FEMURO no Carballiño (2012), e vivir de preto as iniciativas emprendedoras das mesmas, VAMOS VISITAR GRANXA MARUXA en (Monterroso) e completar o día coa visita a cidade LUCUS AUGUSTI (LUGO) como actividade cultural e de aprendizaxe da cultura da terra.
O desprazamento será, o vindeiro 27 de abril emprazámosvos para coñecer a comarca da Ulloa e visitar a Granxa Maruxa, unha Granxa de vacas ecolóxica, con imaxe renovadora e cun encanto particular, o proceso de elaboración das recoñecidas ?Maruxas de Nata?.
Coñeceremos despois dunha comida de confraternidade e ledicia no Restaurante ?Porta de Santiago?, a marabillosa cidade de Lugo, cunha visión acompañada de preto polos Guías oficiais da emblemática cidade Galega.
Na xornada poderán participar 12 persoas por cada Asociación (se dalgunha asociación desexan participar máis deste numero, comunicádenolo e pasarán á reserva, e no caso de que haxa espazo, poderemos incluílas). Temos prazas limitadas.
PROGRAMA PROVISIONAL
Sábado, 27 de abril
08.30 h._Saída de Verín ( a concretar as demais paradas)
10.00 h.- Parada para café
11.30 h. _ Chegada Granxa Maruxa e Visita as instalacións
13.30 h._Saída para Lugo
14.30 h. _ Xantar (Restaurante ?Porta de Santiago?)
16.00 h. _ Visita Lugo con Guía Oficial.
19.00 h_ Volta para casa
Hoxe traballamos con moito xeitiño, para empregar a tecnoloxía, facendo un agasallo para pos papid, avos, Xosés, nunha data sinalada cun detalle dende o corazón dos peques que propuxeron a actividade
Empregamos:
Google e Word
Cortamos e pegamos
Insertamos Imaxenes
Bordes de páxina
EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 8 DE MARZO
Dende o pasado día 5 de Marzo e como un mais dos actos que enmarcan as actividades que FEMURO realiza para conmemorar a data(DÍA DA MULLER), estase a expoñer na Vila do Carballiño, na súa praza de Abastos, a exposición fotográfica "FIESTRAS".