FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
O 29 de Maio as 20:00 horas Pazos quedouse pequeno ante as numerosas persoas que quixeron apoiar a familia de Isabel Fuentes na marcha para reclamar xustiza polo seu asasinato e en contra da violencia de xénero.
A movilización encabezábaa a familia de Isabel cunha pancarta onde pedían xustiza pola súa morte, seguida de outras pertencentes a outras institucións e a veciños/as de Pazos nas cales se condenaba a violencia machista. A que portaba FEMURO baixo o lema ?Femuro e as súas asociacións contra a violencia de xénero? ?Non máis vítimas-Loitemos pola igualdade e a xustiza?, foi portada polas súas compañeiras da Asociación ?As Candelas? que tamén quixeron recordala: ?A Asociación de mulleres As Candelas como compañeiras túas non te olvidamos. Continuaremos unidas para non permitir máis violencia machista?.
Na manifestación participaron outras mulleres socias de Asociacións integrantes de FEMURO da zona que quixeron apoiar a familia e as compañeiras de Isabel neste momento tan difícil que están a vivir.
A concentración comenzou na vivenda de Pazos onde Isabel sufriu a súa primeira agresión, para continuar pola estrada N-525 e rematar na praza do Concello de Verín.
Na praza do Concello un representante da familia de Isabel deu as grazas a todas as persoas que acudiron a esta movilización e tamén agradeceu todalas mostras de cariño e afecto recibidas desde a súa morte.
As pancartas que fixeron o percorrido da manifestación quedaron colgadas nos balcóns da fachada principal do Concello de Verín como símbolo de sensibilización a toda a poboación fronte a violencia contra as mulleres e como mostra de apoio os/as familiares da vítima.
Continuemos entre todas as socias de FEMURO loitando para que non haxa máis violencia machista e se faga xustiza pola morte de Isabel. NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
TODAS SOMOS ISABEL!!!
O vindeiro día 29 de Maio celebrarase en Verín unha manifestación para condenar o caso de violencia de xénero onde desgraciadamente Isabel Fuentes perdeu a súa vida.
Isabel era socia da Asociación de Mulleres Rurais ?As Candelas? , polo que as súas compañeiras e os/as veciños/as de Pazos, así como os/as seus familiares acordaron rendirlle homenaxe facendo unha manifestación o dia 29 as 20:00 horas para condenar este primeiro caso de violencia machista en Galicia.
A manifestación discorrerá da súa vivenda de Pazos ata o Concello de Verín, un percorrido de menos de 3 kilometros.
Dende Femuro e as súas asociacións levarase unha pancarta reivindicativa para mostrar o noso apoio a familiares da vítima, veciños/as e compañeiras da asociación da que Isabel formaba parte. Polo que, vos animamos a todas a que participedes neste acto e difundades esta información entre os/as vosos/as coñecidos/as e veciños/as para que sexa unha manifestación multitudinaria e consigamos con actos coma este facer forza e erradicar a violencia de xénero para que non haxa unha vítima máis.
Tamén entregaremos lazos violetas como símbolo de loita contra a violencia de xénero, co fin de concienciar e sensibilizar a sociedade deste gran problema co que debemos implicarnos de forma activa.
FEMURO ten previsto realizar no mes de Xuño o Módulo Formativo ?Actividades de Educación no tempo libre infantil e xuvenil? dirixido a parados de larga duración e persoas en situación de vulnerabilidade.
O módulo ten unha duración de 100 horas, 60 teóricas e 40 prácticas que se impartirá no local de Femuro no Camiño vello de Sousas nº 26 baixo.
A data límite para apuntarse e o 26 de Maio chamando os teléfonos de FEMURO: 988 411 390 ou 699 415 810.
FEMURO vai levar a cabo a finais do mes de Maio e Xuño un obradoiro de alimentación saudable e economía doméstica, enmarcado dentro do programa "Concilia e Emprega", dirixido a mulleres xestantes e /ou lactantes con fillos/as menores de 3 anos.
O programa está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, Fondo Social Europeo e Deputación de Ourense.
Neste obradoiro trataranse temas como: recomendacións para unha alimentación saudable, propostas para mellorar a alimentación, o presuposto familiar, aforro no fogar, aforro na compra mensual e organización do tempo e optimización de recursos.
O obradoiro impartirase en horario de tarde na sede social de Femuro en Verín.
Nesta nova edición do foro de igualdade contamos coa presenza de Dna. Mª Camino Triguero Salas, Secretaria Territorial da Xunta en A Coruña, para a súa inauguración, que acudiu en representación da Secretaria Xeral de Igualdade Dna. Susana López Abella; e de Dna. Marina Mayoral, unha escritora galega, profesora xubilada da Universidade Complutense de Madrid. Marina Mayoral é famosa por os seus traballos de investigación que realizou sobre diversos autores e épocas destacando os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e os análises de poesía e prosa contemporánea.Escribe en galego e en castelán e algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Os seus contos encontranse nas mellores antoloxías en lingua española e tamén en antoloxías de lingua inglesa e alemana.Entre as súas obras destacan:"Plantar un árbol", "Unha árbore, un adeus", "O reloxio da torre", "Chamábase Luis""Bajo el magnolio" e "O anxo de eva", entre outras.
O día continuou coa saída a visitar o Hórreo de Carnota, Finisterre e a Fervenza do Ézaro, onde contamos cun tempo fermoso para poder pasear e visualizar estos lugares máxicos da nosa Galicia.
O domingo tamén saimos a visitar o Castro de Baroña, as Dunas de Corrubedo e Ribeira.
Pasamos un fin de semana fabuloso visitando moitos dos lugares maís fermosos que ten Galicia e como sempre esperamos con entusiasmo o XII Foro de Igualdade para poder volver a compartir con todas esta vivencia.
O foro estuvo subvencionado pola Scretaria Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e Femuro.
O sábado día 10 de Maio, FEMURO levou a cabo as ?Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural? nas que participamos preto de 200 mulleres integrantes de asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense.
O eixo destas xornadas é coñecer ?en situ? empresas xestionadas por mulleres que xurden como alternativas de emprego no rural. Así mesmo preténdese amosar solucións innovadoras que permitan visibilizar o papel e contribución das mulleres no mercado laboral e coñecer as accións e recursos dispoñibles para favorecer a diversificación da economía no rural.
Para elo, nesta edición, visitamos a fábrica de ?Aceites Abril?, dirixida por Maria del Carmen Canal e ubicada no Polígono Industrial de San Cibrao en Ourense.
A empresa actualmente está en mans da terceira xeración que decidiu convertir unha pequena empresa de hábitos familiares nunha compañía profesionalizada con vocación de crecemento.
Abril xurde coa idea de recuperar a tradición aceituneira de Galicia da Idade Media cunha plantación propia e un proxecto comunal para repoboar o monte con olivos, sendo na actualidade a única empresa de aceite alimentario con instalacións na nosa comunidade. Ademais ofrecen a aquelas persoas que dispoñan de terras e condicións adecuadas para o cultivo do olivo, a posibilidade de traballar conxuntamente.
As mulleres de diferentes asociacións do rural ourensá tivemos a oportunidade de poder acceder a mañá do sábado, ás instalacións da fábrica, que é a encargada de producir e dar saída comercial ás colleitas dos comuneros.
Aproveitando os nosos desprazamentos á cidade de Ourense dende diferentes puntos de núcleos rurais da provincia, realizamos unha visita cultural polo casco antigo da cidade, contando coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Ourense, que nos proporcionou unha ruta guiada.
Así mesmo, para finalizar a xornada, e seguir coñecendo os recursos do noso entorno, neste caso naturais, puidemos relaxarnos nas Termas de Outariz
https://www.facebook.com/femuro.verin
Femuro, organiza para o mes de outubro de 2013, 2 obradoiros de competencias persoais, dentro do Programa "Concilia e Emprega", destinado a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos/as menores de 3 anos.
O primeiro, denomínase "Alimentación Saudable na infancia e Economía Doméstica", e vaise levar a cabo do 21 ao 25 de outubro. Trataranse os seguintes contidos: pautas para o aforro no fogar, a importancia da elaboración do presuposto mensual, alimentación saudable e económica.
O segundo obradoiro, denominado "Sexualidade e Igualdade de Xénero", levarase a cabo o 28 e 29 de outubro e tratará os temas da autoestima na muller, prevención de conductas de risco e conductas violentas, afectividade.
Ambos impartiranse en horario de mañá na sede social de Femuro en Verín. Femuro para a execución do programa conta co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade, o Fondo Social Europeo e a Deputación de Ourense
Femuro este ano organizou a viaxe para as súas socias en León e Cantabria, que tivo lugar os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro.
O inicio da viaxe comezou en León, onde puidemos disfrutar dunha visita guiada pola cidade: a Catedral famosa polas súa vidrieiras, a Praza Maior (situada en pleno Barrio Húmido), O Palacio dos Guzmanes, A Casa de Botines de Gaudí...
Despois de xantar, collemos rumbo cara Cantabria, e o primeiro punto que visitamos, e onde nos hospedamos, foi Santillana del Mar, unha das localidades de maior valor histórico-artístico de España, con verdadeiros tesouros arquitectónicos como a ?Colegiata de Santa Juliana?.
O sábado 31 puidemos visitar pola mañá o Parque Natural de Cabárceno,un zoo diferente donde podemos encontrar centos de animais en réxime de semiliberdade. Pola tarde acudimos ao Museo Cuevas de Altamira, e a poboación de Comillas, que destaca polos seus edificios medievais e por ser un dos poucos lugares onde interviñeron os modernistas, sendo as súas obras abundantes e visibles por toda a vila. Capricho de Gaudí, Palacio do Marqués de Comillas, Universidade Pontificia...
Xa o noso último día da viaxe, o domingo visitamos a cidade de Santander e volta a casa!
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Laias (Cenlle), 25 e 26 de Maio de 2013
Os vindeiros días 25 e 26 de Maio, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural nun emprazamento singular como é o Balneario de Laias, no concello de Cenlle. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo o rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer e recoñecer distinta iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprendedoras e por empresas que loitan por mantelo.
As Xornadas comezan o sábado día 25 coa recepción das participantes que se desprazaran dende toda a provincia ata o Ribeiro para asistir as mesma. As mesma serán inauguradas o día 26 ás 12.00 do mediodía coa Presenza da Secretaria Xeral de Igualdade (Dona Susana López Abella), o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense (D. Rogelio Martínez González) o Alcalde do Concello de Cenlle ( D. Gabriel Alén Castro), xunto coa Presidenta da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Dona Mª Teresa Cid Morales) e demais autoridades.
As disertacións nestas xornadas van estar a cargo de (Dona Manuela González Chao, responsable do departamento de Olivicultura de ACEITES ABRIL, unha experiencia que nos trae una visión da produción da oliva en Galicia e dun aceite creado e feito na nosa Terra, e (Dona Nuria Varela Portas) de PAZO VILANE, ovos de Galiñas en liberdade, proxecto que busca un beneficio directo do produtor, sen intermediacións, dun xeito directo, con unha produción coidada e o coidado do medio Rural; escoitaremos as Experiencias protagonizadas por iniciativas persoais e de emprendemento empresarial que apostan polo rural como alternativa laboral.
Dúas formas de prantexar unha experiencia de emprendemento, que visualiza un xeito de mantemento sostible e posible, con perspectivas laborais de futuro no rural.
Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.
As asistentes van a poder disfrutar das instalacións do emblemático Balneario de Laias y dos seus beneficios terapéuticos, o mesmo tempo que poderán recorrer e disfrutar da paraxe que rodea o mesmo e do seu paseo xunto o río, noutro xeito de recoñecer o valor natural da provincia Ourensan coas súas augas minero-medicinais e a paixase do interior galego.
Rematado este acto, unha comida conxunta de confraternidade entre as participantes as mesmas, dará peche ás Xornadas de Desenvolvemento Rural do 2013.