FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OBRADOIRO DE NOVAS MASCULINIDADES E FEMINIDADE
FEMURO PREMIO CAJA ESPAÑA

“OBRADOIROS DE NOVOS VALORES DE MASCULINIDADE E FEMINIDADE”

Na sociedade actual - pouco a pouco e non sen dificultades – foi estendéndose unha cada vez maior conciencia colectiva preocupada pola eliminación de todo tipo de violencia contra as mulleres, a cal vulnera - con frecuencia brutalmente - o máis elemental dos Dereitos Humanos: o dereito de todas as persoas á vida e á integridade física e moral. Deste xeito, a violencia machista pasou progresivamente de ser un problema inscrito na esfera do privado para comezar a ser considerado un problema de índole social, un alarmante fenómeno ante o que a sociedade non pode quedar como silenciosa espectadora. Sen embargo, a pesares de existir unha maior visibilización desta problemática e do incremento da preocupación cidadá e política pola erradicación da mesma, observamos como de cotío xornais, radios e informativos televisivos amosan a permanencia da estremecedora realidade da violencia machista contra as mulleres, unha violencia que semella estar profundamente intricada na nosa sociedade, independentemente de grupos sociais, económicos ou culturais.

A violencia contra as mulleres – nas súas diversas manifestacións – é o resultado dunha maneira determinada de entender a condición masculina e feminina: as identidades masculina e feminina están social e historicamente construídas en base a relacións de dominación e subordinación, otorgando aos homes todo tipo de privilexios e beneficios materiais e simbólicos. É por isto necesario un replantexamento dos valores tradicionalmente masculinos e femininos que aínda hoxe en día están presentes na nosa sociedade, modificando toda unha serie de actitudes e condutas aprendidas ao longo da vida que poden desembocar na violencia contra as mulleres.

Neste sentido, desde FEMURO consideramos que a educación supón un verdadeiro investimento na prevención da violencia e no establecemento de relacións igualitarias entre mulleres e homes, razón pola que no presente ano puxemos en marcha – gracias á financiación da Obra Social Caja España - un “Obradoiro de novos valores de masculinidade e feminidade”.


Nesta experiencia - iniciada no mes de abril – participan 40 rapaces e rapazas de entre 16 e 18 anos, procedentes de diferentes Institutos de Ensino Secundario do medio rural ourensá: o IES Xesús Taboada Chivite de Verín e o IES Abrente de Ribadavia. As sesións – realizadas en horario lectivo – seguen unha metodoloxía dinámica e participativa, baseada nos principios da pedagoxía popular, é dicir, no aprendizaxe a través da reflexión, o diálogo e a interacción colectiva entre os e as participantes. Desta forma, o que se busca é a creación dun sentido crítico que leve ás persoas a comprometerse e transformar a súa realidade.

No marco deste obradoiro estanse a traballar os seguintes contidos: a construcción social da feminidade e da masculinidade, o cuestionamiento dos estereotipos tradicionais de xénero e a indagación de novas identidades a prol dun novo sistema de relación entre mulleres e homes igualitario. En definitiva, a través deste proxecto FEMURO procura que a educación contribúa a que a mocidade sexa máis consciente dos procesos de construción social das identidades de xénero, reflexionando sobre o seu papel na creación dunha sociedade igualitaria e facendo fincapé en que este labor non é un asunto exclusivo das mulleres, senón que atinxe a ambos sexos por igual.

É necesario desenvolver accións que fomenten outras maneiras de entender e vivir a feminidade e a masculinidade, educando nunhas identidades libres que permitan o pleno desenvolvemento das propias aptitudes e capacidades máis alá do constreñimento que supón a imposición duns modelos masculino e feminino tradicionais: as nenas deben crecer libres do estereotipo da submisión e da dependencia (nin económica, nin emocional, nin sentimental), ao tempo que os nenos non deben quedar atrapados no estereotipo da autoridade e da independencia (ás veces tan sesgado y limitador).
Comentarios (0) - Categoría: FORMACION - Publicado o 09-06-2009 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas