FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE |
|
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810
|
|

|
FEMURO |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2015 |
|
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), levou a cabo esta fin de semana do 7 e 8 de novembro as Xornadas de Desenvolvemento Rural no balneario de Laias (Cenlle), contando coa colaboración da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e o Fondo Social Europeo.
Estas Xornadas acolleron a máis de 150 mulleres, pertencentes a diferentes asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense, integradas en FEMURO.
O obxecto destas xornadas foi dar a coñecer diferentes iniciativas empresariais no rural galego.
O eixe central das xornadas tivo lugar o domingo día 8, ás 11.30 h. e comezou coa inauguración das mesmas a cargo de Dna. María Amparo González, Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
Posteriormente houbo unha mesa de experiencias coas seguintes ponencias:
-?Novos aproveitamos do medio rural?, con Alfonso Rodríguez Udías, un xoven que decidiu apostar polo rural e invertiu nunha plantación de oliveiras na comarca do Ribeiro.
-?Agricultura ecolóxica: conservas?, con Juan Antonio Estévez Álvarez , xerente de ?Terra de Baronceli?, empresa de agricultura ecolóxica situada en Vilaza , na comarca de Monterrei.
As Xornadas foron clausuradas por: Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade e unha representante da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.
Contamos tamén coa presenza de Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, deputada de igualdade da Deputación de Ourense e o Alcalde de Cenlle, D. Gabriel Alén Castro.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|