FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE |
|
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:
.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.
Sede de FEMURO en Verín:
Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)
Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810
|
|

|
FEMURO |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL 2015 |
|
O sábado 30 de Maio de 2015, FEMURO levou a cabo as ?Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural?, onde participamos máis de 80 mulleres de diferentes zonas da provincia de Ourense, socias das Asociacións de mulleres rurais.
Con estas xornadas tratamos de facer visible o papel do medio rural no desenvolvemento social e económico da nosa provincia e comunidade, coñecendo de primeira man iniciativas emprendedoras que servirán como exemplo de que o medio rural constitúe una excelente alternativa de negocio nestes tempos de crise.
Este ano visitamos Ecocelta, unha pyme galega dedicada á fabricación e comercialización de abonos e enmendas orgánicas para uso como fertilizantes en agricultura e xardinería. Ecocelta recicla os restos orgánicos a través da compostaxe e vermicompostaxe (lombricultura), mantendo un compromiso co medio ambiente e traballando sempre baixo a premisa da xestión sostible.
As mulleres tivemos tamén a oportunidade de coñecer a cultura desa zona coas visitas o entorno do concello de Mondariz Balneario e o Castelo de Sobroso pola mañá e despois pola tarde puidemos acceder as instalacións de Ecocelta.
Rematada a visita a Ecocelta, rematamos as Xornadas de emprendemento feminino no rural, esperando que pronto veñan as seguintes para poder compartir experiencias e coñecer os recursos que hai en Galicia.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|