FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANIFESTACIÓN EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O 29 de Maio as 20:00 horas Pazos quedouse pequeno ante as numerosas persoas que quixeron apoiar a familia de Isabel Fuentes na marcha para reclamar xustiza polo seu asasinato e en contra da violencia de xénero.
A movilización encabezábaa a familia de Isabel cunha pancarta onde pedían xustiza pola súa morte, seguida de outras pertencentes a outras institucións e a veciños/as de Pazos nas cales se condenaba a violencia machista. A que portaba FEMURO baixo o lema “Femuro e as súas asociacións contra a violencia de xénero” “Non máis vítimas-Loitemos pola igualdade e a xustiza”, foi portada polas súas compañeiras da Asociación “As Candelas” que tamén quixeron recordala: “A Asociación de mulleres As Candelas como compañeiras túas non te olvidamos. Continuaremos unidas para non permitir máis violencia machista”.
Na manifestación participaron outras mulleres socias de Asociacións integrantes de FEMURO da zona que quixeron apoiar a familia e as compañeiras de Isabel neste momento tan difícil que están a vivir.
A concentración comenzou na vivenda de Pazos onde Isabel sufriu a súa primeira agresión, para continuar pola estrada N-525 e rematar na praza do Concello de Verín.
Na praza do Concello un representante da familia de Isabel deu as grazas a todas as persoas que acudiron a esta movilización e tamén agradeceu todalas mostras de cariño e afecto recibidas desde a súa morte.
As pancartas que fixeron o percorrido da manifestación quedaron colgadas nos balcóns da fachada principal do Concello de Verín como símbolo de sensibilización a toda a poboación fronte a violencia contra as mulleres e como mostra de apoio os/as familiares da vítima.
Continuemos entre todas as socias de FEMURO loitando para que non haxa máis violencia machista e se faga xustiza pola morte de Isabel.
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!
TODAS SOMOS ISABEL!!!

la voz de galicia
la región
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 01-06-2015 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas