FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MANIFESTACION EN HOMENAXE A ISABEL FUENTES
O vindeiro día 29 de Maio celebrarase en Verín unha manifestación para condenar o caso de violencia de xénero onde desgraciadamente Isabel Fuentes perdeu a súa vida.

Isabel era socia da Asociación de Mulleres Rurais “As Candelas” , polo que as súas compañeiras e os/as veciños/as de Pazos, así como os/as seus familiares acordaron rendirlle homenaxe facendo unha manifestación o dia 29 as 20:00 horas para condenar este primeiro caso de violencia machista en Galicia.

A manifestación discorrerá da súa vivenda de Pazos ata o Concello de Verín, un percorrido de menos de 3 kilometros.

Dende Femuro e as súas asociacións levarase unha pancarta reivindicativa para mostrar o noso apoio a familiares da vítima, veciños/as e compañeiras da asociación da que Isabel formaba parte. Polo que, vos animamos a todas a que participedes neste acto e difundades esta información entre os/as vosos/as coñecidos/as e veciños/as para que sexa unha manifestación multitudinaria e consigamos con actos coma este facer forza e erradicar a violencia de xénero para que non haxa unha vítima máis.

Tamén entregaremos lazos violetas como símbolo de loita contra a violencia de xénero, co fin de concienciar e sensibilizar a sociedade deste gran problema co que debemos implicarnos de forma activa.
Comentarios (0) - Categoría: SENSIBILIZACION EN IGUALDADE - Publicado o 27-05-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas