FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIAXE ANUAL 2013: LEON E CANTABRIA
Femuro este ano organizou a viaxe para as súas socias en León e Cantabria, que tivo lugar os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro.
O inicio da viaxe comezou en León, onde puidemos disfrutar dunha visita guiada pola cidade: a Catedral famosa polas súa vidrieiras, a Praza Maior (situada en pleno Barrio Húmido), O Palacio dos Guzmanes, A Casa de Botines de Gaudí...
Despois de xantar, collemos rumbo cara Cantabria, e o primeiro punto que visitamos, e onde nos hospedamos, foi Santillana del Mar, unha das localidades de maior valor histórico-artístico de España, con verdadeiros tesouros arquitectónicos como a “Colegiata de Santa Juliana”.
O sábado 31 puidemos visitar pola mañá o Parque Natural de Cabárceno,un zoo diferente donde podemos encontrar centos de animais en réxime de semiliberdade. Pola tarde acudimos ao Museo Cuevas de Altamira, e a poboación de Comillas, que destaca polos seus edificios medievais e por ser un dos poucos lugares onde interviñeron os modernistas, sendo as súas obras abundantes e visibles por toda a vila. Capricho de Gaudí, Palacio do Marqués de Comillas, Universidade Pontificia...
Xa o noso último día da viaxe, o domingo visitamos a cidade de Santander e volta a casa!
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 03-09-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas