FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2013
Dende FEMURO:
Invitámosvos ás ?XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL? que este ano 2013 se celebrarán no Hotel de 4 * Balneario de Laias sito no Concello de CENLLE comarca do Ribeiro os vindeiros 25 e 26 de maio.

FEMURO celebra por primeira vez estas Xornadas nun Balneario, onde pretendemos crear un espazo de relaxación e convivencia entre todas nós. A estancia no Balneario contará co acceso totalmente gratuíto ás piscinas e bañeiras individuais de relaxación, unha oportunidade única de poder disfrutar dunhas instalacións de tan alta categoría como son as do Balneario de Laias.

Estas Xornadas tratan de visualizar o papel do medio rural no desenvolvemento social e económico da nosa provincia, coñecendo de primeira man iniciativas emprendedoras que servirán como exemplo de que o medio rural constitúe unha excelente alternativa de negocio nestes tempos de crise. Por isto, este ano dámosvos a coñecer dúas experiencias novidosas que se están a desenvolver na nosa provincia, ?ACEITES ABRIL? e ?LICORES OS MAIOS?.

As xornadas darán comezo ás 17.00 horas do día 25 coa chegada ao Balneario, no que se vai a poder disfrutar da tranquilidade do mesmo e do seu entorno, así como das piscinas e bañeiras de relaxación incluídas na estancia. As ponencias terán lugar o día 26 ás 12.00h. no mesmo Balneario.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 16-04-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
COÑECER INICIATIVAS NO RURAL E CAMIÑAR POR LUCUS AUGUSTI

Verín, 21 de Marzo 2013

Amigas:

Motivadas polas iniciativas das que tivemos conta nas pasadas ?Xornadas de desenvolvemento rural? argalladas por FEMURO no Carballiño (2012), e vivir de preto as iniciativas emprendedoras das mesmas, VAMOS VISITAR GRANXA MARUXA en (Monterroso) e completar o día coa visita a cidade LUCUS AUGUSTI (LUGO) como actividade cultural e de aprendizaxe da cultura da terra.

O desprazamento será, o vindeiro 27 de abril emprazámosvos para coñecer a comarca da Ulloa e visitar a Granxa Maruxa, unha Granxa de vacas ecolóxica, con imaxe renovadora e cun encanto particular, o proceso de elaboración das recoñecidas ?Maruxas de Nata?.
Coñeceremos despois dunha comida de confraternidade e ledicia no Restaurante ?Porta de Santiago?, a marabillosa cidade de Lugo, cunha visión acompañada de preto polos Guías oficiais da emblemática cidade Galega.

Na xornada poderán participar 12 persoas por cada Asociación (se dalgunha asociación desexan participar máis deste numero, comunicádenolo e pasarán á reserva, e no caso de que haxa espazo, poderemos incluílas). Temos prazas limitadas.



PROGRAMA PROVISIONAL


Sábado, 27 de abril

08.30 h._Saída de Verín ( a concretar as demais paradas)
10.00 h.- Parada para café
11.30 h. _ Chegada Granxa Maruxa e Visita as instalacións
13.30 h._Saída para Lugo
14.30 h. _ Xantar (Restaurante ?Porta de Santiago?)
16.00 h. _ Visita Lugo con Guía Oficial.
19.00 h_ Volta para casa







Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 25-03-2013 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS DAS XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO



Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 21-11-2012 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Desenvolvemento Rural (2012)
XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL.
Carballiño, 17 e 18 de Novembro de 2012.




Os vindeiros días 17 e 18 de Novembro, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural na Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia en O Carballiño. Nesta xuntaza máis dun cento de mulleres de todo do rural ourensán reúnense co propósito de dar a coñecer iniciativas empresariais levadas a cabo no medio rural por mulleres emprededoras.

As Xornadas comezan o sábado día 17 coa recepción das participantes que se desprazaran dende fora da comarca para asistir as mesma, e posteriormente se reúnen nun xantar de confraternidade coas mulleres asistentes da comarca do Carballiño. A inauguración das xornadas serás as 16.30 da tarde. A continuación as disertacións sobre as ?Formas de Vivir no Rural Galego?, no que escoitaremos as de Experiencias protagonizadas por dúas mulleres do rural galego, neste caso dúas experiencias levadas a cabo na provincial de Lugo.

Dna. Marta Álvarez , de ?Granxa Maruxa?, e Dna. Mª Jesús Exposito de ?Cooperativa Milhulloa?, ambas iniciativas, xa recoñecidas e premiadas en varias ocasións. Estas mulleres contarannos as súas experiencias de comezos duros e camiñar esperanzador, que deixan ver que unha vida no rural é sostible e posible, que o rural ten perspectivas laborais de futuro, non sen deixar loita e dubidas no camiño, sen ter tempos duros, pero, sí con pasos que como os destas mulleres demostran que o rural pode ser unha saída a tan nomeada crise.

Acabadas as disertacións seguira a rolda de preguntas, na que as mulleres participantes poderán mostras as súas dubidas, inquedanzas e reflexionarán sobre o traballado das mulleres no diario.
Rematado este acto, unha visita a Vila do Carballiño, fará visible os encantos que esta poboación pode ter para o visitante e remataremos o día cunha velada de confraternidade.

O Domingo 18 disfrutaremos dunha andaina matutina percorrendo o parque municipal e parte do Camiño do Arenteiro, nun xeito de mellorar a saúde e de animar o movemento.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 14-11-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
AVISO
Dende a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), comunicase que as Xornadas de Desenvolvemento Rural previstas para o vindeiro mes de outubro en datas (20 e 21 do mesmo), quedan suspendidas, debido a coincidencia coa xornada de reflexión e día de eleccions na Comunidade Autónoma.
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 29-08-2012 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
PARELLAS DE FEITO E CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
O Cedim de Monterrei organizou unha charla informativa que se realizou na Casa da Cultura de Albarellos. Trataronse dous temas importantes; na primeira parte da charla informouse a groso modo sobre aspectos importantes da lei 248/07 do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Facendo incapé, para que as parellas de feito teñan reconecidos os seus dereitos é imprescindible inscribirse no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, xa que a lei só reñoce as parellas de feito que están inscritas neste Rexistro. Para máis información e casos concretos ou dúbidas pódevos en contacto co Cedim de Monterrei.


Na segunda parte da charla explicouse a importancia que ten hoxe en día ter o certificado de profesionalidade. Esté é un documento que acredita a unha traballadora ou traballador unha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Son emitidos polo Servicio Público de Emprego Estatal (S.E.P.E.). O plazo para obter o certificado de profesionalidade foi ampliado é podense presentar as solicitudes hasta 2015. Os tramites realizanos os traballadores sociais dos vosos respectivos concellos que vos explicaran o proceso para obter o certificado de profesionalidade, que consta de catro fases; Solicitude, Asesoramento, Evaluación e Resultado.

Esperamos novas charlas tan interesantes como estas por parte do Cedim de Monterrei.

Noraboa é bo traballo.

Para máis información;
988.418.002
988.418.789
Email: cedimmonterrei@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 14-06-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
SEMINARIOS PARA EMPRENDEDORAS E EMPRENDEDORES
Durante os meses de maio e xuño, terá lugar a realización dos seminarios gratuítos ?Motivación Emprendedora? e ?Avaliación de Ideas Empresariais?, organizados por BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín, e cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

O ?Seminario de motivación emprendedora? terá lugar o vindeiro 31 de maio, de 18 a 21 horas, e os obxectivos principais do ?Seminario de motivación emprendedora? son: fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia.

Mentres que o seminario ?Avaliación de Ideas Empresariais: xeración e maduración de ideas? efectuarase os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas, na Casa da Xuventude. Os obxectivos do mesmo, dirixido a emprendedores/as e cunha duración de 15 horas, son xerar ideas, madurar ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e realizar á viabilidade do proxecto e do seu potencial como proxecto de empresa.

Para participar en ambos seminarios é necesario inscribirse na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín (situada no primeiro piso do Concello de Verín). Para o ?Seminario de motivación emprendedora? este proceso de inscrición debe realizarse antes do 25 de maio, e para o de ?Avaliación de Ideas empresariales: xeración e maduración de ideas? finaliza o 4 de xuño.

Para máis información déixovos o enlace;
SEMINARIOS
Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 22-05-2012 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
CONFERENCIA TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN
Conferencia-Coloquio:

NENOS E NENAS ADOLESCENTES E ADULTOS CON TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN: TDAs


Imparte D. MANUEL GARCÍA PÉREZ, Pisólogo e un dos maiores expertos neste tipo de trastornos.

Dirixida a toda a poboación, en especial as persoas con problemas de rendimento académico, laboral, relacións sociais, familiares, autoestima, e problemas de conducta, e a tódolos profesionais de educación, sanidade, sociais, xustiza, etc.


Este Xoves 19 ás 19:30 hrs. no Salón de actos da Casa da Cultura do Concello.





Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 17-04-2012 16:14
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (1) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 31-05-2011 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA INFORMATIVA UNED, XOVES 26 DE XUÑO

Comentarios (0) - Categoría: XORNADAS INFORMATIVAS - Publicado o 24-06-2009 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0