FEDERACIÓN PROVINCIAL DE MULLERES RURAIS DE OURENSE
FEMURO nace en 1998 na comarca de Monterrei, para “Acadar a igualdade real da muller do rural fomentando a súa participación nos diferentes ámbitos: social, laboral, económico, político e, en xeral, en todos aqueles que abarcan a vida das mulleres ”. Isto implica, que unha das nosas principais preocupacións sea mellorar a calidade de vida das mulleres rurais da Provincia de Ourense, pero tamén, a un nivel máis xeral, supón a introducción da perspectiva de xénero de maneira transversal e sistémica nas diferentes dimensións do fomento do desenvolvemento rural igualitario y sostenible.
Levamos a cabo programas de intervención social nas siguientes áreas interrelacionadas entre sí:

.Información e Orientación Laboral
.Sensibilización Social
.Participación Ciudadana
.Benestar Biopsicosocial
.Desenvolvemento Rural Sostible.






relojes web gratis




Sede de FEMURO en Verín:

Camiño vello de Sousas, nº 26, baixo
C.P:32600 Verín (Ourense)

Télefonos: 988 411 390/ 699 415 810




FEMURO
femuro.ourense@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2015
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), levou a cabo esta fin de semana do 7 e 8 de novembro as Xornadas de Desenvolvemento Rural no balneario de Laias (Cenlle), contando coa colaboración da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e o Fondo Social Europeo.

Estas Xornadas acolleron a máis de 150 mulleres, pertencentes a diferentes asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense, integradas en FEMURO.

O obxecto destas xornadas foi dar a coñecer diferentes iniciativas empresariais no rural galego.

O eixe central das xornadas tivo lugar o domingo día 8, ás 11.30 h. e comezou coa inauguración das mesmas a cargo de Dna. María Amparo González, Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Posteriormente houbo unha mesa de experiencias coas seguintes ponencias:

-“Novos aproveitamos do medio rural”, con Alfonso Rodríguez Udías, un xoven que decidiu apostar polo rural e invertiu nunha plantación de oliveiras na comarca do Ribeiro.

-“Agricultura ecolóxica: conservas”, con Juan Antonio Estévez Álvarez , xerente de “Terra de Baronceli”, empresa de agricultura ecolóxica situada en Vilaza , na comarca de Monterrei.

As Xornadas foron clausuradas por: Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade e unha representante da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.


Contamos tamén coa presenza de Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, deputada de igualdade da Deputación de Ourense e o Alcalde de Cenlle, D. Gabriel Alén Castro.


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 12-11-2015 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DA MULLER RURAL 2015
A asociación de Mulleres Rurais "Nosa Señora do Portal" de Ribadavia, organizou este sábado 17 de outubro o Día da Muller Rural. Neste encontro participaron preto de 350 mulleres das asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense.
As mulleres participantes puideron coñecer Ribadavia da man duns/has guías que lles mostraron a historia desta fermosa vila.

Outra das actividades coa que contaron foi a representación teatral "Pementeiras" do grupo Xoré Teatro, subvencionada a través da Secretaría Xeral da Igualdade, na que se mostraban situacións da vida cotiá das mulleres e nas que elas se viron reflexadas.

Colaboraron coa entidade na organización do evento, FEMURO e o Concello de Ribadavia.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 22-10-2015 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DA MULLER RURAL EN RIBADAVIA 2015
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 13-10-2015 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL 2015
O sábado 30 de Maio de 2015, FEMURO levou a cabo as “Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural”, onde participamos máis de 80 mulleres de diferentes zonas da provincia de Ourense, socias das Asociacións de mulleres rurais.

Con estas xornadas tratamos de facer visible o papel do medio rural no desenvolvemento social e económico da nosa provincia e comunidade, coñecendo de primeira man iniciativas emprendedoras que servirán como exemplo de que o medio rural constitúe una excelente alternativa de negocio nestes tempos de crise.

Este ano visitamos Ecocelta, unha pyme galega dedicada á fabricación e comercialización de abonos e enmendas orgánicas para uso como fertilizantes en agricultura e xardinería. Ecocelta recicla os restos orgánicos a través da compostaxe e vermicompostaxe (lombricultura), mantendo un compromiso co medio ambiente e traballando sempre baixo a premisa da xestión sostible.

As mulleres tivemos tamén a oportunidade de coñecer a cultura desa zona coas visitas o entorno do concello de Mondariz Balneario e o Castelo de Sobroso pola mañá e despois pola tarde puidemos acceder as instalacións de Ecocelta.

Rematada a visita a Ecocelta, rematamos as Xornadas de emprendemento feminino no rural, esperando que pronto veñan as seguintes para poder compartir experiencias e coñecer os recursos que hai en Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 01-06-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
XII FORO DA IGUALDADE 2015
11 e 12 de Abril de 2015
Padrón

Nesta nova edición do foro de igualdade contamos coa presenza de Dna. Mª Camino Triguero Salas, Secretaria Territorial da Xunta en A Coruña, para a súa inauguración, que acudiu en representación da Secretaria Xeral de Igualdade Dna. Susana López Abella; e de Dna. Marina Mayoral, unha escritora galega, profesora xubilada da Universidade Complutense de Madrid. Marina Mayoral é famosa por os seus traballos de investigación que realizou sobre diversos autores e épocas destacando os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e os análises de poesía e prosa contemporánea.Escribe en galego e en castelán e algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Os seus contos encontranse nas mellores antoloxías en lingua española e tamén en antoloxías de lingua inglesa e alemana.Entre as súas obras destacan:"Plantar un árbol", "Unha árbore, un adeus", "O reloxio da torre", "Chamábase Luis""Bajo el magnolio" e "O anxo de eva", entre outras.
O día continuou coa saída a visitar o Hórreo de Carnota, Finisterre e a Fervenza do Ézaro, onde contamos cun tempo fermoso para poder pasear e visualizar estos lugares máxicos da nosa Galicia.
O domingo tamén saimos a visitar o Castro de Baroña, as Dunas de Corrubedo e Ribeira.
Pasamos un fin de semana fabuloso visitando moitos dos lugares maís fermosos que ten Galicia e como sempre esperamos con entusiasmo o XII Foro de Igualdade para poder volver a compartir con todas esta vivencia.
O foro estuvo subvencionado pola Scretaria Xeral de Igualdade, o Fondo Social Europeo e Femuro.


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 05-05-2015 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO FEMININO NO RURAL. 10 MAIO 2014
O sábado día 10 de Maio, FEMURO levou a cabo as “Xornadas de Emprendemento Feminino no Rural” nas que participamos preto de 200 mulleres integrantes de asociacións de mulleres rurais de toda a provincia de Ourense.
O eixo destas xornadas é coñecer “en situ” empresas xestionadas por mulleres que xurden como alternativas de emprego no rural. Así mesmo preténdese amosar solucións innovadoras que permitan visibilizar o papel e contribución das mulleres no mercado laboral e coñecer as accións e recursos dispoñibles para favorecer a diversificación da economía no rural.
Para elo, nesta edición, visitamos a fábrica de “Aceites Abril”, dirixida por Maria del Carmen Canal e ubicada no Polígono Industrial de San Cibrao en Ourense.
A empresa actualmente está en mans da terceira xeración que decidiu convertir unha pequena empresa de hábitos familiares nunha compañía profesionalizada con vocación de crecemento.
Abril xurde coa idea de recuperar a tradición aceituneira de Galicia da Idade Media cunha plantación propia e un proxecto comunal para repoboar o monte con olivos, sendo na actualidade a única empresa de aceite alimentario con instalacións na nosa comunidade. Ademais ofrecen a aquelas persoas que dispoñan de terras e condicións adecuadas para o cultivo do olivo, a posibilidade de traballar conxuntamente.
As mulleres de diferentes asociacións do rural ourensá tivemos a oportunidade de poder acceder a mañá do sábado, ás instalacións da fábrica, que é a encargada de producir e dar saída comercial ás colleitas dos comuneros.
Aproveitando os nosos desprazamentos á cidade de Ourense dende diferentes puntos de núcleos rurais da provincia, realizamos unha visita cultural polo casco antigo da cidade, contando coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Ourense, que nos proporcionou unha ruta guiada.

Así mesmo, para finalizar a xornada, e seguir coñecendo os recursos do noso entorno, neste caso naturais, puidemos relaxarnos nas Termas de Outariz
https://www.facebook.com/femuro.verin
xornadas emprendemento feminino no rural
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 12-05-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXE ANUAL 2013: LEON E CANTABRIA
Femuro este ano organizou a viaxe para as súas socias en León e Cantabria, que tivo lugar os días 30, 31 de agosto e 1 de setembro.
O inicio da viaxe comezou en León, onde puidemos disfrutar dunha visita guiada pola cidade: a Catedral famosa polas súa vidrieiras, a Praza Maior (situada en pleno Barrio Húmido), O Palacio dos Guzmanes, A Casa de Botines de Gaudí...
Despois de xantar, collemos rumbo cara Cantabria, e o primeiro punto que visitamos, e onde nos hospedamos, foi Santillana del Mar, unha das localidades de maior valor histórico-artístico de España, con verdadeiros tesouros arquitectónicos como a “Colegiata de Santa Juliana”.
O sábado 31 puidemos visitar pola mañá o Parque Natural de Cabárceno,un zoo diferente donde podemos encontrar centos de animais en réxime de semiliberdade. Pola tarde acudimos ao Museo Cuevas de Altamira, e a poboación de Comillas, que destaca polos seus edificios medievais e por ser un dos poucos lugares onde interviñeron os modernistas, sendo as súas obras abundantes e visibles por toda a vila. Capricho de Gaudí, Palacio do Marqués de Comillas, Universidade Pontificia...
Xa o noso último día da viaxe, o domingo visitamos a cidade de Santander e volta a casa!
Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 03-09-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
XORNADA DE EMPRENDEMENTO NO RURAL

Música: Quempallou

Visita Emprendemento (Coñecendo a Cultura: "Lucus-Augusti"; experiencia no rural: "Granxa Maruxa


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 30-04-2013 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xunta Xeral (2013) FEMURO
Imaxen da Xunta Xeral do 2013


Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 20-02-2013 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
ASAMBLEA XERAL
Vindeiro sábado 16 de febreiro, a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, celebra Asamblea Xeral.

Comentarios (0) - Categoría: ASOCIACIONS FEDERADAS - Publicado o 07-02-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
contador de visitas
contador de visitas